10/2/24

"Os libros tamén se disfrazan", na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)

"Os libros tamén se disfrazan", na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Se por algo se distingue o Entroido é porque é tempo de festa, de máscaras e disfraces.

Pois os nosos libros tamén decidiron que queren festa!!!, así que nos apareceron algúns disfrazados, agora se queremos prestalos tes que ser ti a-o que cando o devolvas nos digas se che gustaron e cales levaches…..

Do 12 a 16 de febreiro, para as usuarias-os  que visiten a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) durante eses días.

Hora do conto: 15 de febreiro de 2024

Hora do conto: 15 de febreiro de 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza.
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.
 

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 15 de febreiro, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Babá bebé”
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín

 

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Actividades de promoción da lectura: 15 de febreiro 2024

Actividades de promoción da lectura: 15 de febreiro 2024
Programa de actividades de promoción da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 15 de febreiro:

Xoves 15 de febreiro:
 - 10:15 e 11:45 alumnado de 2º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Avó" con Ramiro Neira.

9/2/24

Recomendacións en Radioleiros: 9 febreiro 2024

Recomendacións en Radioleiros: 9 febreiro 2024
"Un ovo de lobo" de Txabi Arnal. Ilustrado por Tesa- Infantil:
"Un ovo de lobo" de Txabi Arnal. Ilustrado por Tesa. Editado por Triqueta.
Divertida historia dun lobo que constrúe o seu niño na oitava rama dun castiñeiro porque ten mellores vistas.
Magníficas ilustracións para lectoras-es a partir dos seis anos.


"Maddi y las fronteras" de Edurne Portela- Mocidade e persoas adultas:
"Maddi y las fronteras" de Edurne Portela. En Galaxia Gutenberg.

Versión dixital en eBiblio

Personaxe real, María Josefa Sansberro (Maddi) administrou un hotel nos anos trinta na fronteira entre España e Francia. Contrabandista e mugalari, morreu nun campo de concentración por ter colaborado coa Resistencia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

8/2/24

Entroido 2024 en Bibloleiros

Entroido 2024 en Bibloleiros
- Obradoiros de máscaras dirixidos a nenas e nenos a partir de 6 anos.
- Máximo de participantes en cada obradoiro: 20
- Duración: 90´
- Hora: 17:30 h.
- Aforo limitado: imprescindible inscribirse na biblioteca na que desexes participar. Podes facelo telefonicamente ou achegándote á biblioteca correspondente. O prazo para inscribirse ábrese 10 días antes da data de realización da actividade.

Luns 5 de febreiro: Máscaras de animais
Tlf.: 981 626 638



Martes 6 de febreiro: Máscaras do entroido tradicional galego Aforo completo!!!
Tlf.: 981 610 700

Mércores 7 de febreiro: Máscaras do entroido tradicional galego Aforo completo!!!
Tlf.: 981 626 338

Xoves 8 de febreiro: Máscaras do entroido tradicional galego
Tlf.: 981 618 201

Xoves 8 de febreiro: Máscaras de personaxes de contos infantís Aforo completo!!!
Tlf.: 981 639 511

Venres 9 de febreiro: Máscaras de personaxes de cómic Aforo completo!!!
Tlf.: 981 664 257

Venres 9 de febreiro: Máscaras de personaxes de contos infantís Aforo completo!!!
Tlf.: 981 628 507
Aviso
A persoa adulta responsable de cada unha das crianzas deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Actividades de promoción da lectura: 6 a 8 de febreiro 2024

Actividades de promoción da lectura: 6 a 8 de febreiro 2024
Programa de actividades de promoción da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 6 a 8 de febreiro:

Martes 6 de febreiro:
- 10:20 alumnado de 1º e 11:40 de 2º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Non teño medo" con Galeatro.
Mércores 7 de febreiro:
 - 10:20 alumnado de 4º e 11:40 de 5º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
"As aventuras de Mariña" con Galeatro.
Xoves 8 de febreiro:
- 10:20: alumnado de 6º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
"As aventuras de Mariña" con Galeatro.

Mércores 7 de febreiro:
 - 10:15 alumnado de 2º de EP do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"Cantos contos canto" con Pablo Díaz.

Mércores 7 de febreiro:
 - 10:15 alumnado de 6º: "Sorpresa" e 11:20 alumnado de 5º: "Os libros da titiriteira" do CEIP Rabadeira (Oleiros) con A Xanela do Maxín.

4/2/24

Tertulia literaria en Mera: luns 5 febreiro 2024 (Grupo A)

Biblioteca "María José Trincado". Mera.
19 a 20:30 h.

Sesión moderada por Rosa García Vilariño, profesora xubilada de lingua e literatura galegas.

Comentario de "Antoloxía do conto galego: século XX".
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "El colibrí" de Sandro Veronesi.