5/5/23

Hora do conto: de 8 a 12 de maio de 2023

Hora do conto: de 8 a 12 de maio de 2023
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas/actividades.

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 8 de maio, ás 18:30 Celebramos o Día das Letras Galegas
Para crianzas a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “Cantares gallegos ao ukelele”
CONTACONTOS: Antón Ke

Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 9 de maio, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
ESPECTÁCULO: “Mago Rosa”
CONTACONTOS: Bululú

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 10 de maio, ás 18:30 Celebramos o Día das Letras Galegas
Para crianzas de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Contos daquí”
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 11 de maio, ás 18:30 Celebramos o Día das Letras Galegas
Para crianzas de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Potaxe de letras”
CONTACONTOS: Charo Pita

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 11 de maio, ás 18:30 Celebramos o Día das Letras Galegas
Para crianzas a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
ESPECTÁCULO: “Unha nova galaxia”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 12 de maio, ás 18:30 Celebramos o Día das Letras Galegas
Para crianzas de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “O monstro de cores”
CONTACONTOS: Lía Magalia

AVISO
O/A adulto/a responsable de cada unha das/dos menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Recomendacións en Radioleiros: 5 maio 2023

- Infantil (menores de 6 anos):

Ratos na escola, textos de Oli e ilustracións de Natalia Colombo
Kalandraka, 2021

Un divertido relato para os máis novos cunhas magníficas ilustracións nas que os ratos que viven na escola saen de paseo.

- Xoves e persoas adultas:

El siglo soviético: arqueología de un mundo perdido, de Karl Schlögel
Galaxia Gutenberg, 2021

Da man dun dos maiores expertos do que foi a Unión Soviética coñecemos a xénese da revolución, os equilibrios de poder, a vida cotiá, o deporte , o transporte ,a vivenda... nun tempo fundamental do século XX.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: 9 a 12 de maio 2023

Actividades de promoción da lectura: 8 a 12 de maio 2023
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 9 a 12 de maio:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Mércores 10 de maio:
- 10:20 e 12:10 alumnado de 3º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Feirantes" con Ramiro Neira.
Xoves 11 de maio:
 - 10:20 e 12:10 alumnado de 3º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Feirantes" con Ramiro Neira.
Venres 12 de maio:
- 10:00 e 11:15 alumnado de 2º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"A miña historia" con Trémola Teatro.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 10 de maio:
 - 10:15 alumnado de 1º e 12:00 alumnado de 3º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Pequena Ramona" con Pakolas.
Venres 12 de maio:
- 10:30 alumnado de 6º de EP do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"Unha viaxe vivida" con Ramiro Neira

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Martes 9 de maio:
 - 10:15 e 11:40 alumnado de 5º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Avó" con Ramiro Neira.

3/5/23

Comeza a conta atrás para o Día das Letras Galegas 2023!!!

Comeza a conta atrás para o Día das Letras Galegas 2023. Visita a expo bibliográfica "A galaxia de don Paco" en Rialeda
Comeza maio e Bibloleiros inicia a celebración do Día das Letras Galegas 2023. A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) ofréceche a expo bibliográfica "A galaxia de don Paco", unha mostra de libros da autoría de Francisco Fernández del Riego e sobre a figura do polifacético intelectual nacido en Vilanova de Lourenzá.
Escritor, editor, un dos fundadores da editorial Galaxia, presidente da Real Academia Galega, impulsor do Día das Letras Galegas e as innúmeras actividades nas que Francisco Fernández del Riego participou, compoñen unha constelación de iniciativas nas que viaxar a xeito de cosmonautas da nosa cultura.   
 
Comeza a conta atrás para o Día das Letras Galegas 2023!!!