30/10/15

Aviso importante: horarios de tarde das bibliotecas o 3 de novembro

Martes 3 de novembro:

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz
- De 16,30 h. a 20 h.

Biblioteca Municipal "Manuel María". Oleiros
Biblioteca Municipal "María José Ruso". Dorneda
Biblioteca Municipal "María José Trincado". Mera
Biblioteca Municipal "Ánxel Fole". Nós
Biblioteca Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Biblioteca Municipal "Federico García Lorca". Montrove
- De 16,30 h. a 19 h.

O horario da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) non se verá afectado por esta modificación puntual. 

Pregamos desculpen as molestias ocasionadas.

Recomendacións en Radioleiros: 30 de outubro

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
- Xuvenil (de 10 a 12 anos): 

Xerais
 http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=114105
Unha historia que navega constantemente entre realismo e maxia, que fala de dous mundos compartidos, o aquí e o máis aló como algo natural. Este feito vese reflexado na naturalidade co que a protagonista Iris, una rapaza chegando a adolescencia, trasladase a vivir a casa do seu avó na Costa da morte cuando éste se pon enfermo e seus pais aproveitan que acaban de quedar no paro para irse a vivir con el. Alí Iris desfruta do verán na compaña de varias pantasmas, almas en pena de persoas que desapareceron en tantos e tantos naufraxios no mar da Costa da Morte.

A nosa protagonista correrá diversas aventuras co paisaxe fisterrán polo medio co fin de atopar o xeito para que o seu amigo de ultratumba Thomas atope o cadáver do seu irmán e poida descansar en paz.

- Mozas/os e adultas/os: 

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109121A protagonista é Mary, unha nena de 15 años que vive coa súa familia nunha granxa na Inglaterra rural de 1830, ten o pelo do color do leite e naceu cun defecto físico nunha perna. Mary logra escapar momentáneamente da condena familiar de traballar da mañá á noite, cando é enviada para traballar como criada coidando á muller do vicario, que está enferma terminal, entón ten a oportunidade  de aprender a ler e escribir. Como ela mesma di, “deixa de ver un montón de raías negras nos libros". Sen embargo pronto descubre que a luz moitas veces é máis cegadora que as sombras, polo que só lle queda tratar de contar a súa historia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

28/10/15

Exposicións bibliográficas en Bibloleiros: Martínez de Pisón e Henning Mankell

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=mart%C3%ADnez+de+pis%C3%B3n%2C+ignacio&idx=au
Na Biblioteca Central Rialeda adicámoslle unha exposición bibliográfica ao escritor Ignacio Martínez de Pisón, que con "La buena reputación", obtivo o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Narrativa. O xurado destacou “o retrato do mundo xudeo-español en Melilla na época do Protectorado e o complexo desenvolvemento dunha rede de relacións familiares no marco dun relato extenso moi fiel á tradición novelesca”. O premio concédeo o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, a proposta do Xurado, para distinguir unha obra de autor-a español-a escrita en cualquera das linguas oficiais e editadas en España durante 2014. Está dotado con 20.000 euros.
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=mankell%2C+henning&sort_by=title_az&addto=
A segunda exposición que podes visitar, en Rialeda e na Biblioteca Municipal "Xograr Mendiño" en Lorbé, está adicada ao escritor sueco Henning Mankell (1948-2015), recentemente falecido. Deixou decenas de libros de ficción, corenta pezas de teatro e varias obras para nenos-as.
Acadou fama mundial como creador da serie de novelas policiais protagonizadas polo inspector Kurt Wallander. Desde 1987 dividía a sua vida entre Suecia e Mozambique, onde dirixía, en Maputo, a compañía Teatro Avenida. Estivo en Galicia en 2009 para recibir o Premio San Clemente á mellor novela estranxeira que conceden os-as alumnos-as do Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela pola súa obra 'El Chino'. 

Visita estas exposicións e lévate en préstamo algún libro para casa!!!