21/4/17

Actividades infantís en Bibloleiros: de 24 a 27 de abril 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25482.pdf
As actividades son ás 18:30, agás o obradoiro de maxia, na Biblioteca de Dorneda, que comeza ás 17:30!!!
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 24 de abril, ás 17:30
Para nenas-os de 7 a 10 anos (imprescindible reservar praza no 981 626 638)
MONITORADO: Chrystyan Magic
ACTIVIDADE: “Obradoiro de maxia”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 26 de abril
Para nenas-os de 4 a 6 anos
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Contos para ler entre liñas”

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 27 de abril
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza no 981 639 511)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Amodiño”

Tertulia literaria en Rialeda: 26 abril 2017 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-25906.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "El mapa y el territorio" de Michel Houellebecq
Documentación

A seguinte obra programada é "Deus sentado nun sillón azul" de Carlos Casares

Tertulia literaria en Santa Cruz: 24 abril 2017

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.clarasanchez.com/clara-sanchez.phpBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
18 a 19,30 h.

Comentario de "Lo que esconde tu nombre" de Clara Sánchez

A seguinte obra programada é "O sol do verán" de Carlos Casares

Recomendacións en Radioleiros: 21 abril 2017

https://soundcloud.com/bibloleiros/21042017-recomendacions-en-radioleiros
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1083597- Infantil (nenas-os menores de 6 anos):
"La sirena y los gigantes enamorados" de Catarina Sobral. En SM.
Fermoso álbum ilustrado sobre unha lenda portuguesa que nos fala de dous xigantes, o mar e a montaña, que sempre foron veciños ben levados.  Pero un día chegou unha serea, ambos namoraron dela e se enfrontaron polo seu amor...
Unha excelente unión de lenda tradicional e ilustración creativa con coloridas formas xeométricas, páxinas enteiras de cores e pequenos debuxos que atrapan a mirada.
Estamos ante un delicioso libro, cunhas preciosas ilustracións.


- Mozas-os e adultas-os:
"La verdad sobre el caso Savolta" de Eduardo Mendoza. Editado por Seix Barral.
Debido a que ao autor Eduardo Mendoza lle acaban de entregar o galardón do Premio de Literatura Miguel de Cervantes, que é o premio máis importante en lingua española, desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros decidimos recomendar unha obra del e eliximos a súa primeira novela La verdad sobre el caso Savolta, publicada no 1975 despois de que fose censurada como Los soldados de Cataluña no 1973. No ano 2015 foi publicada unha nova edición que si leva este título.
Está ambientada en Barcelona durante as tensións revolucionarias dos anos 1917-1919 e presenta unha época complexa tanto no que acontece en Barcelona como polas consecuencias da I Guerra Mundial.
A empresa Savolta (que é unha fábrica de armas) xunto coa cidade de Barcelona son o escenario do relato de Javier Miranda, protagonista e narrador dos feitos. Javier Miranda é un mozo de Valladolid que, a principios do século XX, viaxa a Barcelona en busca de traballo, alí comeza no despacho do avogado Cortabanyes, onde coñece ao empresario francés Lepprince. Paralelamente, o industrial catalán Savolta, dono desa fábrica que vendeu
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=verdad+sobre+el+caso+Savolta&branch_group_limit=branch%3AOLE1 armas ás nacións en guerra, é asasinado...
A novela comeza coas declaracións que Javier Miranda realiza ante o xuíz Davidson en Nova York, dez anos despois dos feitos, e simultaneamente vainos presentando a través de flashbacks o que foi sucedendo en distintos momentos.
Esta obra situou a Eduardo Mendoza entre os mellores escritores actuais. A riqueza de matices nas descricións de ambientes e personaxes, unha trama complexa e a novidade de recursos narrativos empregados fai dela un clásico da literatura contemporánea.
Foi levada ao cine por Antonio Drove e no reparto contou con actores como José Luis López Vázquez.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: de 24 a 28 de abril 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25508.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino, de 24 a 28 de abril:

Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo
Luns 24 de abril:
- 1ª sesión: 9:50 h. - 4 anos A e B do Colexio Cristo Rey
- 2ª sesión: 10:50 h. - 4 anos C e 5 anos A do Colexio Cristo Rey
"O rato ilustrador", a cargo da Compañía Trinke Trinke.

Martes 25 de abril:
- 9:50 h. - 5 anos B e C do Colexio Cristo Rey
"O rato ilustrador", a cargo da Compañía Trinke Trinke.

Mércores 26 de abril:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 4º A e B de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 10:30 h. - 4º C de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Contos para desafiar as tres bestas pardas", coa actriz e contacontos Paula Carballeira.

Xoves 27 de abril:
- 10:20 h. - 3º C de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
"Taller de banda deseñada", con Manel Cráneo.

Venres 28 de abril:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 4 anos A e B do CEIP Valle-Inclán
- 2ª sesión: 10:40 h. - 5 anos C do CEIP Valle-Inclán
"Cacaracá: contacontos baseado n'A galiña azul de Carlos Casares", a cargo de Soledad Felloza.

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Luns 24 de abril:
- 1ª sesión: 10:30 h. - 1º A e B de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
- 2ª sesión: 12:00 h. - 2º A e B de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
"Contos para desafiar as tres bestas pardas", coa actriz e contacontos Paula Carballeira.

Martes 25 de abril:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 6º A de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
- 2ª sesión: 11:45 h. - 6º B de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Obradoiro de ilustración" a cargo do ilustrador Manel Cráneo.

Na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Xoves 27 de abril:
- 1ª sesión: 10:40 h. - 3 anos A do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:40 h. - 4 anos A do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Paxariños", a cargo de Trinke Trinke.

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

19/4/17

O Día do Libro en Bibloleiros

http://www.un.org/es/events/bookday/
O 23 de abril conmemórase o Día do Libro, unha celebración internacional promovida pola UNESCO. Por ese motivo nas Bibliotecas Municipais de Oleiros, na semana anterior e na posterior levaranse a cabo numerosas actividades de promoción da lectura entre as que destacamos:
 

- Actividades infantís fóra de horario escolar:

BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA. PERILLO
Obradoiro para a inclusión social para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Imprescindible reserva praza no 981 639511.
20 de abril, “Obradoiro de marcapáxinas” pola Asociación Participa para a Inclusión Social

Contacontos para nenas e nenos de 1 a 3 anos. Imprescindible reserva praza no 981 639511.
27 de abril, “Amodiño” por Ramiro Neira.

 

BIBLIOTECA MUNICIPAL ROSALÍA DE CASTRO. SANTA CRUZ
Contacontos para nenas e nenos de 1 a 3 anos. Imprescindible reserva praza no 981 626338.
19 de abril, “Xa chego!” por Soledad Felloza.

Contacontos para nenas e nenos a partir de 4 anos
26 de abril, “Contos para ler entre liñas” por Caxoto.

BIBLIOTECA MUNICIPAL Mª JOSÉ TRINCADO. MERA
Contacontos para nenas e nenos a partir de 4 anos
21 de abril, “Os ratiños da caixa” polo rato Fuco da compañía Trinke Trinke.

BIBLIOTECA MUNICIPAL Mª JOSÉ RUSO. DORNEDA
Obradoiros para nenas e nenos a partir dos 7 anos
24 de abril “Obradoiro de maxia” por Chrystyan Magic.
Hora de realización: 17:30 h.

BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁNXEL FOLE. NÓS
Contacontos para nenas e nenos a partir de 4 anos
21 de abril, “Boa navegación, capitán!” por Marisa Irimia.

BIBLIOTECA MUNICIPAL MANUEL MARÍA. OLEIROS
Contacontos para nenas e nenos a partir de 4 anos
18 de abril, “Viaxe a África” pola gran Lilí Gruyère da compañía Trinke Trinke

BIBLIOTECA MUNICIPAL XOGRAR MENDIÑO. LORBÉ
Contacontos para nenas e nenos a partir de 4 anos
20 de abril, “Historias encontradas” por Pavís Pavós.

- Exposicións durante o mes de abril:
Euro Visións, novelas e películas que retratan a Europa do século XX. Biblioteca

Central Rialeda (Perillo).
 
Exposición bibliográfica con motivo do 150 aniversario do nacemento de Rubén Darío e o 200 aniversario do nacemento de José Zorrilla. Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda).
               
Exposición de obras de autores/as que recibiron o Premio Cervantes. Na Biblioteca Mª José Trincado (Mera), Biblioteca Ánxel Fole (Nós), Biblioteca Manuel María (Oleiros), Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) e Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda).

Exposición bibliográfica sobre as principais obras de Cervantes e Shakespeare dirixidas a mozos/as e adultos/as e carteis informativos sobre as datas que se conmemoran e das figuras de Cervantes e Shakespeare. Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé).

Mostra fotográfica “Os libros de Nós viaxan contigo”: recompilación de fotos dos nosos usuarios/as de todas as idades cun libro nas súas mans. Biblioteca Ánxel Fole (Nós).

- Outras actividades:
Exquisiteces: lecturas a cegas para padais esixentes. Biblioteca Central Rialeda.


E ti... que les?, os/as nosos/as usuarios/as recomendan algún libro que levaran prestado e que lles gustase especialmente. Na Biblioteca Mª José Trincado (Mera) entre os días 18 e 28 de abril e na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé), durante todo o mes.
 
O que le, vístese por dentro: recortables en forma de prendas de roupa onde os/as usuarios/as poderán recomendar un libro. Decorarán os diferentes espazos da biblioteca. Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda) e Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz).
 
Colorea os personaxes do Quixote. Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda).
 
Libros + Libros, agasallo dun libro sorpresa a os/as usuarios/as que leven libros en préstamo durante a 2º quincena de abril. Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)

- Actividades de promoción da lectura para o alumnado dos centros de ensino en horario escolar:
Contos para desafiar as tres bestas pardas, a cargo de Paula Carballeira.
O 18 de abril, ás 10:10 h. e ás 11:20 h., na Biblioteca Manuel María dirixido a alumnado de 2º de ensinanza primaria do CEIP Rabadeira de Oleiros. O 24 de abril, ás 10:30 h. e ás 12 h. na Biblioteca Rosalía de Castro dirixido a 1º e 2º de ensinanza primaria do CEIP Luís Seoane de Mera. O 26 de abril, ás 9:20 h. e 10:30 h., na Biblioteca Rialeda dirixido a 4º de ensinanza primaria do CEIP Valle-Inclán de Perillo.

Obradoiro de banda deseñada, a cargo de Manel Cráneo.
O 18 e o 27 de abril, ás 10:20 h., na Biblioteca Rialeda realizaranse estes obradoiros dirixidos a alumnado de 3º da ESO do IES Miraflores de Oleiros.

Poesía de Federico García Lorca, a cargo de Soledad Felloza.
O 19 de abril, ás 10 h., na Biblioteca Rialeda dirixido a alumnado de 3º da ESO do IES Neira Vilas de Perillo.

O rato ilustrador
, a cargo de Trinke Trinke.
O 19 de abril, ás 10:10 h., na Biblioteca Rosalía de Castro, dirixido a alumnado de 5 anos do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz.

Obradoiro de ilustración, a cargo de Manel Cráneo e Óscar Villán.
O 20 e o 25 de abril, catro sesións con Manel Cráneo, na Biblioteca Rosalía de Castro, dirixidas a alumnado de 5º e 6º de ensinanza primaria do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz. O 21 de abril, con Óscar Villán, ás 10:20 h., na Biblioteca Rialeda, dirixido a alumnado de 3º de ensinanza primaria do CEIP Juana de Vega de Nós.

Cervantes vs Shakespeare, a cargo de Caxoto.
O 21 de abril, ás 10:30 h., na Biblioteca Rosalía de Castro, dirixido a alumnado de 6º de ensinanza primaria do CEIP Luís Seoane de Mera.

Cacaracá, a cargo de Soledad Felloza.
O 20, o 21 e o 28 de abril, seis sesións na Biblioteca Rialeda e na Biblioteca Manuel María de Oleiros, dirixidas a alumnado de 3, 4 e 5 anos do CEIP Valle-Inclán de Perillo e de 3º de ensinanza primaria do CEIP Rabadeira de Oleiros.

Paxariños, a cargo do rato Fuco da compañía Trinke Trinke.
O 27 de abril, ás 10:40 h. e 11:40 h., na Biblioteca Manuel María (Oleiros), para alumnado de 3 e 4 anos do CEIP Rabadeira de Oleiros.

18/4/17

Tertulia literaria en Rialeda: 19 abril 2017 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-25874.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Deus sentado nun sillón azul" de Carlos Casares
Documentación

A seguinte obra programada é "Intemperie" de Jesús Carrasco

Actividades infantís en Bibloleiros: de 18 a 21 de abril 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25482.pdf
Todas as sesións se celebrarán ás 18:30!!!
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 18 de abril
Para nenas-os de 4 a 8 anos
CONTACONTOS: Lilí Gruyère de Trinke Trinke
TÍTULO: “Viaxe a África”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 19 de abril
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza no 981 626 338)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Xa chego!”

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 20 de abril
Obradoiro para a inclusión social dirixido a nenas e nenos de 8 a 12 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)

MONITORADO: Asociación Participa para la Inclusión Social
ACTIVIDADE: “Marcapáxinas”

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 20 de abril
Para nenas-os de 4 a 8 anos

CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULO: “Historias encontradas”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 21 de abril
Para nenas-os de 4 a 6 anos
CONTACONTOS: Rato Fuco de Trinke Trinke
TÍTULO: “Os ratiños da caixa”

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 21 de abril
Para nenas-os de 4 a 8 anos
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULO: “Boa navegación, capitán!”

Mosaico "Os libros de Nós viaxan contigo" para celebrar o mes do libro

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2017/03/dia-do-libro-infantil-e-xuvenil-nas.html
Durante o mes de abril, co gallo do día do libro e do día  internacional do libro infantil e xuvenil, a Biblioteca Municipal Ánxel Fole de Nós quere amosar a súa cara máis amable cun mosaico fotográfico. Esta exposición reúne 30 fotos das-dos nosas-os lectoras-es facendo o que máis lles gusta, ler. 

Grazas a todas-os que nos achegaron as súas fotos para seren expostas na biblioteca e podan ser contempladas polas-os nosas-os visitantes. Sen dúbida, a actividade da lectura resulta moi "fotoxénica" e animamos a quen quera, a que nos faga chegar as súas instantáneas para próximas edicións da nosa iniciativa!

Actividades de promoción da lectura en Bibloleiros: de 18 a 21 de abril 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25508.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello de 18 a 21 de abril:

Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo
Martes 18 de abril:
- 10:20 h. - 3º B de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
"Taller de banda deseñada" a cargo do ilustrador Manel Cráneo.

Mércores 19 de abril:
- 10:00 h. - 3º de ESO do IES Xosé Neira Vilas (Perillo)
"Poesía e teatro de Federico García Lorca", a cargo de Soledad Felloza.

Xoves 20 de abril:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 5 anos A e B do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 10:40 h. - 3 anos A e B do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Cacaracá: contacontos baseado n'A galiña azul de Carlos Casares", a cargo de Soledad Felloza.

Venres 21 de abril:
- 10:20 h. - 3º de EP do CEIP Juana  de Vega (Nós)
"Obradoiro de ilustración", con Óscar Villán.

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Mércores 19 de abril:
- 10:10 h. - 5 anos A e B do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"O rato ilustrador" a cargo de Trinke Trinke.

Xoves 20 de abril:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 5º A de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
- 2ª sesión: 11:45 h. - 5º B de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Obradoiro de ilustración" a cargo do ilustrador Manel Cráneo.

Na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Martes 18 de abril:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 2º A de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:20 h. - 2º B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Contos para desafiar as tres bestas pardas", coa actriz e contacontos Paula Carballeira.

Venres 21 de abril:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 3º A e C de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:30 h. - 3º B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Cacaracá: contacontos baseado n'A galiña azul de Carlos Casares", a cargo de Soledad Felloza.

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros