12/5/17

Actividades infantís en Bibloleiros: de 15 a 19 de maio 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25482.pdfTodas as actividades son ás 18:30!!!
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 15 de maio
Para nenas-os de 4 a 6 anos
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULO: “Contos miudiños con Carlos Casares” Letras Galegas

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 16 de maio
Para nenas-os de 4 a 8 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Contos e esgalla!” Letras Galegas

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 18 de maio
Para nenas-os de 4 a 6 anos
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Contos de laranxas azuis” Letras Galegas

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 18 de maio
Para nenas-os de 4 a 8 anos
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “De illas e tesouros Galicia está chea”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 19 de maio
Para nenas-os de 4 a 6 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Non é ningún conto!” Letras Galegas

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 19 de maio
Para nenas-os de 4 a 8 anos
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “O carteiro en bicicleta” Letras Galegas


Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros http://bibliotecasoleiros.blogspot.com e en twitter @bibloleiros

Recomendacións en Radioleiros: 12 maio 2017

  https://soundcloud.com/bibloleiros/12052017-recomendacions-en-radioleiros
 https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1208457&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20Poemar%20o%20mar- Infantil (nenas-os a partir de 9 anos):
"Poemar o mar" de Antonio García Teijeiro. Ilustracións de Xan López Domínguez. En Xerais.
Un delicioso libro de poemas para nenos/as que forma parte da triloxía das obras poéticas que o autor lle dedica ao mar: En la cuna del mar e Palabras do mar. Nas tres o gran protagonista é o mar e preséntanos un mar no que todo é posible: un mar triste, un mar que canta, que desexa, que cala segredos, que soña, que escoita...
Este fermoso poemario xunto coas expresivas e imaxinativas ilustracións de Xan López Domínguez fan deste libro unha harmoniosa e delicada obra.


- Mozas-os e adultas-os:
"O sol do verán" de Carlos Casares. Editado por Galaxia.
É unha historia dun amor imposible. Ao principio presenta unha cita de Albert Camus “A verdade do ser e do sentir” que apunta á cuestión central da trama. Consta de nove capítulos cunha estrutura ben construída e unha linguaxe moi traballada.
Estamos no verán de 1968. A narración comeza co suicidio de Carlos (un dos protagonistas) con tan só 27 anos. Pégase un tiro na casa da súa amiga Helena. A partir deste feito, ela irá narrando os momentos vividos naquela casa de Beiro onde pasaron moitos
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=sol+do+ver%C3%A1n&op=+and+&idx=au%2Cwrdl&q=casares&limit=branch%3AOLE1&multibranchflag=&sort_by=pubdate_asc&addto=Engadir+a...&biblionumber=1103298&loggedinuser=&biblionumber=1141840&loggedinuser=&biblionumber=380372&loggedinuser= días xuntos durante a súa infancia e adolescencia, ao mesmo tempo que coñeceremos unha complexa trama de relacións familiares e amorosas. Todo o que iremos percibindo será o que Helena nos irá contando. A narración é fragmentaria, coa asociación subxectiva de lembranzas entrelazadas.
Ángel Basanta define esta obra como unha “novela lírica de amor e morte”. Un relato que achega ao autor á súa infancia na localidade de Beiro. Unha obra moi fermosa, como din na editorial Galaxia “un canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida e da memoria”.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: de 15 a 19 de maio 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25508.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello de 15 a 19 de maio:

Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo
Luns 15 de maio:
- 10:20 h. - 1º A e B e 2º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós)
"Festas en Lonxedetodo", a cargo da Compañía Trinke Trinke.

Xoves 18 de maio:
- 1ª sesión: 9:20 - 4º A e B de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 10:40 - 4º C de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"As laranxas máis laranxas", a cargo de Soledad Felloza.

Venres 19 de maio:
- 1ª sesión: 9:20 - 3º A e B de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 10:40 - 3º C e D de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"As laranxas máis laranxas", a cargo de Soledad Felloza.

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Martes 16 de maio:
- 10:10 h. - 2º A e B de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Festas en Lonxedetodo", a cargo da Compañía Trinke Trinke.

Xoves 18 de maio:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 5 anos A e B do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
- 2ª sesión: 11:00 h. - 1º A e B de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (santa Cruz)
"Festas en Lonxedetodo", a cargo da Compañía Trinke Trinke.

Venres 19 de maio:
- 1ª sesión: 10:30 h. - 5 anos A e B de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
- 2ª sesión: 11:50 h. - 1º A e B de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
"Festas en Lonxedetodo", a cargo da Compañía Trinke Trinke.

Na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Martes 16 de maio:
- 10:10 h. - 4º A de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Sensacións debuxadas", a cargo de Manel Cráneo.

Xoves 18 de maio:
- 10:10 h. - 4º B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Sensacións debuxadas", a cargo de Manel Cráneo.

Venres 19 de maio:
- 10:10 h. - 4º C de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Sensacións debuxadas", a cargo de Manel Cráneo.

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

8/5/17

Tertulia literaria en Santa Cruz: 8 maio 2016. Remate da tempada 2016-2017

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://fundacioncarloscasares.org/biografia/Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
18 a 19,30 h.

Comentario de "O sol do verán" de Carlos Casares

Con esta sesión remata a tempada 2016-2017 na tertulia literaria en Santa Cruz. Queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron nesta actividade ao longo destos 8 meses.