22/4/22

Presentación de "Travesías del sentir" de Ana de las Heras: 28 de abril

No Teatro As Torres (Santa Cruz), o xoves 28 de abril, ás 20 h., terá lugar a presentación do libro "Travesías del sentir" de Ana de las Heras.

Na presentación intervirán a autora xunto coa escritora Silvia Salgado.

"Travesías del sentir" é un libro de relatos curtos cheos de humor e maxia, que narran o cotián dunha maneira entrañable e sinxela, descubrindo a grandeza da vida nos pequenos detalles. Levándonos, a través do sentir, a conectar con nós e coa vida, rescatando do esquecemento o esencial.

Ana de las Heras é natural de Madrid, pero veciña do municipio de Oleiros. Enxeñeira Industrial pola Universidade Politécnica de Madrid, con postgrado en control de Procesos e Loxística. Máis de trinta anos da súa vida pasounos entre números, proxectos de enxeñaría, planificación e xestión da cadea de subministro.
Actualmente cambiou os números polas letras, espertando a súa parte creativa. A recuperación dunha operación cirúrxica levouna a dar longos paseos, a través dos que se conectou de novo consigo mesma e coa Natureza.

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo permitido, para que gocen coa palabra e coa música.

Hora do conto e actividades infantís: 25 a 29 de abril 2022

- Hora do conto para nenas e nenos a partir de 6 anos.
Todas as sesións serán ás 18:30 h.
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas.
 
Luns 25 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638
CONTACONTOS: Proyecto Bululú
TÍTULO: “O lobiño Carapuchiño"
 
Mércores 27 de abril
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Iván Davila
TÍTULO: “Animais artistas e outras cousiñas"
 
Xoves 28 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201
CONTACONTOS: Galeatro
TÍTULO: “Entre bechos anda o conto"
 
Xoves 28 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
TÍTULO: “Irene en América Central" 
 
Venres 29 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257
CONTACONTOS: Lía Magalia
TÍTULO: “A vella na botella"
 
                                                       AVISOS

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 27 abril 2022 (Grupo B)

Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17:30 a 19:30 h.

Comentario de Y llovieron pájaros, de Jocelyne Saucier
Documentación

Seguinte lectura: Beleza vermella, de Arantza Portabales

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 26 abril 2022 (Grupo B)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17:30 a 19 h.

Comentario de "La herencia" de Vigdis Hjorth
Documentación

Seguinte lectura: "Poetízate: antoloxía da poesía galega" de Fran Alonso

Recomendacións en Radioleiros: 22 abril 2022

- Xuvenil (a partir de 11 anos):

A cidade do átomo, de Iria Misa
Xerais

IV Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade.

Publicada en setembro do 2021, cóntanos que tras a explosión no reactor 4 da planta nuclear de Chernóbil todo semella inerte na cidade do átomo. Desde a súa evacuación, Prípiat é unha cidade en ruínas que os pequenos e as pequenas, ante a ausencia de adultos/as, se afanan por manter en funcionamento. Todos agás Lena Petrov, diferente e solitaria, que non é quen de atopar o seu lugar entre as rúas e edificios baleiros. Non hai nin rastro da súa mellor amiga, Svetlana, e agarda con ansia o regreso da súa nai. Tan só o enigmático Máscara parece adaptarse tan mal coma ela á nova orde das cousas. Que segredo agochará?

Esta historia está contextualizada xusto despois de que explotara o reactor 4 da Central de Chernóbil, en Prípiat, unha cidade fantasma na zona de exclusión de Chernóbil, ao norte de Ucrania, na rexión de Kiev, cerca da fronteira con Bielorrusia. A cidade, próxima á central nuclear, sufriu os efectos directos do accidente nuclear do 26 de abril de 1986, e os seus habitantes tiveron que ser evacuados para protexelos da enorme radiación. A maioría dos habitantes foron evacuados das súas casas para protexelos da enorme radiación. Todos os animais, tanto domésticos como salvaxes, deberon ser abandonados para evitar que transportasen radiación no seu pelo cara a zonas non afectadas.


Unha obra de intriga e aventuras, cunha conmovedora ficción histórica, que recomendamos para nenas e nenos a partir de 11 anos.

- Mozas/os e adultas/os:

Poesía reunida, de Ida Vitale
Tusquets

Ida Vitale é unha escritora uruguaia que recibiu o Premio Cervantes en 2018. Concedéronlle este galardón pola súa boa utilización da linguaxe, recoñecéndolle unha traxectoria poética, intelectual, crítica e tradutora de primeira orde, contribuíndo con toda a súa obra ao legado da literatura hispanoamericana.

Membro do movemento artístico denominado “Xeración do 45” ou “Xeración crítica”. Inscríbese na tradición das vangardas históricas latinoamericanas. Considérana unha representante da poesía esencialista. Para esta autora “o poema é a interrupción nobre do silencio”.

Este libro compila os seguintes títulos: Antepenúltimos (son 12 poemas que no momento desta edición aínda non estaban publicados nun libro autónomo e que o editor literario os recolleu da antoloxía Todo de pronto es nada), Mínimas de aguanieve, Mella y criba, Trema, Reducción del infinito, Procura de lo imposible, De léxico de afinidades, Sueños de la constancia, Jardín de sílice, Oidor andante, Cada uno en su noche, Palabra dada, La luz en esta memoria.

Son 491 páxinas nas que podemos ler a unha poeta moderna que cre fortemente no poder da linguaxe, e que ten unha profunda fe na poesía. Nunha entrevista a autora explicaba: “Según Nietzsche, los dioses han muerto” e engadía “pero no del todo si existe la poesía”.


Estamos ante unha das escritoras máis importantes da nosa época e unha das voces máis ricas.

Fortuna

Por años, disfrutar del error
y de su enmienda,
haber podido hablar, caminar libre,
no existir mutilada,
no entrar o sí en iglesias,
leer, oír la música querida,
ser en la noche un ser como en el día.
No ser casada en un negocio,
medida en cabras,
sufrir gobierno de parientes
o legal lapidación.
No desfilar ya nunca
y no admitir palabras
que pongan en la sangre
limaduras de hierro.
Descubrir por ti misma
otro ser no previsto
en el puente de la mirada.
Ser humano y mujer, ni más ni menos.

En: Trema

Actividades de promoción da lectura: 25 a 29 de abril 2022

Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 25 a 29 de abril:
 
Luns 25 de abril:
- 10:30 e 11:50: alumnas-os de 4º de Primaria do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Hércules e o xigante" con Quique.
Martes 26 de abril:
- 10:30 e 11:50: alumnas-os de 5º de Primaria do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Hércules e o xigante" con Quique.
Mércores 27 de abril:
- 10:30: alumnas-os de 5º de Primaria do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Hércules e o xigante" con Quique.
Venres 29 de abril:
- 10:15 e 11:45: alumnas-os de 4º de Primaria do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Animaliños" con Ramiro Neira.
 
Xoves 28 de abril:
- 10:20: alumnas-os de 5º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Aproximación á ilustración" con Óscar Villán.

21/4/22

"En abril, libros mil" Día do Libro nas Bibliotecas de Oleiros

Diferentes actividades nas sete bibliotecas para celebrar o Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor/a. Escolle a túa!

"Ao faro". Ruta literaria pola costa de Mera coa escritora Silvia Salgado
22 de abril ás 10:30 h. Saída da Biblioteca Municipal Mª José Trincado de Mera.
Camiñarase polo paseo marítimo e pola costa, con paradas e lecturas en voz alta e comentadas, ata chegar aos faros de Mera.
Aforo limitado (15 persoas). Reservar plaza na Biblioteca Rialeda (tfno. 981 639511)

Presentación da obra "Travesías del sentir" de Ana de las Heras
28 de abril ás 20 h. Teatro As Torres de Santa Cruz.
Coa presenza da autora acompañada da escritora Silvia Salgado.
"Travesías del sentir" é un libro de relatos curtos cheos de humor e maxia, que narran o cotián dunha maneira entrañable e sinxela, descubrindo a grandeza da vida nos pequenos detalles.
Entrada libre ata completar aforo.

Actividades de fomento da lectura para o alumnado dos centros de ensino: 

Do 20 ao 29 de abril realizaranse diferentes actividades de fomento da lectura dirixidas ao alumnado dos centros de ensino público deste municipio, co obxectivo de fomentar a lectura, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos seus respectivos centros de ensino. Levaranse a cabo na Biblioteca Central Rialeda, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz e no Teatro As Torres.
Contacontos con Lía Magalia e Ramiro Neira, cos espectáculos “As fadas verdes” e “Animaliños”.
Charlas sobre o proceso da ilustración cos ilustradores Enrique López e Óscar Villán.
Enrique López, arquitecto e ilustrador, autor de “Hércules e o xigante: Unha torre de lenda”, achegará ao alumnado historias sobre a Torre de Hércules e falará do seu proceso de construción.
Óscar Villán, ilustrador que recibiu o Premio Nacional de Ilustración en 1999 pola súa obra “O coelliño branco”, falará do proceso de creación dun libro.
Isabel Andrés, poeta e profesora da Universidade de Salamanca, provocará a reflexión en torno ao humor nos textos humorísticos en “Pártome e móndome” e en “O bo, si breve” descubrirá como se pode facer literatura desde a brevidade.

Actividades para público infantil: 

Para nenas e nenos a partir de 6 anos. Todas se realizarán ás 18:30 h. Aforo limitado. Imprescindible reserva na biblioteca ou chamando por teléfono.

19 de abril: Biblioteca "Manuel María". Oleiros
"Irene no Sahara" con Solidariedade Internacional de Galicia

20 de abril: Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
"A biblioteca máxica" con Ramiro Neira

21 de abril: Biblioteca Central Rialeda. Perillo
"Libros nos petos" con Ana Carreira

22 de abril: Biblioteca "Mª José Trincado". Mera
"Irene nos Andes" con Solidariedade Internacional de Galicia

25 de abril: Biblioteca "Mª José Ruso". Dorneda
"O lobiño Carapuchiño" con Proyecto Bululú

27 de abril: Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
"Animais artistas e outras cousiñas" con Iván Davila

28 de abril: Biblioteca "Xograr Mendiño". Lorbé
"Entre bechos anda o conto" con Galeatro

28 de abril: Biblioteca Central Rialeda. Perillo
"Irene en América Central" con Solidariedade Internacional de Galicia

29 de abril: Biblioteca "Ánxel Fole". Nós
"A vella na botella" con Lía Magalia

Outras actividades para todos os públicos:

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz:
- "Cita a cegas con grandes autores e autoras". Libros "ocultos" para lectoras e lectores intrépidos. Non saberás o que levas ata que chegues a casa.

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera:
- "A bagaxe da vida". Mostra literaria monográfica dedicada a obras sobre vidas e experiencias doutras persoas.
- "Os meus preferidos". Exposición con recomendacións das lecturas de nenas e nenos.

Biblioteca "Manuel María". Oleiros:
- "E ti... que les?". Fai as túas recomendacións para compartilas na biblioteca.

Biblioteca "Ánxel Fole". Nós:
- "En abril un libro para ler de contado". Exposición bibliográfica con suxestións para todas as idades.

Biblioteca "Mª José Ruso". Dorneda
:
- Recomendacións con emojis. Para toda a cativada.
- Mostra "O libro estaba mellor?". Novelas coas súas adaptacións cinematográficas.

Asimesmo todas as bibliotecas ofrecerán diferentes modelos de marcapáxinas para colorear xunto con divertidos pasatempos.

19/4/22

22 de abril: "Ao faro". Ruta literaria pola costa de Mera con Silvia Salgado

Venres 22 de abril, a partir das 10:30 h.
Saída desde a Biblioteca Municipal "María José Trincado" de Mera

Camiñarase polo paseo marítimo e pola costa, con paradas e lecturas en voz alta e comentadas, ata chegar aos faros de Mera.

Aforo limitado a 15 persoas. Imprescindible reservar praza na Biblioteca Central Rialeda (teléfono: 981639511)

Actividade dirixida a persoas ás que lles guste camiñar, con inquietudes pola literatura e a fotografía.

Falarase de literatura e de fotografía:
Do diálogo que se pode establecer entre esas dúas disciplinas artísticas e tamén de como a literatura nos achega dunha maneira particular a unha obra e ao mundo nela contido.
Da beleza da paisaxe e o seu protagonismo en moitas historias.
Camiñaremos e lembrarémonos de Sofía Casanova.
Da fascinación artística que sentiron, en direccións opostas, algúns escritores e escritoras.
Do proceso de creación da súa obra "Si te vuelves invierno", na que ten moita importancia a localidade de Mera.

Leranse fragmentos e poemas de:
Vicente Risco (Da medida das cousas, publicado en Leria).
Sofía Casanova  (Quiero Galicia en tu adorado seno, do poema Anhelo)
Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra)
Virginia Wolf (Al faro)
Edgar Allan Poe (El faro)
Ray Bradbury (La sirena en la niebla)
Jazmina Barrera (Cuaderno de faros)
Jeanette Winterson (La niña del faro)

Silvia Salgado é veciña do municipio de Oleiros, licenciada en Ciencias políticas pola UAB. Ten un posgrado en Xornalismo acreditado pola Universidade Columbia de Nova York. Compaxinou o seu traballo en comunicación e recursos humanos coa súa paixón pola escritura. Obras dela publicadas son: "Si te vuelves invierno", "Mientras hilan las mariposas", "La aldea" e "El intermedio que somos" e o conto infantil "Cuéntame un cuento, yo te lo pinto".

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo permitido, para que gocen coa palabra e coa paisaxe desta fermosa localidade.
Acompañádenos! Agardámosvos!

Presentación de “Queendom" de Carlos Colino: 21 de abril

No Teatro As Torres (Santa Cruz), o xoves 21 de abril, ás 20:00.
Intervirán: o autor Carlos Colino, o profesor Daniel Doval e o xornalista Fernando Molezún.

"Queendom" é unha obra de teatro musical baseada na vida de Xesús de Nazaret. Narra os momentos máis importantes dos evanxeos acompañados coa música do famoso grupo británico Queen. Unha obra para que o lector ou lectora, crentes ou non, comprendan mellor a mensaxe de Xesús, unida á potente e fermosa música deste grupo.  
Naceu como un proxecto docente para implicar ao alumnado adolescente, pero que transcendeu do ámbito escolar para converterse nun libro.
Carlos Colino Gallego é veciño do municipio de Oleiros. Estudou Maxisterio e Estudos Teatrais e Psicopedagoxía na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Exerce como docente no colexio Santa María del Mar. No ano 2001, neste centro creou un grupo de teatro con alumnado, chegando a montar diversos musicais.
 
En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte ao COVID-19, será obrigatorio asistir con máscara, así como atender ás indicacións e normas da organización.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo permitido, para que gocen coa palabra e coa música.

Actividades de promoción da lectura: 20 a 22 de abril 2022

Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 20 a 22 de abril:
 
Xoves 21 de abril:
- 10:30 e 11:45: alumnas-os de 2º de Primaria do CEIP Juana de Vega (Nós).
"As fadas verdes" con Lía Magalia.
 
Mércores 20 de abril:
- 10:40: alumnas-os de 5º de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Hércules e o xigante" con Quique.
Xoves 21 de abril:
- 9:00: alumnas-os de 4º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"O bo se breve" a cargo de Isabel Andrés
- 11:30: alumnas-os de 1º de Bacharelato do IES Neira Vilas (Perillo).
"Pártome e móndome" a cargo de Isabel Andrés
Venres 22 de abril:
- 11:30: alumnas-os de 3º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"O bo se breve" a cargo de Isabel Andrés.

Hora do conto e actividades infantís: 19 a 22 de abril 2022

- Hora do conto para nenas e nenos a partir de 6 anos.
-Todas as sesións serán ás 18:30 h.
-Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas.
 
Martes 19 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700
TÍTULO: “Irene no Sahara"

Mércores 20 de abril
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “A biblioteca máxica"
 
Xoves 21 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Libros nos petos"

Venres 22 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507
TÍTULO: “Irene nos Andes"
 
                                                       AVISOS

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.