25/5/16

Días de libro e rosas: continúa a expo en Rialeda

https://picasaweb.google.com/112968433170961771213/6278269791928933009?authuser=0&feat=directlink
Continúa a exposición bibliográfica "Días de libro e rosas" no vestíbulo da Biblioteca Rialeda. É unha escolla de libros que falan de libros. Este elenco de obras pretende fuxir das máis habituais para unha antoloxía sobre este tema. Buscamos autores-as e novelas nos que os libros digan algo, ou moito, aos-ás seus-súas protagonistas. Títulos que conmocionan a vida dalgún personaxe, que fan cambiar o rumbo da historia ou son meros pretextos para iniciar conversas literarias de fondo calado. Canetti, Paul Desalmand, Karen Joy Fowler, Quint Buchholz, Alan Bennett, Penelope Fitgerald, Agustín Fernández Paz, Alessandro Baricco, Ursula K. Le Guin e Manuel Rivas, entre outros-as van poñernos en conexión con libros que viven na alma doutros libros. Agardamos que gocedes desta escolma. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario