Na Biblioteca Central Rialeda
- 1ª sesión: 10,45 h. - 1º A de ESO
- 2ª sesión: 12,30 h. - 1º B e C de ESO
"Xeografía do imaxinario: contos e lendas da mitoloxía galega", a cargo de Soledad Felloza, trátase da narración de mitos e lendas galegas: trasnos, mouras... “Galicia ten un mapa que ás veces non se ve: un mapa que necesita que o volvan a contar porque se non, vaise borrar".
Actividade dirixida ao alumnado do I.E.S. Neira Vilas.
26/2/16
Recomendacións en Radioleiros: 26 de febreiro 2016
- Infantil (de 10 a 12 anos):
"A chamada da selva" de Jack London en Xerais.
Buck, can de vida tranquila, vese metido nunha nova andaina tras ser roubado da súa casa. No 1894, Alaska e o ouro son a motivación de moitos homes. Buck e outros cans formarán parte dela tendo que aprender a sobrevivir con forza e intelixencia. Diferentes donos, adversidades, fames, pelexas, frío e centos de millas tirando da carga. Unha auténtica viaxe por un mundo primitivo entre o XIX e o XX.
Jack London (1876-1916), foi entre outros oficios, mariñeiro e buscador de ouro. Autor de varios libros e ducias de relatos, escribiu textos de gran plasticidade e moita emoción, con fonda preocupación social.

- Mozos-as e adultos-as:
"El balcón en invierno" de Luis Landero, editado por Tusquets.
Comeza no 1964 co pai recén falecido e o autor con dezaseis anos. Familia de labregos do sur que venderá un anaco da propiedade para comprar un piso en Madrid. Interno ao oito anos, mozo de recados dun ultramarinos que abastecía a familias con cartos e aprendiz de mecánico antes de interesarse pola guitarra e posteriormente ser escritor da man das lecturas dun profesor de academia.
Lembranza do pobo dos avós: comida, animais, supersticións, oficios ben coñecidos (madeira, esparto, pizarra…) mesturado todo coa experiencia urbana. Dous mundos que se superpoñen á vez que o tempo corre adiante a atrás.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
24/2/16
25 febreiro 2016: Presentación de "O soño de Xoán" de Farruco Graña en Santa Cruz
Data e hora: xoves 25 de febreiro ás 19 h.
Farruco Graña é un escritor galego natural de Carballo, que actualmente reside en Ribadeo e traballa como profesor de filosofía nun instituto de Tapia de Casarego en Asturias.
No acto intervirán o autor e a profesora de lingua e literatura galegas Rosa García Vilariño.
"O soño de Xoán" é unha novela que trata sobre as peripecias de Xoán Lourido, un mozo ribadense afeccionado á astronomía, no Ribadeo do século XVII. O protagonista consegue unha copia do “Somnium” de Kepler e a partir dela, escribe a recreación dunha viaxe de ida e volta á Lúa desde o Monte de Santa Cruz. O seu interese pola astronomía acaba traéndolle problemas co Santo Oficio, xa que un inquisidor con orixes na zona pretende facer méritos ante outros colegas e as informacións que lle chegan con respecto a Xoán Lourido fan que lle bote o ollo para procesalo por bruxería e por ter lecturas contrarias á fe.

Hora do conto: de 22 a 26 de febreiro 2016
Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 22 de febreiro
Para nenas-os de 1 a 4 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Triquitrake / Traquetriki”
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 23 de febreiro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULO: “A vida é un Antroido moi molón”
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 24 de febreiro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULO: “Meigallo de contos”
Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 25 de febreiro
Para nenas-os de 3 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
CONTACONTOS: Leo Leíño
TÍTULO: “Maxia cómica”
Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
AVISO: Anulada a sesión por circunstancias alleas á biblioteca!!!
Para nenas-os de 1 a 4 anos
Xoves 25 de febreiro
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Brumm!”
Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 26 de febreiro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Rato Fuco de Trinke - Trinke
TÍTULO: “Cueiros de Coreso”

23/2/16
Tertulia literaria en Rialeda: 24 febreiro 2016 (Grupo B)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario de "Charlotte" de David Foenkinos.
Documentación
A seguinte obra programada é "La mujer de un solo hombre" de A. S. A. Harrison.

Aviso: Biblioteca "Manuel María" de Oleiros pechada temporalmente polas mañás
A Biblioteca Pública Municipal "Manuel María" de Oleiros permanecerá pechada ao público no horario de mañá do 23 ao 27 de febreiro ambos inclusive.
O horario de apertura durante estas datas será polas tardes, de luns a venres e de 16 a 20 horas.
Pregamos desculpen as molestias.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
15:39
No hay comentarios:
Etiquetas:
Aviso urxente,
Avisos,
Biblioteca de Oleiros
Suscribirse a:
Entradas (Atom)