Hola hola. Animales para conocer y proteger, de Brendan Wenzel
El Pirata, 2020
O autor e ilustrador norteamericano tráenos este traballo que recolle 92 animais cunha preocupación pola conservación das especies ameazadas. Libro fundamentalmente visual, con moi pouco texto e recomendado para nenos e nenas a partir de catro anos. “Mellor libro infantil do ano” según The Washington Post.
- Mozas/os e adultas/os:
Un señor elegante, de Suso de Toro
Xerais, 2020
Versión dixital en Galiciale
Novela de investigación arredor da familia Baltar, protagonista da sociedade galega desde o XIX cunha perspectiva “radicalmente local e ao tempo europea” según palabras do autor. Mestura de relato histórico e investigación social, aparecendo os Baltar vencellados a Rosalía de Castro e Murguía, Castelao, Rafael Dieste e outros personaxes de primeira liña.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas