18/3/10

Obradoiro de Ilustración a cargo de Xosé Tomás: 23 de marzo

Lugar: Biblioteca Central Rialeda (2º andar)
Hora: 10,30 h.
Destinado ao alumnado de 1ºESO do I.E.S. Neira Vilas

Xosé Tomás ten desenvolvido a súa actividade maioritariamente no eido da ilustración e do humor gráfico. O seu debú monográfico en BD chegou coa obra Tolos, para a Universidade da Coruña. Colaborou no suplemento "Xatentendo.com" de "La Voz de Galicia" e traballa como debuxante nas edicións da Coruña e de Carballo deste xornal. Tamén fixo ilustracións e cómics para a Revista "Plis-Plas" (Radio Galega / Xunta de Galicia). Participou habitualmente na primeira etapa de "Golfiño", realizando pasatempos e a serie "Luzbell". Ademais contribuiu ás revistas "Sapoconcho" e mais a da Asociación de Profesores de Inglés de Galicia (APIGA). Ilustrou o CD Rom didáctico "Coas raíces no chan" da Consellaría de Medio Ambiente. Conduciu diferentes obradoiros sobre BD e expuxo obra en mostras do Museo do Humor de Fene.
(extraído de Cultura Galega)

17/3/10

Hora do conto na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz: mércores 17 de marzo

Ola: espérote na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz o mércores 17 de marzo ás 18:30 para escoitar a Ramiro Neira na hora do conto. Os títulos serán: "O oso e os monos" (conto de Túnez), "O cullarapo Rinrín" (conto de Colombia).

16/3/10

Conferencia de Carmen García-Rodeja Arribí: 22 de marzo


Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)
Hora: 20 h.

A profesora Carmen García-Rodeja pronunciará unha conferencia no Teatro Municipal As Torres de Santa Cruz titulada “A muller no século XX”, organizada polas Bibliotecas Municipais.

Esta actividade enmárcase no ciclo de actividades “Oleiros, Feminino e Singular” que se están a celebrar durante todo o mes de marzo para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora.

Carmen García-Rodeja Arribí é profesora de Xeografía e Historia no Instituto “Xosé Neira Vilas” de Perillo.
Ten realizado relatorios, comunicacións, artigos e formou parte de diversos grupos de traballo sobre temas de xénero e educación, tamén participou en numerosos cursos e congresos a partir de estudos con fontes orais e sobre temas de emigración e xénero ou sexismo nos mass media entre outros.

Homenaxe na Biblioteca de Lorbé a Miguel Delibes: o "inventor" de Castela


Desde hoxe na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé queremos rendir homenaxe a uns dos mellores escritores españois dos últimos tempos, Miguel Delibes, para elo hai unha exposición bibliográfica cos fondos da súa autoría.

15/3/10

Tertulia Literaria en Rialeda: 17 marzo 2010 (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "Fin de século en Palestina" de Miguel Anxo Murado

Consulta e descarga a nosa documentación

Bibliografía dispoñible nas nosas bibliotecas sobre Oriente Medio: Israel e Palestina

Obras de Miguel Anxo Murado no Sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros

Hora do conto nas Bibliotecas "Manuel María" de Oleiros e "Xograr Mendiño" de Lorbé: martes 16 de marzo

Ola: espérote na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros o martes 16 de marzo ás 18:30 para escoitar a Soledad Felloza na hora do conto. Os títulos serán "La calle de Garmann", "El jardín de Babai", "La paloma encuentra un hot dog".

Tamén o martes 16 ás 18:30 na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé, poderás escoitar a Ramiro Neira, cos contos "Johari e o seu amigo Kilonzo" (conto de Túnez), "O home que falou coa súa sorte" (conto de México)