4/5/18

Hora do conto e actividades infantís: 9 a 11 de maio 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27478.pdf
Todas as actividades terán lugar ás 18:30 h. 
Celebramos as Letras Galegas
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 9 de maio      
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338) 

CONTACONTOS: Chus Álvarez 
TÍTULO: “Ollo, piollo!” 
Para nenas-os de 4 a 8 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511) CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULO: “O paroleiro” 

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. (Lorbé)
Xoves 10 de maio   
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Unha viaxe mar adiante”

 
Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. (Mera)  
Venres 11 de maio  
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Mar adiante escoitei falar”

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. (Nós)  
Venres 11 de maio
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Caldo con canela”


Recomendacións en Radioleiros: 4 maio 2018

https://youtu.be/68AOHIjCny4
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1235360- Infantil (nenas-os a partir de 6 anos):
"Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno", texto de Eli Ríos; ilustracións de Eva Agra. Editado por Urco.
Libro de formato mediano, con excelentes ilustracións e non demasiado texto, sen embargo máis que suficiente para dar a coñecer ás-aos máis pequenas-os a vida e obra desta autora, que sen nacer en Galicia demostrou un gran amor á nosa lingua e a nosa terra.
Esta colección ten como eixo fundamental o achegamento das rapazas e rapaces a unha serie de mulleres galegas que foron abandeiradas en diferentes campos das artes, mesmo na loita de clases ao longo da nosa historia. Os libros, ademais de dar a coñecer a vida e obra, inclúen unha serie de pasatempos no remate do libro sobre as historias destas mulleres, que teñen a finalidade de facer reflexionar ao tempo que serven para divertirse.

 

- Mozas-os e adultas-os:
"A vida sinxela de Marcelo Firmamento" de Vanesa Santiago. En Galaxia.
Marcelo é un gran soñador, non é un heroe, senón un gran loitador pola vida, coma son os homes de mar. A historia narrada en terceira persoa, fai unha crónica biográfica de Marcelo que abrangue desde os primeiros anos na vila mariñeira de Fontán, até os mares e océanos do mundo. Porque estamos nos anos 40, o protagonista ten que emigrar…  viaxando pode seguirlle a pista a un pai que non coñece. As-os lectoras-es descubrirán personaxes como Rederrota, o Mouro, o Astronauta, Ellaine… personaxes de carne e óso pero tamén outros seres fantásticos, mitos, trasnos, sereas que habitan as lendas de
Fontán, de Galicia e do mundo. Aparecen tamén na novela referencias literarias como a balea de Moby Dick de Melville. Unha narración que mestura realidade e fantasía cunha gran mestría, emotiva, que se le con pracer, escrita seguindo as pautas do realismo máxico sudamericanohttps://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1247740 pero non nos enganemos, a historia é nosa, é a historia da Galicia máis recente, da inxusta Guerra Civil, das represións, exilios, da emigración, da fame e da necesidade… a autora convirte, todo isto, nun alegato a favor da liberdade e do valor dun pobo e as súas xentes.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: de 8 a 11 de maio 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27835.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 8 a 11 de maio:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 
Mércores 9 de maio:
- 10:15 e 11:30: Alumnas-os de 2º de Primaria
do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Oxalá estiveses aquí" con Charo Pita. 
Xoves 10 de maio:
- 11:30: Alumnas-os de 6º de Infantil
do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
 "Non, aí non", con Trinke Trinke

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Martes 8 de maio:
- 10:30: Alumnas-os de 6º de Primaria
do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Normas" con Ramiro Neira. 
Mércores 9 de maio:
- 10:30: Alumnas-os de 4º de Infantil do CEIP Luís Seoane (Mera).
"A festa no faiado", con Soledad Felloza.
- 12:00: Alumnas de 4º de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Unha viaxe mar adiante", con Soledad Felloza.
Xoves 10 de maio:  
- 10:15: Alumnas-os de 2º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Xa non teño medo", con Ramiro Neira.
Venres 11 de maio:  
- 10:15: Alumnas-os de 6º de Infantil do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Bechos e máis bechos", con Charo Pita.

3/5/18

"Libros para soñar": a expo itinerante de Kalandraka estará a partir de hoxe na Xograr Mendiño

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27640.pdf
Para conmemorar o vixésimo aniversario da editora Kalandraka, do 3 ao 10 de maio poderás ver a exposición itinerante de 80 libros infantís e xuvenís publicados pola editorial Kalandraka na Biblioteca Municipal "Xograr Mendiño" (Lorbé). 


Moitos deles son obras clásicas da literatura infantil e xuvenil, entre os que podemos destacar títulos como: O coelliño branco, A cebra Camila, A que sabe a lúa?, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza...

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27640.pdf
Cada exposición vai acompañada dunha actuación que ten aforo limitado. É imprescindible reservar praza na biblioteca correspondente ou chamando por teléfono. O prazo de inscrición é de 10 días antes da data de celebración. O 3 de maio, contaremos coa presenza da actriz e narradora Soledad Felloza, coa sesión “Contos para soñar”.  
A visita á exposición é libre. Esta expo viaxará despois á Biblioteca Municipal "Manuel María" (Oleiros).