25/3/22

Hora do conto e actividades infantís: 30 de marzo a 1 de abril 2022

- Hora do conto para nenas e nenos a partir de 6 anos. 
- Todas as sesións serán ás 18:30 h.
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas.
 
Mércores 30 de marzo 
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Galeatro
TÍTULO: “Entre bechos anda o conto"
 
Xoves 31 de marzo 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Iván Davila
TÍTULO: “Contos na lareira"

Venres 1 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507
CONTACONTOS: Lía Magalia
TÍTULO: “Aventuras e desventuras no bosque"
 
                                                       AVISOS

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: mércores 30 marzo 2022 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Homenaxe a Darío Xohán Cabana. Comentario dunha selección da súa obra poética.
Coa colaboración da catedrática de lingua e literatura galegas Rosa García Vilariño.
Documentación

Seguinte lectura: Y llovieron pájaros, de Jocelyne Saucier

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 29 marzo 2022 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de República luminosa, de Andrés Barba
Documentación

Seguinte lectura: La herencia, de Vigdis Hjorth

Recomendacións en Radioleiros: 25 marzo 2022

- Xuvenil (a partir de 12 anos):

Maxia de pedra, de Alba de Evan e Xabier Domínguez, con ilustracións de Eli García
Xerais

Versión electrónica en Galiciale

Maxia, intriga e acción nunha novela que nos transporta á Galicia castrexa e á época da romanización da man de Ánxela e un gato de tres colas.

- Mozas/os e adultas/os:

Sobornos: de cómo Churchill y March compraron a los generales de Franco, de Ángel Viñas
Crítica

A estratexia deseñada polos ingleses para evitar a entrada de España na II Guerra Mundial incluiu o pagamento de cantidades enormes de dólares a militares e civís próximos a Franco da man de Juan March, protagonista doutro episodio recentemente coñecido grazas á desclasificación de documentación da época. Un libro que aporta novos datos destos anos convulsos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

24/3/22

Celebramos o Día da Poesía con debuxos

Desde a Biblioteca Municipal "Mª José Ruso" (Dorneda) propoñémosche que ilustres poemas de Gloria Fuertes, Leire Bilbao e Antón G. Teijeiro para celebrar o Día da Poesía. Clica na imaxe e descarga os poemas para facerlle un debuxo acaído a versos tan fermosos. Atréveste? 

Expoñerémolos na biblioteca para que poda gozalos todo o mundo ata finais de marzo. 

23/3/22

100 de Ulises e 140 de Joyce en Rialeda

2022 é o ano do centenario da publicación do "Ulises" e o 140 aniversario do nacemento do seu creador, James Joyce. O autor comezou a composición desta novela en 1906, en Roma, a onde chegou por asuntos laborais. A revista americana Little Review comezou a publicala por entregas en 1918. Margaret Anderson e Jane Heap, as súas propietarias, tiveron que acudir a un impresor de orixe serbia que case non entendía inglés para facer a tirada. A Sociedade para a Supresión do Vicio de Nova York considerou o material inmoral e pornográfico e detivo a publicación en 1920. Antes diso, algunhas entregas xa foran confiscadas e queimadas. As editoras foran condenadas a pagar unha multa de 50 dólares cada unha e a libreira norteamericana Sylvia Beach editou a obra en París en 1922 cunha parecida estrataxema: un impresor que non entendía inglés, neste caso de Dijon. En Estados Unidos o veto non se levantaría ata 1933.
Convidamos a ler/reler a azarosa novela de Joyce e as outras obras literarias así como as adaptacións cinematográficas que temos do autor irlandés na expo que lle adicamos na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

Ligazón de interese: "Dédalus en Compostela" de Vicente Risco.

22/3/22

"Voces de muller" con Black Dúo no Teatro As Torres de Santa Cruz (unha pequena mostra)

No Teatro As Torres (Santa Cruz), tivo lugar o xoves 17 de marzo a actuación musical de Black Dúo co espectáculo "Voces de muller" en conmemoración do Día da Muller. 
 
Deixámosvos este clip de vídeo como mostra do estupendo concerto que foi no que lembramos a artistas como Nina Simone, Alicia Keys ou Etta James, grandes figuras da música negra que tiveron unha enorme influencia en diversos ámbitos do feminismo. Algunhas das cancións que interpretaron foron: "At last", "Superwoman", "Say a little prayer" ou "My baby just cares"...

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: mércores 23 marzo 2022 (Grupo A)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Y llovieron pájaros, de Jocelyne Saucier
Documentación

Seguinte lectura: La tribuna, de Emilia Pardo Bazán

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 22 marzo 2022 (Grupo A)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de La mancha humana, de Philip Roth
Documentación

Seguinte lectura: A flor de piel, de Javier Moro

21/3/22

Celebramos o Día da Poesía con versos

Eis a nosa celebración da poesía a partir das estrofas lidas e comentadas nas sesións dos Club de Lectura en galego e recollidas no cartafol “Lírica medieval galego-portuguesa” realizado polas profesionais encargadas da Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).  
Pepe Taboada, moderadora de ditas tertulias, fixo unha composición de cantigas a partir dos versos escollidos polas-os compoñentes dos dous grupos de lectura como homenaxe ás-aos xograres e conmemorar así o 21 de marzo, Día da Poesía
 
Clica na imaxe e goza deste poema colectivo a dezasete voces.