9/11/19

Hora do conto e actividades infantís de dinamización á lectura que promoven a igualdade: 11 a 15 de novembro 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-30738.pdf
Prazas limitadas: imprescindible reservar con 10 días de antelación

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda (tfno.: 981 626 638) 
Luns 11 de novembro, ás 18:30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos 
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Xa verás!”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros (tfno.: 981 610 700)  
Martes 12 de novembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos  
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Contos dos lugares sen outono: historias tradicionais dos países na liña do Ecuador”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz (tfno.: 981 626 338)
Mércores 13 de novembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Contos vellos, contos finais”

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé (tfno.: 981 618 201) 
Xoves 14 de novembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 3 anos
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Contos de medo que deixan durmir” 

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (tfno.: 981 639 511) 
Xoves 14 de novembro, ás 18,30 h. 
Para nenas-os a partir de 4 anos 
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “Cueiros de cores” 

8/11/19

Recomendacións en Radioleiros: 8 novembro 2019

https://youtu.be/KsxrLkfJzLE
- Infantil (a partir de 5 anos):

Gotita, escrito e ilustrado por Stéphanie Joire e Laura Fanelli
Juventud

Un fermoso álbum que nos presenta unha gota de auga que marcha de viaxe, polo que se desprende da nube e cae lentamente. O vento faina bailar, xirar e cun raio de sol transfórmase nun arco da vella. Cae nunha cometa, choca contra un paraugas, salpica a unha bailarina...

Un libro coas páxinas en forma de acordeón, un texto imaxinativo e rítmico, e unhas bonitas e coloridas ilustracións, que nos describe todo o que lle acontece a unha gota de auga.

Segundo a editorial a paixón das autoras pola arte como elemento pedagóxico maniféstase neste álbum lúdico e poético, algo ideal para ter un primeiro acercamento ao ciclo natural da auga.

É unha obra que dunha forma moi sinxela lles explica ás nenas e nenos máis pequenos o ciclo da auga, fálalles do medio ambiente e ponos en contacto coa ecoloxía.

- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1441332&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLETempo fósil, de Pilar Pallarés
Chan da Pólvora
Premio Nacional de Poesía en 2019 e Premio da Crítica en 2018

Pilar Pallarés é unha das voces máis singulares da poesía galega actual.

Unha magnífica obra, moi ben editada, na que reflexiona sobre a perda e a destrución, a partir da súa propia experiencia persoal, tras vivir o derribo da casa familiar a causa da ampliación do aeroporto de Alvedro. Fala da aniquilación dos soños dunha familia, pero tamén é sobre a derrota dos soños dunha clase social.

O xurado elixiuna "por transmitir con profunda sabedoría e emoción, a un tempo lúcida e desgarrada, a experiencia da perda e da destrución do vivido, do que nos configura, desde unha conciencia da paisaxe como un corpo vivo".

Comezou a escribila a finais do 2011, cando a ampliación do aeroporto de Alvedro derribou a casa que o pai construíra coas súas propias mans e na que colaboraran todos os membros da familia. No primeiro poema menciona diversas árbores e plantas que había na horta e que desapareceron co derribo. No segundo fálanos dos ósos de animais domésticos pertencentes á familia que estaban enterrados na finca e que quedaron mesturados cos demais restos. Segundo di a autora, nunha entrevista publicada en Sermos Galiza “Os poemas ficaron alí (estes dous dos que falamos) e un ano ou dous despois escribín o terceiro. A partir de aí, lentamente, continúo o libro. A destrución da casa é un punto de partida e vaise mesturando cun proceso de aniquilación dunha familia moi pequena...”.

Vemos como a obra medrou arredor do lugar, da familia e da imposibilidade de deixar pegadas. Fala do paso do tempo e sente a aniquilación como unha cuestión colectiva.

Noutra entrevista que lle realizou El Ideal Gallego di “É un libro que case nin tiña pensado publicar e fala dun tema que me obsesiona: a posibilidade de que algo poida pervivir”. “O tempo sempre está na miña poesía, tamén a fugacidade e a capacidade que ten a natureza de destruírse e rexenerarse. Son moi pesimista con respecto á destrución do planeta, é o que máis me preocupa nestes momentos”, e recoñece “ter unha consciencia da morte desde a súa infancia e que marcou parte da súa poesía”.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

5/11/19

Tertulia literaria en Rialeda: 6 novembro 2019 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-30999.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de Os fillos do lume, de Pedro Feijoo
Coa colaboración da catedrática de Lingua e Literatura Galegas Rosa García Vilariño.
Documentación

Seguinte lectura: Madres e hijas, de Laura Freixas