20/12/19

Recomendacións en Radioleiros: 20 decembro 2019

https://youtu.be/cnvgt4dCQAY
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1531202&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1 - Xuvenil (maiores de 10 anos):
"Versos e viceversos" de Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín Ramos. Ilustracións de Juan Ramón Alonso. En Kalandraka.
Deliciosa obra de poesía, escrita conxuntamente por dous poetas. Formada por 30 fermosos poemas, sen título, que constan dunha entrada que vai alternando o idioma galego e o castelán. Hainos dedicados ao mar, ao mundo, ao caderno do poeta...
Di a editorial que “son versos do norte e do sur que van e veñen como as ondas do mar, que testemuñan un intercambio literario e lingüístico”.
Todos os poemas están acompañados dunhas delicadas ilustracións en tons azuis e grises.
Magnífica obra, con poesías en diversos estilos, que falan de natureza, que condenan a guerra e a destrución do planeta.


https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1424725- Mozas-os e adultas-os:
"Pequeño país" de Gaël Faye. Editado por Salamandra.
Sinxela, pero ao mesmo tempo, emotiva e desgarradora novela que trata sobre as infancias rotas e os estragos da guerra, presentándonos con nostalxia esa felicidade desaparecida.
O protagonista, Gabriel, ten 10 anos, é fillo dunha ruandesa tutsi e dun empresario francés instalado en Burundi. Vive feliz e pasa os días co seu grupo de amigos polas rúas de Buyumbura. Todo comeza a romperse primeiro coa separación dos pais e despois coa irrupción da guerra en Burundi... Teñen que exiliarse e dúas décadas máis tarde, xa adulto, regresa e lembra a súa infancia e os tempos felices vividos, ata que os seus habitantes tiveron que tomar partido por un ou outro bando, e aniquilarse mutuamente ou exiliarse.
Gabriel iranos narrando os acontecementos dunha forma sinxela e nun ton cercano, desde a visión dun neno protexido polo pai para que lle afecten o menos posible estes sucesos.
Unha obra da que van máis de 700.000 exemplares vendidos que segundo a editorial é “un canto de amor ao país perdido”.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

19/12/19

Nadal 2019 en Bibloleiros

https://spark.adobe.com/video/uwJ1kKEuRabmC
A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) elabora para este Nadal unha serie de recomendacións bibliográficas de libros, DVD e CD dirixidas a un publico infantil, xuvenil e para adult@s que se pode ver a través da web municipal e do blog das bibliotecas municipais. Nelas preséntanse obras literarias (contos, historias e albumes ilustrados infantís e xuvenís, narrativa e poesía para moz@s e adult@s) así como obras de coñecementos para diferentes idades (de historia, botánica, zooloxía, cociña, viaxes, etc.).

Realízase esta selección cun dobre obxectivo: mostrar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, visión ou audición e lembrar que un libro, un DVD, ou un CD son tamén un bo agasallo. Esta escolla foi realizada polo persoal desta biblioteca e nela poderán atopar publicacións moi diversas. Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos, intereses, preferencias e idades. Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir.
Con todos os libros, CD e DVD destas recomendacións realizaranse exposicións bibliográficas en distintas salas da Biblioteca Rialeda para que os poidan ver e, se o desexan, que os leven en préstamo para as súas casas.

Na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) levarase a cabo a actividade “Decoramos co Nadal”. Consiste en proporcionarlles ás nenas e nenos recortables con motivos do Nadal para que podan colorear e ir decorando con eles as distintas salas da biblioteca favorecendo a creación dun ambiente navideño.

Nas Bibliotecas Públicas Municipais Mª José Trincado (Mera), Mª José Ruso (Dorneda) e Xograr Mendiño (Lorbé) construirase unha árbore de Nadal con cartolinas e, as nenas e nenos realizarán bolas e diferentes adornos do Nadal, que colorearán e recortarán, para posteriormente colocalos na árbore ou distribuílos pola biblioteca.

Nas sete bibliotecas municipais realizaranse exposicións bibliográficas de libros con temática do Nadal: contos, historias e álbums ilustrados que lles presenten a nenas e nenos personaxes como o Apalpador, Papá Noel ou os Magos de Oriente, obras literarias (novela, poesía e teatro) ambientadas no Nadal, libros de arte sobre esta temática, obras de decoración navideña, libros de cociña con alimentos e pratos típicos desta época, etc., xunto con películas ambientadas na época do Nadal e CD de panxoliñas. Así mesmo, en todas as bibliotecas as nenas e os nenos poderán colorear diversas ilustracións desta temática.

Animamos a todas as persoas que vaian facer algún regalo por estas datas de Nadal ou Reis, que obsequien aos seus seres queridos cun libro, ao mesmo tempo que lles lembramos da importancia da lectura na formación integral da persoa.

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros desexamos transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade, que o vindeiro ano traia boas novas e un mundo de ilusións convertidas en realidade.

16/12/19

17 decembro 2019: Silvia Salgado presenta "El intermedio que somos" na Biblioteca de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-31193.pdf
19 h. Entrada libre

Presentación da novela "El intermedio que somos. Intervirán Isabel Montes, editora e socia fundadora da editorial Angels Fortune, e a propia autora.

Silvia Salgado é unha escritora, natural de Badalona, que vive na localidad de Mera (Oleiros). Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade Autónoma de Barcelona e con un máster en Xornalismo acreditado pola Universidade Columbia de Nova York. Publicou as novelas “Mientras hilan las mariposas” e “La aldea” e o conto infantil “Cuéntame un cuento, ¡yo te lo pinto!”. Ten un blog con moit@s seguidores/as www.tulipanesdefresa.com.

“El intermedio que somos” é a súa última obra editada. Publicada pola editorial Angels Fortune, fálanos de nais e fillas, das mulleres que crían ser, das que son e das que serán algún día. Non é a historia dun neno con Asperger, nin tampouco o relato da súa irmá adolescente. É unha historia de amor dirixida a todas as mulleres.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir a gozar cos textos e a palabra.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 17 decembro 2019 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
https://www.anagrama-ed.es/autor/ford-richard-382Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17,30 a 19 h.

Comentario de Canadá, de Richard Ford

Seguinte lectura: El hereje, de Miguel Delibes