29/3/14

Hora do conto: de 31 de marzo a 4 de abril

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-17363.pdf
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 31 de marzo
CONTACONTOS: Rato Camifuco de Trinke Trinke
TÍTULOS: .”Facendo teatro: o pequeno raposo”
 

Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 1 de abril
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: Mil primaveras!!: “Il merlo ha perso il becco”, “Para facer o retrato dun paxaro”, “Cabello loco”


Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 2 de abril
CONTACONTOS: Caxoto Contacontos
TÍTULO: “Voando alén do mar”
 

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoBiblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 3 de abril
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: “Branca Flor", "O moucho aburrido"
 

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 4 de abril
CONTACONTOS: Ratiña Lupiña de Trinke Trinke
TÍTULOS: “Os ratos van ao mar: O canto das baleas, Papá Oso volve a casa, O pirata Pata de Lata”
(Lembramos que os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente. As sesións celebraránse ás 18:30)

28/3/14

Recomendacións en Radioleiros: 28 de marzo

http://www.ipernity.com/doc/284673/31479363/in/album/594169
- Infantil (a partir de 12 anos):

As meigas de Lupa, de María Solar 
Xerais

María, Pablo e Martiño van pasar unha semana das vacacións coa súa avoa Berta na casa que esta ten en Santa Cruz de Rivadulla, unhas vacacións que se repiten todos os anos, xa que serven para que netos e avoa gocen xuntos. Cando estes chegan á casa enteranse de que van ter que compartir a casa con varias  amigas da avoa xa que naquela casa vai ter lugar un congreso de meigas… Ao mesmo tempo atopan a súa avoa moi consternada pola perda dunha chave, tras esta perda agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, e que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.
- Moz@s e Adult@s:

La intrusa, de Éric Faye
Salamandra

Partindo dun caso real: unha nova publicada en 2008 por varios xornais nipóns, na noticia contaban, que durante un ano, un xaponés estivo convivindo cunha intrusa que se colou na súa casa ao verse na rúa, sen cartos e sen ninguén a quen acudir, un tema moi de actualidade no noso país, non?. O autor consegue tecer unha historia maxistral, na que destacan sobre todo os seus únicos personaxes: Shimura Kobo, de profesión meteorólogo, é un home solitario, ao que se lle acomoda na casa unha muller desesperada que adquire unos hábitos de case fantasma-parásito, porque con incrible destreza faise cunha parte da casa, aliméntase. O curioso é que o dono da casa tarda ou quere tardar en darse conta de que convive con alguén na casa.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Ler para saber A CIENCIA: 28 de marzo

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-17831.pdf
Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 28 de marzo ás 18:30 h., para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Teremos un encontro científico con Verónica Robles García, investigadora no Grupo de Neurociencia (NEUROcom) da Universidade da Coruña, diplomada en Terapia ocupacional e fisioterapia,  máster en neurociencia e doutoranda no Grupo de Neurociencia e Control Motor (NEUROcom) no Departamento de Medicina, Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña
O GRUPO DE NEUROCIENCIA e CONTROL MOTOR (NEUROcom)  da Universidade da Coruña é un equipo de investigación dedicado ao estudo do funcionamento do sistema nervioso. Os seus membros pertencen ao Departamento de Medicina, colaboran co INEF Galicia e desenvolven o seu labor docente en varios centros da Universidade. Os laboratorios de investigación localízanse nas dependencias do INEF en Bastiagueiro (Oleiros) e no Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), Unidade de Investigación, Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.  
Este grupo de investigación está traballando cunha terapia para a rehabilitación de movementos manuais na enfermidade de Parkinson. Seleccionamos para ti libros para esta charla científica
Nota importante: durante a celebración da actividade interrumpiráse o servizo de ordenadores e internet do 2º andar da biblioteca. Pregamos desculpen as molestias.

Marina Mayoral no Mes do “Movemento para ler libros escritos por mulleres” na Biblioteca de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/mes-do-movemento-para-ler-libros.html
Marina Mayoral, naceu en Mondoñedo (Lugo). É novelista e catedrática xubilada de Literatura Española da Universidad Complutense de Madrid. 

Entre o máis dun centenar de traballos de investigación publicados sobre diversos autores e épocas destacan os seus estudos sobre Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán así como análises de poesía e prosa contemporáneas. 

Escribe en galego e castelán, e algunhas das súas novelas foron traducidas ao alemán, italiano, portugués, polaco e chinés. Como narradora a súa visión do mundo caracterízase por unha especial concepción do amor e da morte como forzas que condicionan o destino humano. A acción de case todas as súas novelas desenvólvese nun lugar imaxinario, situado en Galicia, chamado Brétema.
http://www.disquecool.com/2014/01/30/readwomen2014-un-movemento-para-ler-libros-escritos-por-mulleres/

Obras no Sistema de Bibliotecas de Oleiros :
La sombra del ángel, La única libertad, Tristes armas, Querida amiga, Dar la vida y el alma, Recóndita armonía, Ao pé do magnolio, Unha árbore, un adeus, Quen matou a Inmaculada de Silva?, Deseos, Chamábase Luis, Contra muerte y amor, A man de neve, Cándida, otra vez, O reloxio da torre, Case perfecto, O anxo de Eva.

27/3/14

Yolanda Castaño no Mes do “Movemento para ler libros escritos por mulleres” na Biblioteca de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/mes-do-movemento-para-ler-libros.html
Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977), deuse a coñecer como poeta, a través dunha serie de premios de poesía menores ata que, grazas ao Premio Fermín Bouza Brey 1994, publicou o seu primeiro libro, Elevar as pálpebras (1995). Seguíulle Delicia (1998), e máis tarde Vivimos no ciclo das Erofanías (1998), editado co gallo do Premio Johán Carballeira, e que tamén recibiu o Premio da Crítica Española 1998. No ano 2000 publica Edénica, unha antoloxía persoal de toda a súa obra anterior ao que segue O libro da egoísta (2003). Ao fío deste poemario, Yolanda dirixiu e produciu un “videopoema” que traducía os seus contidos á linguaxe audiovisual, e que resultou gañador do Premio Videocreación do Festival Compostela Curtocircuito 2004. 
En anos posteriores publica Profundidade de campo (2009) e Erofanía (2009). No ámbito infantil podemos salientar Punver (2006), Cando eu saiba ler, Punver de volta (2009) e Verdedades (2012). Ten participado en varios volumes colectivos  e tamén aparece a súa obra en diversas antoloxías. Como poeta, e tamén como crítica literaria, ten colaborado en numerosas revistas e publicacións periódicas así como en diversas iniciativas audiovisuais. 
http://www.disquecool.com/2014/01/30/readwomen2014-un-movemento-para-ler-libros-escritos-por-mulleres/
Formou parte da equipa fundadora e directiva de Letras de Cal, unha editorial de poesía destinada a publicar os valores máis novos. Ademáis de manifestarse coma unha activa animadora cultural, organizou, xunto con Emma Couceiro, dous Ciclos de Recitais Poéticos en Filoloxía (1996 e 1998). 

Así mesmo, ten recitado poemas e ofrecido charlas, ou participado en foros poéticos, como Poetas di(n) versos,  e encontros por toda a xeografía galega tanto como estatal e tamén internacional. Foi Secretaria Xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). 
Ademáis de poeta, é conferenciante e tamén articulista en varios medios escritos galegos á vez. Mentres, dirixe Obradoiros de Poesía en diferentes vilas e cidades do país. Ten participado nas bibliotecas de Oleiros, en varias edicións das actividades organizadas para os centro escolares do municipio.

26/3/14

María Xosé Queizán no Mes do “Movemento para ler libros escritos por mulleres” na Biblioteca de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/mes-do-movemento-para-ler-libros.html
María Xosé Queizán é unha das escritoras de máis nítida voz da Galicia de hoxe. Catedrática de lingua e literatura galega, é articulista e colabora en diversos medios de comunicación, como en  La Voz de Galicia con "A rentes de terra". 

Foi directora da revista feminista de cultura "Festa da Palabra" e tamén da colección de narrativa de escritoras universais "As literatas" de Edicións Xerais. Foi fundadora e intérprete doTeatro de Arte e Ensaio da Asociación de Prensa de Vigo (1959) e fundadora e directora do Teatro Popular Galego. Actualmente é directora do grupo teatral FIGA e codirectora da Galería de Arte Roizara de Vigo. A isto hai que sumar a súa activa e xa longa adscrición ao movemento feminista. 

No ano 2011 o Consello Municipal da Muller de Vigo propúxoa xunto con outras asociacións e particulares para o seu ingreso na Real Academia Galega. Queizán agradeceu o seu apoio pero reafirmouse na súa postura de non querer o seu ingreso nuha institución na que “predomina o imaxinario masculino”.
http://www.disquecool.com/2014/01/30/readwomen2014-un-movemento-para-ler-libros-escritos-por-mulleres/

25/3/14

27 de marzo a 3 de abril: Obradoiros de ilustración con Xosé Tomás en Santa Cruz

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz.
Actividade dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP A Rabadeira.

Xoves 27 de marzo:
- 9,15 h. - 4º A
- 11,30 h. - 4º B

Venres 28 de marzo:
- 9,15 h. - 4º C
- 11,30 h. - 4º D

Martes 1 de abril:
- 9,15 h. - 5º A
- 11,30 h. - 5º B

Mércores 2 de abril:
- 9,15 h. - 5º C
- 11,30 h. - 6º A

Xoves 3 de abril:
- 9,15 h. - 6º B
- 11,30 h. - 6ºC

Xosé Tomás fará un percorrido polo proceso de creación dun libro: idea, autor/a, ilustrador/a, editorial, imprenta, distribución, lector/a, etc. A continuación explicará a estreita relación palabra-imaxe e as diversas interpretacións gráficas de cada ilustrador/a. 

Guiados por Xosé Tomás, o alumnado participante construirá historias gráficas a raíz de elementos narrativos elixidos ao chou (na liña da Gramática da fantasía de Gianni Rodari) e coñecerán as técnicas para crear personaxes, así como os códigos mínimos desde os puntos de vista físico e psicolóxico.

Tertulia literaria en Rialeda: 26 de marzo (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "La vida de las mujeres" de Alice Munro.
Documentación
Obras de Alice Munro nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "La ignorancia" de Milan Kundera.

Maj Sjöwall no Mes do “Movemento para ler libros escritos por mulleres” na Biblioteca de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/mes-do-movemento-para-ler-libros.htmlMaj Sjöwall (Estocolmo, 1935), xunto coa súa parella Per Whalöö, escrebeu unha serie de historias policiacas durante a década dos sesenta. 
Empregando como personaxe ao inspector Martin Beck, esta parella fai unha análise crítica da sociedade sueca do momento cunhas tramas elaboradas e de fondo contido político. http://www.disquecool.com/2014/01/30/readwomen2014-un-movemento-para-ler-libros-escritos-por-mulleres/ 

Composta por dez novelas, a serie rematou coa morte de Per Whalöö (1975), adicándose Maj Sjöwall á tradución e a redacción de relatos curtos. O conxunto desta obra foi un novo camiño para escritores de novela negra como Henning Mankell, Assa Larsson e Camilla Läckberg. 

Obras no Sistema de Bibliotecas Públicas de Oleiros :
Asesinato en el Savoy, La habitación cerrada, Roseanna, El policía que ríe.

A Biblioteca de Montrove conmemora o Día Mundial do Teatro

Desde hoxe ata o 31 de marzo presentámosche na Biblioteca de Montrove unha escolma bibliográfica con obras teatrais para todas as idades.

Asimesmo as/os nenas/os poderán realizar actividades plásticas relacionadas con esta celebración.

Este ano, o dramaturgo, deseñador e director surafricano Brett Bailey é o encargado da redacción da mensaxe internacional promovido pola UNESCO.

25 de marzo: Pablísimo na Biblioteca de Santa Cruz e 26 de marzo, na Biblioteca Central Rialeda

Actividade dirixida ao alumnado de Educación Infantil e Primaria dos Centros Públicos do Concello de Oleiros.
"Príncipas e Princesos": relatos a favor da Igualdade con Pablísimo.

Martes 25 de marzo
- 10:20 h. - Educación Infantil (5 anos) A e B do CEIP Parga Pondal.
- 12:00 h. - Educación Infantil (4 anos ) A e B do CEIP Parga Pondal.
Mércores 26 de marzo
- 10:15 h. - Educación Infantil (5 anos) A e C do CEIP Valle Inclán.
- 12:00 h. - Educación Infantil (5 anos B)(4 anos C) do CEIP Valle Inclán.

24/3/14

Hora do conto: 25 a 28 de marzo

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-17363.pdf
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 25 de marzo
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS: "O xardín de plastilina", "Onde está o nariz de Pinocho?"
 

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 26 de marzo
CONTACONTOS: Avoa Violeta da Compañía Trinke Trinke
TÍTULOS: “A buscar o que se perdeu”: “Os catro amigos”, “Peluche”
 

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Mércores 26 de marzo
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULOS: “O ogro de Zeralda”, “A bruxa regañadentes”, “Cocorico”,

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20Conto
“Os tres desexos”

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 27 de marzo
Para nenos-as de 1 a 4 anos:

CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULOS: “Nano e Dara”
Para nenos-as de 5 a 10 anos:
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “Tanto por aprender”: “A cadeira”, “Preguiceiro”, “Un xoguete de papel“
 

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 28 de marzo
CONTACONTOS: Pizpireta
TÍTULOS: "Gato Guille e os monstruos", "O monstro metemedo", "Eu voguei por mar de chocolate"
(Lembramos que os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente. A sesión para nenos-as de 1 a 4 anos se realizará ás 17:00, e as demáis ás 18:30)

25 de marzo: Visita de alumnado do IES María Casares á Biblioteca Central Rialeda

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/biblio/rialeda-perillo
http://www.edu.xunta.es/centros/iesmariacasares/O martes 25 de marzo, recibiremos na Biblioteca Central Rialeda ao alumnado de 3º C de ESO do IES María Casares de Bastiagueiro.

A visita guiada terá lugar a partir das 10'40 h.

Ao remate da mesma, o actor Ramiro Neira de Artestudio Teatro realizará unha dramatización baseada nos relatos da obra "Os outros feirantes" de Álvaro Cunqueiro.

Aviso importante: o 2º andar da biblioteca (Sala de audiovisuais e ordenadores) verá restrinxido o seu uso durante a visita do alumnado.

Marilar Aleixandre no Mes do “Movemento para ler libros escritos por mulleres” na Biblioteca de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/mes-do-movemento-para-ler-libros.html
O seu nome é María Pilar Jiménez Aleixandre e naceu en Madrid, pero como ela mesma di ten saudade de todas a cidades onde viviu. Ten unha relación especial coa Costa da Morte onde están situados algúns dos seus libros como "Lobos nas illas" e "A formiga coxa", e pertence ao Batallón Literario da Costa da Morte e ao consello editorial de Letras de Cal. O primeiro relato que escribíu foi un conto sobre vampiros, que sería o xérmolo de "Agardando polos morcegos", despois viñeron "A formiga coxa,  "A expedición do Pacífico" (Premio da Crítica de Galicia 1995 e Premio Merlín de Literatura infantil 1994), alternando con narrativa para adultos, como "Lobos nas illas" sobre as tortuosas relacións familiares, ou “A Compañía Clandestina de Contrapublicidade” (Premio Álvaro Cunqueiro1998), Premio Rañolas ao mellor libro infantil/xuvenil en galego 1996 por  “O Trasno de Alqueidón”, Premio Esquío de poesía en galego 1998 por “Catálogo de velenos”, a  novela "Teoría do Caos" un texto sobre as traizóns, recibíu o premio Xerais en 2001, “A banda sen futuro” (Premio Lazarillo 1999 e premio Lecturas 2001); “Paxaros de papel”, etc.
Tamén está na Lista de honor do IBBY 1997, apartado tradución, por A caza do Carbairán (The Hunting of the Snark) de Lewis Carroll.
http://www.disquecool.com/2014/01/30/readwomen2014-un-movemento-para-ler-libros-escritos-por-mulleres/
Obras no Sistema de Bibliotecas de Oleiros:
A cabeza de Medusa, Robinson contado polas alimarias, Catálogo de velenos, A expedición do Pacífico, Acordanzas, Desmentindo a primavera, Calle Carbón, Rúa Carbón, A vaca de Fisterra e a trabe de alcatrán, O chápiro verde, O monstruo da chuvia, El monstruo de la lluvia, O trasno de Alqueidón, O coitelo en novembro, A vaca caníbal, Mudanzas, Dez abellas na laranxeira, O rescate do Peneireiro, A formiga coxa, Lobos nas illas, Tránsito dos gramáticos, Unha presa de terra, A banda sen futuro, Castelao segundo Rañolas: vida e obra de Castelao, Lapadoiras, Sacauntos e Cocón, Paxaros de papel, Nogard, A compañía clandestina de contrapublicidade, O son das buguinas, Basilisa, a princesa sapiño, Herbalúa, Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero.
Notas tomadas a partir de:
http://www.bvg.udc.es e http://escritoras.com