30/8/19

Recomendacións en Radioleiros: 30 agosto 2019

https://youtu.be/MRbKZzBMJcM
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=841621&viewallitems=1&offset=20&homebranch=&ob=branchname&sb=ASC- Infantil (de 3 a 6 anos):  
"Linda á espreita" de Alexander Steffensmeier. En Xerais.
Linda é unha vaca divertida, xoguetona e moi entrañable. O que máis lle gusta é esperar impaciente a que o carteiro entre na granxa a traer algún paquete ou carta. Nese momento Linda espérao agochada, cada día nun sitio distinto para darlle un bo susto. Un día, o carteiro tivo unha idea: levarlle un paquete para Linda, pero todo se complicou e a bicicleta do carteiro acabou esmagada. Así foi como Linda descubriu que lle gustaba máis repartir o correo que asustar ao carteiro.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1482202&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20La%20novia%20gitana%20and%20au%2Cwrdl%3A%20Carmen%20Mola 
- Mozas-os e adultas-os:
"La novia gitana" de Carmen Mola. Editado por Alfaguara.
A unha semana da voda e cando Susana Macaya volta da súa despedida de solteira é abordada por un descoñecido e … nunca chega á súa casa. Poucos días despois aparece o seu corpo, na Quinta de Vista Alegre, no madrileño barrio de Carabanchel. Podería tratarse dun asasinato, se non fose polo feito de que a vítima foi torturada mediante un ritual insólito e atroz e que a súa irmá Lara sufriu idéntica sorte sete anos atrás, tamén en vésperas da súa voda. O que complica o caso é que o asasino de Lara cumpre condena dende entón, polo que caben dúas posibilidades: ou alguén imita os métodos ou a policía ten un inocente encarcerado.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

26/8/19

Ler conta Moito e actividades infantís de dinamización á lectura que promoven a Igualdade: 6 a 27 de setembro 2019


PRAZAS LIMITADAS: IMPRESCINDIBLE RESERVAR CON 10 DÍAS DE ANTELACIÓN

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (tfno. 981 639 511)
- 19 setembro (xoves) ás 17,30 h. "A ciencia de Harry Potter" con Ceo Aberto. Para nenas/os a partir de 6 anos.
- 26 setembro (xoves) ás 17,30 h. "Que animaliño é?" con Trémola Teatro. Para bebés de 1 a 3 anos.

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz (tfno. 981 626 338)
- 18 setembro (mércores) ás 17,30 h. "A ciencia de Harry Potter" con Ceo Aberto. Para nenas/os a partir de 6 anos.
- 25 setembro (mércores) ás 17,30 h. "Obradoiro de foguetes" con Ciencia en Ruta. Para nenas/os a partir de 6 anos.

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros (tfno. 981 610 700)
- 17 setembro (martes) ás 17,30 h. "Obradoiro de marionetas con variñas" coa Asociación Amigos do Museo Galego da Marioneta. Para nenas/os a partir de 6 anos.
- 24 setembro (martes) ás 18:30 h. "Isto non é unha caixa" con Sarabela Teatro. Para nenas/os a partir de 4 anos.

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda (tfno. 981 626 638)
- 16 setembro (luns) ás 18:30 h. "Radio Bulebule" con Paco Nogueiras. Para nenas/os a partir de 4 anos.
- 23 setembro (luns) ás 18:30 h. "Contacontos para bebés" con Pablo Díaz. Para bebés de 1 a 3 anos.
- 25 setembro (mércores) ás 18:30 h. "O ratiño presumido" con Trinke Trinke. Para nenas/os a partir de 4 anos.

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós (tfno. 981 664 257)
- 13 setembro (venres) ás 18,30 h. "A ovella Engracia" con Aldaolado. Para nenas/os a partir de 4 anos.
- 20 setembro (venres) ás 18,30 h. "Kenka un kenko!" con Cris de Caldas. Para bebés de 1 a 3 anos.
- 23 setembro (luns) ás 18:30 h. "O ratiño presumido" con Trinke Trinke. Para nenas/os a partir de 4 anos.
- 27 setembro (venres) ás 18:30 h. "As parábolas de Pakolas" con Pakolas. Para nenas/os a partir de 4 anos.

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé (tfno. 981 618 201) 
- 19 setembro (xoves) ás 18,30 h. "Pitusa semifusa" con Olga Brañas. Para nenas/os a partir de 3 anos.
- 24 setembro (martes) ás 18:30 h. "Xogo revolto" con Marionetas Trécola. Para nenas/os a partir de 3 anos.
- 26 setembro (xoves) ás 18:30 h. "Maxia para todxs!" con Mago Pedro Bugarín. Para nenas/os a partir de 6 anos.

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera (tfno. 981 628 507)
- 6 setembro (venres) ás 18,30 h. "O ratiño presumido" con Trinke Trinke. Para nenas/os a partir de 4 anos.
- 12 setembro (xoves) ás 18,30 h. "Elas pintan moito" con Migallas Teatro. Para nenas/os a partir de 4 anos.
- 20 setembro (venres) ás 17,30 h. "Os catro tesouros" con Miguel Cortés. Para nenas/os a partir de 6 anos.
- 27 setembro (venres) ás 18:30 h. "Contacontos para un mundo mellor" con Gloria Mosquera (Mamá Cabra) e Diego Maceiras. Para nenas/os a partir de 4 anos.

PRAZAS LIMITADAS: IMPRESCINDIBLE RESERVAR CON 10 DÍAS DE ANTELACIÓN