24/11/17

Ler conta moito e actividades infantís: de 27 de novembro a 1 de decembro 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27124.pdf
AVISO: As sesións de contacontos se celebrarán ás 18:30.
O Obradoiro de scrapbooking e o Obradoiro de teatriños de papel comezarán ás 17:30!!! 

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda 
Luns 27 de novembro, a partir das 17:30!!!
Para nenas-os de 7 a 12 anos  
Aforo completo!!! 
MONITORADO: Sonia Ojea
ACTIVIDADE: “Obradoiro de scrapbooking”
Martes 28 de novembro
Para nenas-os a partir de 3 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700) 
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Contos para escoitar mentras bailamos un valse” 

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 29 de novembro,
a partir das 17:30!!!
Para nenas-os de 7 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)      
MONITORADO: Juan Juste
ACTIVIDADE: “Obradoiro de teatriños de papel”
Xoves 30 de novembro
Para nenas-os de 1 a 3 anos   
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “O pato Simón”


Venres 1 de decembro
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)      
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Bicos”

Algúns destes actos están incluídos no programa 
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia

Recomendacións en Radioleiros: 24 novembro 2017

https://youtu.be/_GP0dK4169s
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=corazon+xupiter&idx=kw&q=&idx=kw&q=&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busqueda- Xuvenil (de 12 anos en adiante):

O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas
Xerais

Un libro que nos leva da man a un percorrido pola adolescencia, cos seus conflitos, cos seus perigos, as súas festas o os seus amores. Unha novela que desde o primeiro capítulo nos engaiola para sabermos o final, mentres compartimos eses momentos vertixinosos que se poden vivir na adolescencia.

- Mozos/as e adultos/as:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=835873Mentiras de mujeres, de Liudmila Ulitskaya
Anagrama

Trátase dunha obra que consta dun prólogo e seis historias cun fío condutor común que é Zhenia, unha muller intelectual, activa e interesante que é a que da testemuño dalgunhas das mentiras que lle contan mulleres de personalidades e circunstancias vitais totalmente dispares.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

20/11/17

23 novembro: Presentación do libro "Solo, el arte de sobrevivir entre tanta gente normal" de Jesús de La Fuente na Biblioteca de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122717&name=DLFE-27283.pdf
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
Xoves 23 novembro, ás 20 h.

A obra "Solo, el arte de sobrevivir entre tanta gente normal" de Jesús de La Fuente, publicada pola editorial Círculo Rojo, é unha viaxe a través da vida de Marino, un optimalista inquieto e diferente con gran variedade de experiencias que invitan a pensar e a reflexionar sobre a nosa propia vida.

Rosa Montero: Premio Nacional de las Letras Españolas 2017

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=montero%2C+rosa&limit=%28branch%3A+OLE1++or+branch%3A+OLE2++or+branch%3A+OLE3++or+branch%3A+OLE4++or+branch%3A+OLE6++or+branch%3A+OLE7++or+branch%3A+OLE9+%29&multibranchflag=OLE&sort_by=pubdate_dsc&addto=Engadir+a...&biblionumber=1103992&loggedinuser=&biblionumber=1106372&loggedinuser=&biblionumber=1109350&loggedinuser=&biblionumber=1109885&loggedinuser=&biblionumber=1112796&loggedinuser=&biblionumber=1113476&loggedinuser=&biblionumber=1114364&loggedinuser=&biblionumber=1117681&loggedinuser=&biblionumber=1121609&loggedinuser=&biblionumber=1128305&loggedinuser=&biblionumber=1128310&loggedinuser=&biblionumber=1128832&loggedinuser=&biblionumber=1128840&loggedinuser=&biblionumber=1128856&loggedinuser=&biblionumber=1132295&loggedinuser=&biblionumber=1155777&loggedinuser=&biblionumber=1189003&loggedinuser=&biblionumber=1190622&loggedinuser=&biblionumber=1194231&loggedinuser=&biblionumber=1196042&loggedinuser=
A escritora Rosa Montero foi galardonada co Premio Nacional de las Letras Españolas 2017

O Premio concédeo o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte para distinguir o conxunto do labor literario dun-dunha autor-a español-a cuxa obra estea considerada como parte integrante da literatura española actual escrita en calquera das linguas españolas. 

O xurado recoñeceu a Rosa Montero pola “súa longa traxectoria novelística, xornalística e ensaística, na que demostrou brillantes actitudes literarias, e pola creación dun universo persoal, cuxa temática reflicte os seus compromisos vitais e existenciais, que foi cualificado como a ética da esperanza”.

Nas Bibliotecas Municipais de Oleiros adicámoslle exposicións bibliográficas a Rosa Montero e animámoste a que leves en préstamo as súas obras.

PARABÉNS, ROSA!!!

Tertulia literaria en Santa Cruz: 20 novembro 2017

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.librosdelasteroide.com/-mcdermott-aliceBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17,30 a 19 h.

Comentario de "Alguien" de Alice McDermott

Seguinte lectura: "Lourenço, xograr" de Manuel Portas