25/2/22

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: mércores 2 marzo 2021 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de "El corazón helado" de Almudena Grandes
Documentación

Nota: debido á extensión do libro, vaise comentar en dúas sesións.

Recomendacións en Radioleiros: 25 febreiro 2022

- Infantil (a partir de 6 anos):

Los lunes de colores, de Nelson Rodríguez e Leonardo Agustín Montes, con ilustracións de Rosana Faría e Carla Tabora
Juventud

Ao igual que centenares de nenos e nenas en Honduras, Luis non ten un fácil acceso á cultura, aos libros ou á biblioteca. Aquí é onde entra en acción o bibliomóbil, un vehículo equipado con libros, mesas, carpas, sillas, etc, para poderlles prestar libros e  representar historias aos nenos e nenas da comunidade. Un refuxio na súa durísima realidade. Todos os luns, Nelson e Gerson acuden co seu bibliomóvil a Villa Nueva.
Cando marcha, Luis ten a cabeza chea de historias alegres para irllas contar á súa nai e quitarlle de enriba todas as historias tristes que ela leva a costas.


- Mozas/os e adultas/os:

Y llovieron pájaros, de Jocelyne Saucier
Minúscula

Tres homes constrúen un santuario impertubable nos magníficos bosques canadienses. A súa paz verase perturbada, primeiro coa chegada dunha fotógrafa que está facendo unha reportaxe sobre os Grandes Incendios de Canadá, e despois cunha pequena fuxitiva de oitenta anos con todo un mundo por descubrir.
    
“Y llovieron pájaros” fala de persoas adultas que desexan, sofren e lembran. Un libro que fala da vellez como un privilexio, como o último refuxio da liberdade, alí onde se desfan as ataduras e se permite que a mente voe.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

23/2/22

Día de Rosalía de Castro 2022: 23 de febreiro

O 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, debido a ser a data do seu nacemento. Rosalía de Castro é un símbolo para o pobo galego, unha das grandes poetas da literatura galega e española do século XIX e unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego. Un ano máis, as Bibliotecas Municipais de Oleiros compartimos a iniciativa que promove a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega  e celebramos o aniversario do nacemento da autora. A  AELG propón á cidadanía desde 2010 que agasalle un libro en galego e unha flor. O lema escollido para 2022 é #SementadePensamentos 
 
Obxectivos:
-Promover a lectura de obras da ilustre poeta Rosalía de Castro.
-Recoñecer o valor da obra da escritora Rosalía de Castro.
Actividades:
Para festexar esta conmemoración, homenaxearamos a esta ilustre autora cos seguintes actos:
"Cantando os cantares", a cargo de Truque Matruque, que achegará a un público infantil unha das obras máis importantes da literatura galega , "Cantares gallegos". A través dun concerto interactivo, Marcos Acuña cantará varios dos poemas que figuran nesta magnífica obra.
O 24 de febreiro, ás 18:30 h, "Cantando os cantares", a cargo de Truque Matruque, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). Para maiores de 6 anos.
O 23 de marzo, ás 18:30 h, "Cantando os cantares", a cargo de Truque Matruque, na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz). Para maiores de 6 anos.

“Has de cantar,
que che hei de dar zonchos;
has de cantar
que che hei de dar moitos”.

*Mostra bibliográfica sobre Rosalía de Castro en todas as Bibliotecas Municipais de Oleiros, nas que se expoñerán libros e CD para todos os públicos.
*Pasatempo infantil. Labirinto para que os nenos e as nenas busquen o xeito de ir da casa de Rosalía en Padrón ata Santiago.

22/2/22

Os máis prestados do 2021

Eis as vosas preferencias nun ano que supuxo unha pequena volta á normalidade.
Pulsa as imaxes e coñece os títulos favoritos en cada unha das categorías.

 

           Infantil                                     Xuvenil                         Mozas/os e adultas/os

Desde Bibloleiros agradecemos o voso esforzo e a vosa fidelidade.
Moitas grazas por facer biblioteca!

21/2/22

Entroido e Hora do conto nas Bibliotecas de Oleiros: 21 a 24 de febreiro 2022

- Dirixido a nenas e nenos a partir de 6 anos.
- Máximo de participantes en cada obradoiro: 15. 
- Hora: 17:30. 
- Imprescindible inscribirse na biblioteca na que desexen participar. Podes facelo telefonicamente ou achegándote á biblioteca correspondente. O prazo para inscribirse ábrese 10 días antes da data de realización da actividade.
 
Luns 21 de febreiro 
Aforo completo!!!
OBRADOIRO DE ENTROIDO: Creación dun peliqueiro articulado

Martes 22 de febreiro 
Actividade suspendida por razóns alleas ás Bibliotecas de Oleiros
OBRADOIRO DE ENTROIDO: Creación dun peliqueiro articulado
 
Mércores 23 de febreiro 
Actividade suspendida por razóns alleas ás Bibliotecas de Oleiros
OBRADOIRO DE ENTROIDO: Creación dun peliqueiro articulado
 
Xoves 24 de febreiro 
Actividade suspendida por razóns alleas ás Bibliotecas de Oleiros
OBRADOIRO DE ENTROIDO: Creación dun peliqueiro articulado
 

- Hora do conto para nenas e nenos a partir de 6 anos. 

- A sesión será ás 18:30 h.

- Aforo limitado: chama á biblioteca e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización da contada.
 
Xoves 24 de febreiro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Truque Matruque
TÍTULO: “Cantando os cantares"
 
                                                       AVISOS

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: mércores 23 febreiro 2022 (Grupo A)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Ébano, de Ryszard Kapuściński
Documentación

Seguinte lectura: La extraña desaparición de Esme Lennox, de Maggie O'Farrell

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 22 febreiro 2022 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de textos de Poesía lírica medieval
Coa colaboración da profesora de lingua e literatura galegas Pepe Taboada.  
Documentación

Seguinte lectura: A la caza del amor, de Nancy Mitford