22/3/14

24 e 26 de marzo: Manel Cráneo na Biblioteca "Rosalía de Castro". Santa Cruz

Obradoiro de banda deseñada na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz para alumnado do IES Maria Casares, a cargo de Manel Cráneo:

24 de marzo:
- Ás 12,40 h. para alumnado de 1º A ESO
- Ás 16,40 h. para alumnado de 1º B ESO

26 de marzo:
- Ás 10,40 h. para alumnado de 1º C ESO
- Ás 12,40 h. para alumnado de 1º D ESO

O ilustrador Manel Cráneo achégase á Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz para amosar a alumnado do IES María Casares de Santa Cruz o proceso de creación dun álbum de banda deseñada. Se queres coñecer máis sobre el e a súa obra, accede aos seus blogs Cráneo Mortem e Planeta Mincha, ou descarga este folleto.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 24 de marzo

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"  
Hora: 18,30 a 20 h.


Comentario da obra "La conquista de la felicidad" de Bertrand Russell.
Obras de Bertrand Rusell nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é
"El faro" (banda deseñada) de Paco Roca.

24 de marzo: "Viaxe a París" con Trinke Trinke en Rialeda

Na Biblioteca Central Rialeda teremos o pracer de coñecer a Lilí Gruyère, a máis grande artista de todos os tempos de Lonxedetodo: ven de regresar de París, cidade da luz e do amor. Despois de amosarnos algúns dos números artísticos cos que trunfou nos mellores cabarets e teatros, imos descubrir que Lilí......ven namorada!

A Compañía Trinke Trinke vai poñer en escena esta espectáculo titulado "Viaxe a París" o luns 24 de marzo ás 10,15 h. para alumnos-as de 2ª B e C de Primaria do CEIP Valle Inclán de Perillo.

21/3/14

A Rosalía + musical para celebrar o Día Mundial da Poesía: 21 de marzo

O 21 de marzo é día de moitas conmemoracións: Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial, Día Forestal Mundial, festa do Novruz que sinala o comezo do ano novo en moitos países de Asia, etc.
Tamén o Día da Poesía. Na Biblioteca Central Rialeda, neste 2014 queremos celebrar o Día da Poesía ofrecendo aos/ás nosos/as usuarios/as a Rosalía + musical. A escritora máis representativa da lingua e literatura galegas é o manancial inspirador de moitos/as credores/as. Artistas plásticos, escritores/as, investigadores/as e por suposto, compositores/as, cantantes, grupos musicais e /ou solistas renden homenaxe, cada quen no seu xeito, á universal poeta galega. Eis os máis variados estilos, ritmos, tendencias e influencias ao servizo da poesía. Gózaa sen présa, detén o tempo nun verso de Rosalía.
Músicas de inspiración rosaliana que podes levar para casa:
"A rosa d'Adina", "Nas tardes escuras", "Na lingua que eu falo", "Rosalía pequeniña", "Cantares galegos", "Rosalía siempre", "Orvallo", "Rapoemas", "Os ollos que falan: Rosalía de Castro: once cantares galegos"
http://www.un.org/es/events/poetryday/

Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía e invítanos a reflexionar sobre o poder da linguaxe poética e o florecemento das capacidades creadoras de cada persoa. De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.

Para conmemorar este día, a Biblioteca Central Rialeda agasallará cunha obra de poesía para adultos/as ás persoas que leven algún fondo bibliográfico en préstamo.


Invitámosche a contemplar no vestíbulo a mostra bibliográfica “Rosalía é mundial”.
Ofrecemos esta mostra bibliográfica cunha escolma da obra da insigne escritora galega Rosalía de Castro. 


Ler para saber A CIENCIA: 21 de marzo

Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 21 de marzo ás 18:30 h., para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Teremos un encontro científico con Carlos Agrasar Cruz, licenciado en medicina e cirurxía, doutor en Educación Física e profesor de Anatomía da Universidade da Coruña, titulado “Ti podes salvar unha vida: aprendemos a RCP".

Segundo o artigo Aplicación de la técnica básica de reanimación cardiopulmonar (RCP) do doutor Carlos Agrasar Cruz, as enfermidades cardiovasculares son as responsables da maior taxa de mortalidade dos países desenvolvidos. Aproximadamente unha terceira parte destas mortes son causadas por este grupo de enfermidades. Expón que o verdadeiro problema formúlase fóra do hospital, polo que considera que é importante que a poboación teña unha formación axeitada para afrontar estes problemas, por isto vaise levar a cabo esta charla, para que as persoas que asistan podan ver, dunha maneira sinxela e dirixido a un público infantil e xuvenil, como se podería realizar unha reanimación cardiopulmonar.

Seleccionamos para ti libros e dvd para esta charla científica

Nota importante: durante a celebración da actividade interrumpiráse o servizo de ordenadores e internet do 2º andar da biblioteca. Pregamos desculpen as molestias.

Esther Tusquets no Mes do “Movemento para ler libros escritos por mulleres” na Biblioteca de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/mes-do-movemento-para-ler-libros.html
Esther Tusquets (Barcelona, 1936-2012). Filla dunha familia da burguesía franquista, Esther Tusquets estuda no Colexio Alemán e remata a licenciatura en Filosofía e Letras. Comeza a traballar en Lumen tras mercar o seu pai esta editorial até entón adicada a libro relixioso. Con anos de traballo e paciencia logra un fondo de calidade: Beckett, Woolf, Joyce, Céline e Martín Garzo xunto con Umberto Eco, un dos maiores éxitos de vendas que permitíu a edición doutros títulos. Autora de varios libros, de xénero narrativo e autobiográfico, sempre considerou "Correspondencia privada" como o mellor deles. Esther Tusquets abriu camiño nun sector até o daquela masculino, deixando un catálogo de grande valía e de plena vixencia. Recentemente, a Generalitat de Catalunya adquiriu o arquivo de Esther Tusquets.
En Bibloleiros tes os seguintes libros que podes levar en préstamo:
Habíamos ganado la guerra, El mismo mar de todos los veranos, La niña lunática y otros cuentos, A coelliña Marcela, La conejita Marcela, Con la miel en los labios, Correspondencia privada.
http://www.disquecool.com/2014/01/30/readwomen2014-un-movemento-para-ler-libros-escritos-por-mulleres/

Recomendacións en Radioleiros: 21 de marzo

http://www.ipernity.com/doc/284673/31210443/in/album/594169
- Infantil (de 10 a 12 anos):

A illa de todas as illas, de Xabier P. Docampo ; ilustracións de Xosé Cobas.
Xerais

Homenaxe aos libros de aventuras que transcorren en illas e á literatura en xeral. Tomando como referencia a clásicos como Stevenson ou Verne, Xabier P. Docampo escrebe unha historia sobre tres rapaces extraviados nunha illa. Imaxinación e fantasía ilustradas por Xosé Cobas, un dos mellores profesionais no seu terreo.

- Moz@s e adult@s:

El tren pasa primero, de Elena Poniatowska.
Alfaguara

Unha mestura de feitos reais e novelados partindo da folga mexicana dos traballadores dos camiños de ferro entre 1958 e 1959. Historia social e privada con especial atención ao mundo laboral e á vida das mulleres, que confirma a Elena Poniatowska, premio Cervantes 2013, como unha das mellores escritoras na actualidade.

Consulta a documentación sobre esta obra que preparamos con motivo da súa lectura nas Tertulias Literarias de Rialeda.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

21 de marzo: "Abrapalabra" con Matapiollos Teatro. Santa Cruz

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz.
Espectáculo de maxia, poesía, contos e xogos de palabras coa compañía Matapiollos Teatro.

2 sesións:
- 10,20 h. - 2º de Primaria A, B e C - CEIP Luis Seoane
- 12,00 h. - 1º de Primaria A e B - CEIP Luis Seoane

19/3/14

Concerto de Najla Shami no Teatro As Torres: 20 de marzo

http://najlashami.com/
Dentro da programación de actividades organizadas por Bibloleiros relacionadas co Día da Muller, ofrecemos o concerto “Na língua que eu falo”, dedicado á figura de Rosalía de Castro, a cargo da cantante galego-palestina Najla Shami, o xoves 20 de marzo, ás 20 horas, no Teatro As Torres de Santa Cruz.

Najla Shami é unha cantora e compositora nacida en Compostela, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina, medrou entre Galicia e Kuwait. Estudou música moderna e educación musical afondando na técnica vocal e na súa pedagoxía, actividade que a levará a países como Noruega, Estados Unidos, Xordania, Kuwait, India, Inglaterra, Portugal e España.

No disco de Na lingua que eu falo afonda na obra da escritora Rosalía de Castro, cunha selección de dez temas que reúnen sete poemas da autora galega con música orixinal, dúas novas creacións e unha revisión do clásico Negra Sombra. 
Un traballo no que a compositora galego-palestina procura o diálogo entre as súas orixes e as súas referencias actuais. 

Cunha sonoridade influenciada por estilos como o jazz, funk, world music e a música galega, Najla Shami tráenos unha proposta con sons que percorren latitudes que van desde Galicia até o Brasil ou África.

Anxos Sumai no Mes do “Movemento para ler libros escritos por mulleres” na Biblioteca de Santa Cruz


Escritora e tradutora galega que traballa de bibliotecaria e documentalista no Consello de Cultura Galega. Nos anos oitenta e noventa colaborou en distintas publicacións periódicas e libros colectivos, realizou guións para cómics e escribiu letras de cancións. Obtivo o premio Novos Valores da Narrativa Galega (1985) e o segundo premio no concurso Modesto R. Figueiredo de Narración Curta (1986).

Desde o ano 2001 desenvolve a súa actividade literaria no portal www.culturagalega.org, coas seccións "Anxos e diaños" (2002), "Anxos da garda" (2003-2005) e "Crítica da memoria pura" (2006). Colaborou na Guía dos Libros Novos coa sección fixa "Hemisferio Oeste" (2003-2004) e durante o ano 2006 foi colaboradora literaria semanal do programa Diario Cultural da Radio Galega. Entre os traballos de tradución salientan os Diarios de Syra Alonso e Tres tempos e a esperanza de Mariví Villaverde.

En 2004 recibiu o Premio da Crítica de Galicia pola obra Anxos da garda. En abril de 2007 o Premio Roberto Blanco Torres de Xornalismo literario e de Opinión pola sección "Perigosamentes normais" do Diario Cultural da Radio Galega.

En 2007 recibiu o II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF pola obra Así nacen as baleas, publicada por Editorial Galaxia e o Premio Arcebispo San Clemente. Tamén publicou Melodía de días usados. Gañadora do Premio á Mellor autora do ano pola Asociación Galega de Editores en 2007. No ano 2013 gañou o Premio García Barros de novela pola súa obra A lúa da colleita.

Obras de Anxos Sumai nas Bibliotecas de Oleiros:
na Revista
- Así nacen as baleas
- A lúa na colleita
- Anxos de garda
- Cociñando ao pé da letra 
- Melodía de días usados

Como tradutora:
- Diarios: Syra Alonso
- Pola liberdade: a loita antifranquista de Luis Costa

Información extraída da web do Centro de Documentación da AELG

https://www.youtube.com/watch?v=pdgmij3Mmq0Outras fontes:
- Presentación de "A lúa da colleita".
- Anxos de garda
- Anxos ou diaños?
- Crítica da memoria pura
Videoteca da AELG:

Rosa Montero no Mes do “Movemento para ler libros escritos por mulleres” na Biblioteca de Santa Cruz

 http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/mes-do-movemento-para-ler-libros.html
Rosa Montero (Madrid, 1951) estudou xornalismo e psicoloxía. Colaborou con grupos de teatro independente, á vez que empezaba a publicar en diversos medios informativos (Fotogramas, Pueblo, Posible).
Desde 1976 traballa  para o xornal El País, no que foi redactora xefa do suplemento dominical durante 1980-1981.
 
En 1978 gañou o Premio “Manuel del Arco” de Entrevistas, en 1980 o Premio Nacional de Periodismo para reportaxes e artigos literarios e en 2005 o Premio da Asociación de la Prensa de Madrid a toda unha vida profesional.

Ten publicado as novelas: Crónica del desamor (1979), La función delta (1981), Te trataré como a una reina (1983), Amado amo (1988), Temblor (1990), Bella y oscura (1993), La hija del caníbal ( Premio Primavera de Novela en 1997),  El corazón del tártaro (2001), La loca de la casa (2003), Premio Qué Leer 2004 ao mellor libro do ano, Premio Grinzane Cavour ao mellor libro estranxeiro publicado en Italia en 2005 e Premio “Roman Primeur” 2006 (Francia);  Historia del rey transparente (2005), Premio Qué Leer 2005 ao mellor libro do ano, e Premio Mandarache 2007; Instrucciones para salvar el mundo (2008), Lágrimas en la lluvia (2011) e recentemente La ridícula idea de no volver a verte (2013). 

Tamén publicou o libro de relatos Amantes y enemigos, Premio Círculo de Críticos de Chile 1999, e dous ensaios biográficos, Historias de mujeres y Pasiones,e ultimamente colaborou no libro Dictadoras, así como contos para nenos e recompilacións de entrevistas e artigos.
A súa  obra está  traducida a máis de vinte idiomas e é Doutora Honoris Causa pola Universidade de Puerto Rico.

Libros de Rosa Montero en Bibloleiros que podes levar en préstamo:
http://www.disquecool.com/2014/01/30/readwomen2014-un-movemento-para-ler-libros-escritos-por-mulleres/
La hija del caníbal, La loca de la casa, Historia del Rey Transparente, Bárbara contra el Doctor Colmillos, Historias de mujeres, Lágrimas en la lluvia, Pasiones, La función delta, Crónica del desamor, Temblor, Te trataré como a una reina, Las barbaridades de Bárbara, Amantes y enemigos, Amado amo, Dictadoras, La ridícula idea de no volver a verte, Instrucciones para salvar el mundo, Bella y oscura, El viaje fantástico de Bárbara, El amor de mi vida, El corazón del tártaro.
Notas e fotografía tomadas a partir de clubcultura.com

Tertulia literaria en Rialeda: 19 de marzo (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "El tren pasa primero" de Elena Poniatowska.
Documentación
Obras de Elena Poniatowska nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Sauce ciego, mujer dormida" de Haruki Murakami.

18/3/14

18, 19 e 20 de marzo: Obradoiros de ilustración con Óscar Villán en Santa Cruz

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz.

Actividade dirixida ao alumnado 2º A e B de Educación Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz a cargo do ilustrador Óscar Villán.

18 de marzo:
- 10 h. - 4ª A de Primaria do CEIP Luis Seoane.
- 11,45 h. - 4ª B de Primaria do CEIP Luis Seoane.

19 de marzo:
- 10 h. - 4º C de Primaria do CEIP Luis Seoane.
- 11,45 h. - 3ª A de Primaria do CEIP Luis Seoane.

20 de marzo:
- 10,20 h. - 3º B de Primaria do CEIP Luis Seoane.

18, 20 e 21 de marzo: Visitas do alumnado do IES María Casares á Biblioteca Central Rialeda

Os días martes 18 e xoves 20 de marzo, recibiremos na Biblioteca Central Rialeda ao alumnado do IES María Casares de Bastiagüeiro.

As visitas guiadas terán lugar entre as 10'40 e 12,30 h.

Martes 18 - 3º B ESO
Xoves 20 - 3º A ESO
Venres 21 - 3ª D ESO

Ao remate da visita, o actor Ramiro Neira de Artestudio Teatro realizará unha dramatización baseada nos relatos da obra "Os outros feirantes" de Álvaro Cunqueiro.

Aviso importante: o 2º andar da biblioteca (Sala de audiovisuais e ordenadores) verá restrinxido o seu uso durante a visita do alumnado.

Fina Casalderrey no Mes do “Movemento para ler libros escritos por mulleres” na Biblioteca de Santa Cruz



Xosefa Casalderrey Fraga (Fina Casalderrey) naceu no lugar de Pilarteiros, parroquia de Santo André de Xeve (Pontevedra), en agosto de 1951.

No ano 1991 deuse a coñecer coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. Dende entón, publicou máis de cincuenta títulos, dirixidos preferentemente a lectores/as infantís ou xuvenís aos que lles hai que sumar máis de vinte historias recollidas en volumes colectivos.

No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por O misterio dos fillos
de Lúa.

En relación co mundo do ensino, en 1996, publica Recursos teatrais para a expresión dramática na escola (7 pezas para representar).

Participou no informe da UNESCO de 1997 La educación encierra un tesoro.

Foi membro da directiva de Gálix dende setembro de 2001 ata xaneiro de 2004. Pertence ao PEN Club dende o 12 de xaneiro do ano 2008, e á AELG dende o 1 de xullo de 2009.

Desde novembro de 2013 forma parte da RAG (Real Academia Galega) como membro numerario. O seu discurso de ingreso levou por título: Viaxe á semente; dende os refachos do corazón ata onde habita o imaxinario.

Por dous artigos publicados no Diario de Pontevedra fóronlle concedidos os premios Puro Cora (2001) e o Fernández del Riego (2003).

Obras de Fina Casalderrey nas Bibliotecas de Oleiros.

Información sacada da páxina web da propia escritora:  http://fina.casalderrey.com/

17/3/14

Contado en feminino: contos sobre a igualdade na Biblioteca de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/novas?p_p_id=EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_v8ZX&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_v8ZX_struts_action=%2Fext%2Fpublicador%2Fview_content&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_v8ZX_assetId=1082646&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_v8ZX_urlTitle=dia-da-muller-nas-bibliotecas-municipais-de-oleiros&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_v8ZX_type=content&redirect=%2Fweb%2Fconcello-oleiros%2Fbibliotecas%2Fnovas%3Fp_p_id%3DEXT_PUBLICADOR_INSTANCE_v8ZX%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26p_p_mode%3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-1%26p_p_col_count%3D1%26_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_v8ZX_delta%3D5%26_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_v8ZX_keywords%3D%26_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_v8ZX_advancedSearch%3Dfalse%26_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_v8ZX_andOperator%3Dtrue%26cur%3D4
Ana Hermida, da Asociación Cultural Lisístrata levará a cabo a sesión de contacontos dirixida a nenas e nenos a partir de 3 anos, titulada “Contando en feminino: contos sobre a igualdade”.

Terá lugar na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro en Santa Cruz, o mércores 19 de marzo, ás 18:30 h.
 
Esta actividade enmárcase dentro do programa de dinamización á lectura denominado Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia e dos actos promovidos por Bibloleiros para conmemorar o Día da Muller.

Siri Hustvedt no Mes do "Movemento para ler libros escritos por mulleres" na Biblioteca de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/mes-do-movemento-para-ler-libros.html
Siri Hustvedt (1955), filla de noregueses, está considerada unha das mellores escritoras actuais dos Estados Unidos. Poeta e narradora (Leer para ti, Todo cuanto amé, Elegía para un americano, El verano sin hombres, Ocho viajes con Simbad: palabra e imagen, entre outros), ten escrito sobre arte e particularmente sobre pintura (Los misterios del rectángulo). 

Así mesmo é unha destacada ensaísta (Una súplica para eros, La mujer temblorosa o La historia de mis nervios e o máis recente, Vivir, pensar, mirar), mesturando neurociencia, filosofía e psicanálise dun xeito lúcido e innovador. Siri Hustvedt é hoxe unha aposta segura e consolidada a nivel literario e estético.

Información tomada da web anagrama-ed.es
 

17, 19 e 21 de marzo: Pablísimo na Biblioteca Central Rialeda

Actividade dirixida ao alumnado de Educación Infantil e Primaria dos Centros Públicos do Concello de Oleiros.
"Príncipas e Princesos": relatos a favor da Igualdade con Pablísimo.

Luns 17 de marzo
- 10,15 h.- Educación Infantil (4 anos) A e B do CEIP Valle Inclán.
- 12,00 h. - Educación Infantil (3 anos) A e B do CEIP Valle Inclán.

Mércores 19 de marzo
- 10,15 h. - Educación Infantil (3 anos) C do CEIP Valle Inclán.
- 11,30 h. - Educación Infantil da EEI O Vilar de Nós.

Venres 21 de marzo
- 10,15 h. - 3º A e B de Primaria do CEIP Valle Inclán.