5/3/10

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o venres 5 de marzo:
- Infantil (nenos-as de 6 a 8 anos):
"Borba, o gato"
de Ruth Rocha, con ilustracións de Margarita Menéndez, en SM.
Narra a historia de Borba, un gato que ten a vocación de ser policía. A nai dille que nunca tal se viu, pero el perservera no seu obxectivo.
- Mozos-as e adultos-as:
"El gran libro del té" de Lourdes Prat e Jessica Ramos editado por Integral.
Unha guía práctica sobre as diferentes variedades de té, a súa historia, aplicacións na saúde e cosmética e a arte de consumilo.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Hora do conto na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera: venres 5 de marzo

Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera o venres 5 de marzo ás 18:30 para escoitar a Ramiro Neira na hora do conto. Os títulos serán: "Máis vale sabiduría que forza" (conto do Nepal), "Johari e o seu amigo Kilonzo" (conto de Kenia).

4/3/10

LER PARA SABER: 5 de marzo

Biblioteca Central Rialeda (2º andar)
Hora: 18,30

Actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

"A pesca e marisqueo na nosa costa"

Daniel Sánchez, alumno do Colexio Público Valle-Inclán realizará unha introdución sobre "Seres vivos da zona intermareal" previamente á charla a cargo da profesora do CEIP Valle Inclán, Fina Mosquera Roel.
Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 4 de marzo

Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 4 de marzo ás 18:30 para escoitar a hora do conto. Para os nenos-as menores de 6 anos Avoa Ratiña da Compañía Trinke Trinke contará: “¿Qué soy?”, "Ana Manana". Para os-as maiores de 6 anos Soledad Felloza contará: "Korokoro”, “Luisa quiere ser princesa”, “Historias disparatadas”

3/3/10

Hora do conto na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz: mércores 3 de marzo


Ola: espérote na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz o mércores 3 de marzo ás 18:30 para escoitar ao rato Camifuco na hora do conto. Os títulos serán: "Historias de ratiños: O baño, Nubes, Rato vello, A viaxe"

2/3/10

Conferencia de Francisco Pillado: 8 de marzo

Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)
Hora: 20 h.

O escritor e editor Francisco Pillado pronunciará unha conferencia no Teatro Municipal As Torres de Santa Cruz sobre “A consideración social da muller no decurso da historia”, esta actividade enmárcase no ciclo de actividades tituladas “Oleiros, Feminino e Singular” que se celebrarán durante todo o mes de marzo para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora.

Francisco Pillado leva dende fai anos estudando o tema da consideración social da muller ao longo da historia e nesta conferencia presentará diferentes textos nos que irá baseando as súas explicacións, coa profundidade, pero ao mesmo tempo amenidade, que o caracteriza.Francisco Pillado é escritor, director de Edicións Laiovento e cofundador dos grupos de teatro “O Facho”, “Escola Dramática Galega” –da que foi presidente-, “Luís Seoane” e Clube Teatral “Elsinor”.


Obras relacionadas con Francisco Pillado nas Bibliotecas Municipais

Día de Rosalía na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé


Desde o día 24 de febreiro de 2010, conmemórase na Biblioteca de Lorbé o Día de Rosalía cunha exposición de fondos sobre a escritora.
ANGUEIRA, Anxo: Terra de Iria: viaxe ó país de Rosalía de Castro. Vigo: A Nosa Terra, 2002. (910.4-G ANG ter).
BESADA, Augusto G.: Rosalía Castro: Notas biográficas. Vigo: A Nosa Terra, 2004. (B-G CAS GON)
CASTRO, Rosalía de: Adiós ríos, adiós fontes. A Coruña: Baía, 2005. (X-PG CAS adi).
CASTRO, Rosalía de: Cantando cos nenos. Sada: Ediciós do Castro, 1985. (X-P-G CAS can).
CASTRO, Rosalía de: Cantares Gallegos. Vigo: A Nosa Terra, 1996. (P CAS can).
CASTRO, Rosalía de: En las orillas del Sar. Madrid: Cátedra, 1994. (P CAS enl).
CASTRO, Rosalía de: Escolma poética de Rosalía de Castro. Vigo: do Cumio, 2001. (P CAS esc).
CASTRO, Rosalía de: Escolma poética. Vigo: Faktoría K de libros, 2008. (P CAS esc).
CASTRO, Rosalía de: Follas Novas. Vigo: A Nosa Terra, 1996. (P CAS fol).
CASTRO, Rosalía de: La hija del mar. Madrid: Akal, 1982. (N CAS hij).
CASTRO, Rosalía de: Rosalía de Castro: Antoloxía.Vigo: Xerais, 2003. (P CAS ant).
CASTRO, Rosalía de: Vente rapaza: de Cantares Gallegos. Padrón: Fundación Rosalía de Castro, Casa Museo de Rosalía de Castro e Xunta de Galicia, 2007. (X-P-G CAS ven).
NAYA PÉREZ, Juan: Estudios acerca de la familia Murguía-Castro. A Coruña: Deputación, 1998.
NEIRA CRUZ, Xosé A.: Rosalía. Vigo: Xerais, 1997. (X-B-G CAS NEI).
Rosalía de Castro para nenos. Madrid: Ediciones de la Torre, 1988. (X-P-G CAS ros).

1/3/10

Tertulia Literaria en Rialeda: 3 marzo 2010 (Grupo B)


Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "Mejillones para cenar" de Birgit Vanderbeke

Consulta e descarga a nosa documentación

Obras de Birgit Vanderbeke no Sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros

Hora do conto nas Bibliotecas "Manuel María" de Oleiros e "Xograr Mendiño" de Lorbé: martes 2 de marzo

Ola: espérote na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros o martes 2 de marzo ás 18:30 para escoitar a Ramiro Neira na hora do conto. Os títulos serán "Fai o ben e te farán o mal" (conto de Bulgaria), "O zapateiro Dratewka" (conto de Polonia).
Tamén o martes 2 ás 18:30 na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé, poderás escoitar a Soledad Felloza, cos contos "Korokoro", "Luisa quiere ser princesa", "Historias disparatadas"