27/12/19

Recomendacións en Radioleiros: 27 decembro 2019

https://youtu.be/OLO6BAb0CEM
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=Malena+Ballena&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas+P%C3%BAblicas+Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (nenas-os de 6 a 8 anos):
"Malena Ballena" texto de Davide Calì. Ilustracións de Sonja Bougaeva. En Libros del Zorro Rojo.
Malena é unha nena cuns kilos de máis e bastante acomplexada. Dáselle moi ben a natación pero cada vez que se lanza á piscina, as súas compañeiras búrlanse dela berrándolle, Malena é unha balea! Un día, o profesor de natación, observando o problema de Malena, fala coa ela despois da clase. Dalle un sabio consello: Malena, dille, “cada un de nós somos o que pensamos que somos.” A partir desa conversa, a vida da nena cambia ao pensar que é lixeira coma unha sardiña ou que pode entrar na auga coma un foguete e non salpicar. Malena Ballena é un claro exemplo de superación adaptado ás nenas e nenos que empezan a ler.

- Mozas-os e adultas-os:
"El intermedio que somos" de Silvia Salgado. Editado por Excellence by Angels Fortune.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1793318&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLENarra a vida dunha familia. A de Amanda e Laura, nai e filla que nos irán conducindo a dúas voces por ese mundo de claros e sombras que toda familia posúe. Unha familia, que podería ser calquera das nosas. Pero acontece algo, un trauma que desestabiliza todo e que obriga á familia a recompoñerse. Para facelo, deciden marchar a Brétema, un pobo que constitúe aquel refuxio ao que ir cando precisas volver a reencontrarte contigo mesmo.
Relacións familiares, traumas, síndromes, amores rotos, novos amores e a valentía. A valentía de dúas mulleres de idades moi diferentes que nos transmiten unha mensaxe de esperanza. Porque na vida hai  momentos duros pero tamén hai portas que se abren cara Brétema e nos permiten encher os nosos pulmóns de correntes de aire fresco, de vida. Unha lectura moi recomendable para estas datas nas que rematamos un ano e nos preparamos para recibir ao seguinte.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

23/12/19

Nadal 2019: calendario das bibliotecas

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/2019/12/nadal-2019-calendario-das-bibliotecas.html

Informamos ás nosas usuarias e usuarios do calendario de días de peche ao público das Bibliotecas Municipais de Oleiros durante os meses de decembro de 2019 e xaneiro de 2020 polas festas de Nadal e Reis.

Biblioteca Central Rialeda:
Pechada os días 24, 28, 31 de decembro e 4 de xaneiro.

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz:
Pechada os días 24, 28, 30, 31 de decembro e 4 de xaneiro

Biblioteca Municipal Mª José Trincado. Mera
Pechada os días 24, 30, 31 de decembro e 2 de xaneiro.

Biblioteca Municipal Manuel María. Oleiros:
Pechada o día 24, 28 e do 30 de decembro ao 4 de xaneiro (incluídos).

Biblioteca Municipal Mª José Ruso. Dorneda:
Pechada do 23 ao 27 de decembro (incluídos), 31 de decembro e 7 de xaneiro.

Biblioteca Municipal Ánxel Fole. Nós:
Pechada do 23 ao 27 de decembro (incluídos) e 31 de decembro.

Biblioteca Municipal Xograr Mendiño. Lorbé:
Pechada do 20 de decembro ao 7 de xaneiro (incluídos)

Pregamos desculpen as molestias.

Aproveitamos para transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade; que o vindeiro ano traia boas novas e un mundo de ilusións e proxectos convertidos en realidades.