12/5/12

Hora do conto: 15 e 16 de maio

Aquí tes a programación da hora do conto de 15 e 16 de maio.
Todas as sesións son ás 18:30 horas.

Martes 15 de maio
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS:   “Xan sen medo”, “Imos de excursión”, “Por que chove?”

Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 15 de maio
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín
TÍTULO:   “Os contos do Titiriteiro”
     
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 16 de maio
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO:   “Contos para días de Letras Galegas”
                             
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)
A hora do conto da Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove está dentro do programa


11/5/12

Recomendacións en Radioleiros: 11 de maio

- Xuvenil (a partir de 14 anos):

Centauros do norte, de Marcos Calveiro
Editado por Rodeira

O seu protagonista chámase Rafael e só ten 16 anos. É músico e abandonara México hai case un ano, despois de que unha partida de “colorados” mataran a seu pai. Despois de viaxar nun vagón baleiro dun tren, entrou en EEUU na vila de El Paso. Logo achou traballo e polas noites acudía a tocar coa súa corneta a algunhas cantinas e garitos onde gañaba algúns dólares que lle permitirían tomar rumbo a California. Foi nun deses lugares onde coñeceu a Pancho Villa. Ao cabo dun tempo propúxolle que volvese con el a México para facer a revolución. Eran os derradeiros días do mes de abril de 1913 e regresaban a México para conquistalo.

Engaiolante libro que nos fala de loita, vinganza e paixón. A loita propia da revolución, a vinganza dun rapaz que se debate entre o seu desexo de vingarse (asasinaran ao seu pai) e o seu respecto pola vida e a paixón na historia de amor que se desenvolve entre Rafael e  Reina Huarte. Asistimos á evolución de Rafael e Reina, de idades similares pero con maneiras distintas de ver o mundo e de reaccionar ante el.
Centauros do norte é unha fermosa novela que coa súa forza literaria consigue introducirnos na revolución mexicana e retratarnos a vida de diferentes personaxes, algúns baseados en persoas reais e outros inventados polo autor.

Premio Raíña Lupa no ano 2010.

- Para mozos/as e adultos/as:

Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX, de Tucho Calvo
Editado por Biblos

Unha edición revisada da sua primeira obra titulada Valentín Paz-Andrade, a memoria do século e publicada en  Ediciós do Castro no ano 1998.

Este libro parte das preguntas realizadas por Tucho Calvo a Valentín Paz-Andrade nunha longa entrevista levada a cabo nos anos oitenta. Como nos di na contraportada, neste longo diálogo narra as vivencias desta persoa que tivo unha importante presenza  non só na política galega, senón tamén na cultura e no mundo empresarial.

Valentín Paz-Andrade, foi un avogado de prestixio, director do periódico “Galicia”,  dirixente do Partido Galeguista. Candidato ás Cortes Constituíntes en 1931, xunto a Castelao, colaborou una redacción do anteproxecto do Estatuto de Galicia presentado polo Seminario de Estudos Galegos. Debido aos seus artigos e ás súas posicións políticas foi perseguido e represaliado tanto nos primeiros anos da guerra como na posguerra. Director da revista “Industrias pesqueras”. Un dos impulsores de Pescanova, da que foi vicepresidente. Traballou como técnico da FAO e xa en 1960 alertou dos perigos das 200 millas para as flotas españolas e foi o primeiro especialista español proposto por esta organización para misións internacionais en Hispanoamérica. Formou parte da “Comisión dos Dez” (Comisión negociadora da Oposición Democrática) representando a Galicia. Elixido senador por Pontevedra nas eleccións de 1977, por Candidatura  Democrática Galega. Foi membro da Real Academia Galega e da Academia Galega das Ciencias.

En palabras de Xosé Díaz, que é quen fai a introdución da obra “Valentín é un referente icónico da loita por unha Galicia próspera e dona do seu destino.”

Cando Tucho Calvo lle pregunta a Valentín polo seu ensaio titulado “Galicia como tarea”, el contéstalle que “é o momento de pasar da denuncia lírica á construción dun pensamento socio-económico”.

Coa lectura deste libro poderá verse a  versión da historia de Galicia do século XX segundo un dos seus grandes protagonistas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

8/5/12

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 9 de maio (Grupo B)



Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)

Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentaráse a obra "Por favor, cuida de mamá" de Kyung-Sook Shin
Obras de Kyung-Sook Shin nas nosas bibliotecas

.

Obradoiro de Creación Literaria na Biblioteca Central Rialeda (9ª sesión): martes 8 de maio

O día 8 de maio, ás 18.30 horas, na Biblioteca Central Rialeda, terá lugar a 9º sesión do Obradoiro de creación literaria impartido polo escritor e profesor Xavier Seoane
Está dirixido a mozas/os (a partir de 15 anos) e adultas/os, realizarase os martes e terá unha duración de dez sesións. 
As prazas son limitadas. É imprescindible inscribirse na biblioteca chamando ao teléfono 981 639 511 ou a través do correo electrónico biblioteca.rialeda@oleiros.org
Importante: esta actividade ten prezo público para as persoas non empadroadas no Concello de Oleiros.
É unha iniciativa da Concellería de Cultura de Oleiros e da Asociación de Escritores en Lingua Galega e con ela preténdese animar a escribir textos literarios mediante a manipulación de formas lingüísticas e a imitación de modelos expresivos da nosa tradición literaria, aos que podemos chegar mediante o xogo e a descuberta da nosa propia creatividade.

IMPORTANTE: A actividade realízase no 2º andar da biblioteca. Durante a mesma quedan fora de servizo os ordenadores da citada sala.

7/5/12

Obradoiros de ilustración con Xosé Tomás para alumnado do CEIP Valle-Inclán e CEIP Luis Seoane

Na Biblioteca Central Rialeda

Martes 8 de maio:
- 9,30 h.: 4ª Primaria A do CEIP Valle Inclán
- 11,30 h.: 4º Primaria B do CEIP Valle Inclán

Mércores 9 de maio:
- 9,30 h.: 5º Primaria A do CEIP Luis Seoane
-11,30 h.: 5º Primaria B do CEIP Luis Seoane

Venres 11 de maio:
- 9,30 h.: 3º Primaria A do CEIP Valle Inclán
-11,30 h.: 3º Primaria B do CEIP Valle Inclán

Martes 15 de maio:
- 9,30 h.: 3º Primaria C do CEIP Valle Inclán

Xosé Tomás fará un percorrido polo proceso de creación dun libro: idea, autor/a, ilustrador/a, editorial, imprenta, distribución, lector/a, etc. A continuación explicará a estreita relación palabra-imaxe e as diversas interpretacións gráficas de cada ilustrador/a. Guiados por Xosé Tomás, o alumnado participante construirá historias gráficas a raíz de elementos narrativos elixidos ao chou (na liña da Gramática da fantasís de Gianni Rodari) e coñecerán as técnicas para crear personaxes, así como os códigos mínimos desde os puntos de vista físico e psicolóxico.

Tertulia literaria en Santa Cruz: luns 7 de maio

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
Hora: de 18,30 a 20

Comentaremos a obra "Espejo roto" de Mercè Rodoreda.
Obras de Mercè Rodoreda nas bibliotecas do Concello de Oleiros