- Infantil-xuvenil:
"Irene en Senegal", adaptación dos contos, textos e actividades de David Puigmartí i Carulla, Jessica Núñez Rego e Eva Molares Marín; ilustracións de Alicia Suárez Otero. Editado por Solidariedade Internacional Galicia.

Versión pdf
Esta é a historia de Irene, unha rapaza cunha vida algo diferente á de moitas nenas e nenos, porque a súa nai e pai son cooperantes dunha ONG, Solidariedade Internacional, polo que viaxa polo mundo aprendendo e vivindo moitísimas experiencias que son as que nos vai ir relatando. Neste conto, Irene chegará ao continente africano, concretamente a Senegal, país do que nos contará cousas moi interesantes: o idioma, os seus costumes e tamén algunha das lendas que as persoas de máis idade difunden entre as-os máis pequenas-os. Un libro do que disfrutarán e aprenderán pequenas-os e maiores e que ademáis dará pé a reflexionar en familia sobre as diferenzas, os movementos migratorios e as súas causas.

- Mozas-os e adultas-os:
"Mejillones para cenar" de Birgit Vanderbeke. En Emecé.
A historia empeza cunha escena aparentemente familiar: unha nai e dous fillos esperando na mesa a chegada do pai para cear. Esa noite hai mexillóns, o prato favorito del. Pero ese día sucede algo “anormal”, o pai chega tarde, algo totalmente inusual.
A partir desa anomalía, desátase unha pequena rebelión cara a figura paterna. Pouco a pouco, o silencio vai deixando paso a comentarios nos que nai e fillos vanse liberando emocionalmente. Novela aparentemente sinxela, breve, con moi bo ritmo e cun contido moi, moi profundo e cun final tan impactante como inesperado.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.