- Infantil:
"A pel do mundo" de
Berta Dávila e ilustracións
Alba Cid. En Galaxia.
Unha viaxe da man da poesía que nos permite coñecer persoas, sabores, nomes, linguas… cun feixe de novas posibilidades. Poemas recomendados a partir dos doce anos e até os cen... ou máis.
- Mozas-os e adultas-os:
"El tesoro del Cisne Negro" de
Paco Roca e
Guillermo Corral. Editado por Astiberri.
Un novo traballo do xa consagrado Paco Roca con guión do diplomático Guillermo Corral baseado nuns feitos históricos: o descubrimento por unha empresa norteamericana dun tesouro marítimo no 2007 que foi reclamado polo goberno español nos tribunais de Florida. Aventura, política e relacións internacionais na mesma trama.