9/7/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 9 de xullo:

- Infantil (maiores de 8 anos):

Los amantes mariposa, de Benjamín Lacombe
Edelvives

Obra baseada nunha antiga e coñecida lenda oriental, sobre a loita contra o destino de dous namorados.
Localizada no Xapón de hai séculos, conta a historia de Naoko, unha adolescente que ao cumprir 14 anos é enviada polo seu pai a Kioto para aprender a servir o té, bailar con abanicos e saber comportarse ante un home. Pero Naoko prefire ler e escribir poemas. Coa axuda da súa serventa Suzuki traza un plan para ir estudar literatura.

Álbum de gran formato cunhas delicadas e detallistas ilustracións, cheas de melancolía e expresividade, que recrean o Oriente de hai séculos.

- Mozos-as e Adultos-as:

Hermanas, de Josefina Aldecoa
Alfaguara

Unha novela enmarcada nunha cidade cántabra, entre os anos 1954 e 1990. Fálanos dunha familia da burguesía, para a que a vida transcorre tranquilamente na casa familiar situada ao lado da baía.
Conta a historia de Isabel e Ana, dúas irmás que terán a súa infancia marcada por unha nai frívola, máis preocupada polas aparencias e as normas sociais que pola felicidade das fillas. As nenas convivían cos pais na inmensa casa, sen apenas velos, apartadas nas súas habitacións ou no xardín, e cun horario diferente ao dos pais que sempre estaban ocupados con charlas, visitas e reunións.
Xunto a estes personaxes preséntanos á tía Ánxela e ao seu fillo Ignacio, un mozo que traballa de diplomático e que será un nexo de unión entre as dúas irmás.
Isabel e Ana segundo van medrando iranse diferenciando e representarán dous tipos distintos de muller. Isabel, decide estudar e facerse médica e Ana prefire vivir das rendas e negocios familiares e dedicarse ás relacións sociais.

Unha obra ben narrada, entretida, cun ritmo áxil, que se le moi rapidamente, que nos presenta un entramado de complicidades familiares.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

6/7/10

Exposicións Bibliográficas: Biblioteca de Santa Cruz

A Biblioteca e Centro de Documentación "Rosalía de Castro" de Santa Cruz, presenta as seguintes exposicións bibliográficas:

José Saramago (1922-2010)
Podes consultala á entrada da biblioteca:





Libros para levar na bolsa da praia
...verán, silla, sombriña e un bo libro






Parte do material desta exposición baséase na Guía de Lectura "A lectura, esa gran viaxe" editada polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais para este verán 2010