2/4/11

Comeza o 3º trimestre na Tertulia Literaria de Santa Cruz

Entramos na recta final da Tertulia Literaria na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Facilitamos as datas e titulos corresponentes aos meses de abril a xuño. - 4 de abril: entrega de "A illa do tesouro" de Robert Louis Stevenson - 18 de abril: entrega de "Una habitación propia" de Virginia Woolf - 2 de maio: entrega de "Podría hacerte daño" de Luisa Castro - 16 de maio: entrega de "Narcos" de Carlos G. Reigosa - 30 de maio: entrega de "Vida con Picasso" de Françoise Gilot - 13 de xuño: remate da tempada Máis información sobre os títulos programados

Comeza o 3º trimestre na Tertulia Literaria de Rialeda

Entramos na recta final da Tertulia Literaria na Biblioteca Central Rialeda. Facilitamos as datas e titulos correspondentes aos meses de abril a xuño.

Grupo A:

- 6 de abril: entrega de "La fiesta del chivo" de Mario Vargas Llosa

- 4 de maio: entrega de "Os outros feirantes" de Álvaro Cunqueiro

- 18 de maio: entrega de "Tierra desacostumbrada" de Jhumpa Lahiri ; Celebración das Letras Galegas coa obra poética de Lois Pereiro

- 1 de xuño: remate da tempada

*o día 20 de abril non hai tertulia ao coincidir coa Semana Santa.


Grupo B:


- 13 de abril: entrega de "Non me deixes nunca" de Kazuo Ishiguro

- 27 de abril: entrega de "A sangre fría" de Truman Capote ; Celebración do Día do Libro

- 11 de maio: entrega de "Merlín e familia" de Álvaro Cunqueiro

- 25 de maio: entrega de "La soledad de los números primos" de Paolo Giordano ; Celebración das Letras Galegas coa obra poética de Lois Pereiro

- 8 de xuño: remate da tempada

1/4/11

Tertulia literaria en Santa Cruz: 4 de abril

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: de 18,30 a 20 h.



Obras de Marta Rivera de la Cruz nas nosas bibliotecas.

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil en Mera

Na Biblioteca de Mera

Datas: do 4 ao 8 de abril


Cada ano, o IBBY (International Board on Books for Young People) celebra o 2 de abril o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, para conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Cada ano é un país membro desta Organización Internacional o encargado de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo. Para 2011, a sección de Estonia difunde o cartel de Jüri Mildeberg e a mensaxe da escritora Aino Pervik.

Ven á biblioteca de Mera e se levas algún préstamo para a túa casa, recibirás unha folla da nosa Árbore Lectora. Unha vez que a pintes ao teu gusto pasará a formar parte da súa copa. Cada folla representa a un xoven lector.


ACHÉGATE Á BIBLIOTECA E FAITE VER !!!

Recomendacións en Radioleiros: 1 de abril

Logo Recomendacións en RadioleirosTítulos recomendados o venres 1 de abril:

- Infantil (nenos/as a partir de 8 anos): "La señora de los libros" de Heather Henson, ilustrado por David Small, en Juventud
La señora de los libros
Cal e a súa familia viven nunha granxa remota das montañas. Nin el nin os seus irmáns poden ir á escola porque está moi lonxe, pero cada quince días, vaia o tempo que vaia, a señora dos libros ven na súa egua coas alforxas cheas de libros...

- MoCuberta do libro Salir a robar caballoszos-as e adultos-as: "Salir a robar caballos" de Per Petterson, editado por Bruguera.

O último verán que Trond e o seu pai pasaron xuntos, el tiña 15 anos. Deixaran a súa casa en Oslo para instalarse nunha cabana en plena natureza. Pasaron uns días cheos de complicidade, pero a fin do verán agochaba unha sorpresa...


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Mes do Libro na Biblioteca de Montrove

Biblioteca de Montrove Durante todo o mes (luns a venres de 16 a 20 h.) Presentamos unha Exposición bibliográfica adicada a Hans Christian Andersen, William Shakespeare e Miguel de Cervantes. Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) e o Día Mundial do Libro (23 de abril) agasallaráse a todas as persoas que pasen durante este mes cun título. Os nenos e nenas que o desexen poden colaborar cun debuxo, unha poesía ou un conto para a elaboración dun libro que se expoñerá nesta biblioteca. Esperámosche!

30/3/11

Ler para saber A CIENCIA: 1 de abril

Logo de ler para saberEsperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 1 de abril ás 18,30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
Andrea Serra e Ana Gómez, alumnas do Colexio Público Valle-Inclán de Perillo, falarán sobre "O son" previamente á charla “Remedios populares: serven os mexos para curar as picaduras de medusas?” a cargo de Francisco Doménech Casteleiro, químico e responsable da páxina dos Museos Científicos Coruñeses.
Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.

Día Internacional do Libro Infantil na Biblioteca de Nós

Un préstamo, un premioSorteo en conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil:
O día 29 de marzo de 2011, na Biblioteca Ánxel Fole de Nós, dará comenzo a campaña de “Un préstamo, un premio”.O Día Internacional do Libro Infantil nas Bibliotecas de Oleiros
Consiste en que cada usuario/a que utilice o carné de préstamo
entra nun sorteo dalgún dos premios expostos na Biblioteca.
Non o perdas!!!: a campaña durará unha semana: dende o martes 29 de marzo ata o martes 5 de abril.

29/3/11

Día Internacional do Libro Infantil na Biblioteca de Lorbé

Na Biblioteca de Lorbé
Do 31 de marzo ao 15 de abril


Celebraremos o Día Internacional do Libro Infantil cunha pequena exposición dos títulos que conseguiran importantes galardóns como o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e os Premios Andersen.


Os nenos e nenas que acudan a biblioteca poderán elixir o mellor libro infantil e xuvenil e participar no noso concurso de debuxos "Qué é para ti un libro?".

28/3/11

Día Mundial do Teatro na Biblioteca de Lorbé

Na Biblioteca de Lorbé
Do 23 ata o 31 de marzo

Co gallo do Día Mundial do Teatro, realizaránse lecturas en grupo de obras dramáticas, dándolle especial importancia á obra "O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca" de Álvaro Cunqueiro.

Na biblioteca exporáse unha selección de fondos relacionados.

Tertulia literaria en Rialeda: 30 de marzo (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)

Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "Enderezo descoñecido / Paradero desconocido" de Kressmann Taylor.

Documentación sobre a obra.

Obras de Kressmann Taylor nas nosas bibliotecas.

Hora do conto: do 28 de marzo ao 1 de abril

Logo Hora do contoAquí tes a programación desta semana da hora do conto,
PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 28 de marzo
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: “A lagoa das voces misteriosas”, “A ra que quería ser princesa”
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 29 de marzo
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Bombastica naturalis”, “¡Así fue! ¡No, fue así! ¡No, así!”, “Il merlo ha perso il becco”, “O libro dos medos do rato pequeno”
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 30 de marzo
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: “A lagoa das voces misteriosas”, “A ra que quería ser princesa”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 31 de marzo
Para nenos-as menores de 6 anos:
CONTACONTOS: Mamá Ratiña da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: “Gato Guille e os monstros”, “Fab, o monstro amarelo”
Para nenos-as maiores de 6 anos:
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “Os agasallos do Rei León”, “O león, a lebre e a hiena”
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 1 de abril
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Bombastica naturalis”, “¡Así fue! ¡No, fue así! ¡No, así!”, “Il merlo ha perso il becco”, “O libro dos medos do rato pequeno”

O Día Internacional do Libro Infantil nas Bibliotecas de Oleiros

Cartel Día internacional do libro infantilO 2 de abril celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL co obxecto de conmemorar o nacemento do célebre escritor de obras infantís Hans Christian Andersen.
Nas Bibliotecas Municipais de Oleiros para conmemorar este día realizaranse diversas actividades de promoción da lectura.

Actividades programadas para alumnado dos centros de ensino público
- No Centro Cultural As Torres de Santa Cruz:
O 28 de marzo, ás 12 horas, encontro literario co escritor Antón Cortizas, para alumnado de 5º curso de primaria do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz.

O 30 de marzo, ás 10 e ás 11.45 horas, realizaranse dous talleres de iniciación ao cómic co ilustrador Xosé Tomás, dirixidos a alumnado de 4º de Primaria, do CEIP Luis Seoane de Mera, para explicarlles, de forma sinxela, os pasos principais que se deben levar a cabo á hora de deseñar unha historieta: guión, viñetas e personaxes, expresións anímicas e faciais (alegría, ira, tristeza, etc), como debuxar o movemento, deseño dos planos, coloreado, etc. Todas estas nocións estarán adaptadas á idade do alumnado.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son que estes alumnos e alumnas aprendan diferentes técnicas (adaptadas á súa idade) para a realización dunha obra de banda deseñada, fomentar a creatividade e a imaxinación a través das actividades plásticas e promover a lectura de cómics e obras de banda deseñada.

O 1 de abril, ás 11.15 horas, a actriz María Torres da Compañía Trinke Trinke realizará un contacontos titulado “Viaxe a África” para alumnado de 2º curso de primaria do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz.
“Viaxe a África” é unha función que pretende dar a coñecer aos nenos e nenas algúns contos e cancións de África, atendendo sobre todo as dúas grandes etnias que a habitan: a África árabe e a África negra. Son obras que dan unha mensaxe a favor da igualdade e amosan pinceladas da súa cultura.
Algúns dos títulos cos que van traballar son: “Canciones infantiles y nanas del baobab”, “A Casa de Mis” (Conto árabe) e “Pequeno azul, pequeno amarelo”.

- Na Biblioteca Central Rialeda:
O 31 de marzo e o 1 de abril, ás 10 e ás 11.30 realizaranse contacontos, a cargo de Pablísimo, nos que narrará diversos contos escritos por Andersen ou por autores que recibiran o Premio Andersen, para alumnado de educación infantil, 1º e 2º de primaria do CEIP Rabadeira de Oleiros.