Títulos recomendados o venres 27 de maio:
- Infantil (nenos/as menores de 6 anos):
"¿E ti que farías por min?" de Fina Casalderrey, ilustracións de Manolo Uhía en Xerais.
Marqués e Malta son dous cans que viven na rúa e teñen moita fame. Precisan buscar comida. Mentres Malta revolve no vertedoiro buscando algo de alimento, Marqués dille o que faría por ela se fose bolboreta, xílgaro ou lúa. Malta sorrí e segue a buscar comida, por fin atopa un zanco de polo. Que fará Malta co zanco de polo? Simpática obra, cunhas fermosas e coloridas ilustracións.
- Mozos/as e adultos/as:
"Tierra desacostumbrada" de Jhumpa Lahiri, editado por Salamandra
Esta obra foi escollida polo The New York Times como o mellor libro do ano 2008.
É unha colección de relatos de familias de orixe bengalí que viven na Costa Este dos Estados Unidos. Fálannos do proceso de transformación que se produce entre a cultura da India e a occidental e a fraxilidade das relacións humanas. Retratan fielmente as vivencias e emocións destas persoas. Son historias sobre diferentes homes e mulleres que teñen que tomar decisións entre a tradición familiar e do seu país e a súa emancipación persoal, ou en función da súa propia forma de ser, pero todas tratadas con moita delicadeza. Moitos dos relatos van emocionarnos e falarnos de amor e desamor, de ilusións e desilusións.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
27/5/11
26/5/11
O Vento Lois zoa na Biblioteca Central Rialeda
O Vento Lois zoa con forza na Biblioteca Central Rialeda. Como di a letra da canción escrita por Lois Pereiro para o grupo de rock Radio Océano, Como unha lanza do vento, como o vento a avanzar!: Un nordés poético protagonizado por Cristina Veiga, David Pernas, Fran Insua, Luz Corral, Mª José Ruiz, Milagros González, Pablísimo, Pura Quiroga, Rose Conchado, Soledad Felloza, Sabela Moralejo, Pilar Silva e Chelo Seixo que recitan versos do poeta monfortino na Biblioteca Rialeda, sumándose así ao furacán imparable que percorre Galicia enteira de corazón en corazón, fundando unha comunidade poética latexante.
25/5/11
O xoves 26 de maio temos visita
O xoves 26 de maio temos visita!!!
O xoves, 26 de maio, visitarán a Biblioteca Central Rialeda 34 alumnos/as e unha docente do Ciclo Técnico Superior de Educación Infantil do IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo.
O xoves, 26 de maio, visitarán a Biblioteca Central Rialeda 34 alumnos/as e unha docente do Ciclo Técnico Superior de Educación Infantil do IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo.
Os/as rapaces/as deste ciclo educativo aproveitarán a visita á comarca de As Mariñas para coñecer o funcionamento da Escola Infantil "Fonte da Balsa" de Culleredo, a Escola Infantil "Santa María de Oza" do Barrio das Flores da Coruña e a Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Na nosa Biblioteca coñecerán como se desenvolve a programación, desenvolvemento e avaliación das actividades de animación á lectura que desde o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros diriximos aos/ás nenos/as menores de 6 anos.
BENVIDOS/AS!!!
23/5/11
Hora do conto: do 23 ao 27 de maio
Aquí tes a programación desta semana da hora do conto,
PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 23 de maio
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: “Agora non, Fernando”, “Chibos chibóns”, “Terrible”, “Gato Guille e os monstros”
Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 24 de maio
CONTACONTOS: Inés Cuadrado
TÍTULO: "Contos de tradición oral sobre animais"
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 25 de maio
CONTACONTOS: Celso FernándezTÍTULOS: “Contos que non falten”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 26 de maio
Para nenos-as menores de 6 anos:
CONTACONTOS: Ratiña Lupiña da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: Voces privilexiadas: "O galo Xacinto", "Inés do revés", "O gato lambón"
Para nenos-as maiores de 6 anos:
CONTACONTOS: Soledad FellozaTÍTULO: "La vida nocturna de los árboles"
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 27 de maio
CONTACONTOS: Pedro Brandariz
TÍTULOS: “Contos e outras andrómenas”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

Suscribirse a:
Entradas (Atom)