17/11/17

Recomendacións en Radioleiros: 17 novembro 2017

https://youtu.be/H6eLwcPb-IA
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1194488- Infantil (a partir de 8 anos):
"Montañas na cama", texto de Maricuela (María Molina) e ilustracións de Sonja Wimmer. En Oqo.
Martín intenta superar os seus medos escondéndose baixo as mantas da súa cama para así despistar aos “sombichos” como el os chama, os bichos das sombras. Unha noite, Martín decide perseguir os seus temores ata a habitación dos seus pais onde se oen ruídos estraños… as expresións que Martín oe desde a porta do cuarto dos seus pais fanlle pensar que seus pais están a subir unha montaña.
A esencia do álbum é a naturalidade e a delicadeza coa que nos achega a sexualidade, os pais de Martín en canto poden acláranlle que non ían de excursión á montaña senón que se estaban a querer moito e que así é o amor…
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1249484- Mozas-os e adultas-os:
"La uruguaya" de Pedro Mairal. En Libros del asteroide.
Lucas Pereyra, un escritor arxentino recén entrado na corentena, cruza o Río de la Plata, ata Montevideo,  para ir cobrar uns anticipos sobre unha próxima obra, que non pode recibir no seu país debido ás restricións cambiarias. Abrumado polos problemas económicos ademáis dos matrimoniais, a perspectiva de pasar uns días noutro país en compaña doutra muller, a uruguaia, é suficiente para animalo, pero non todo sae como ten planeado, polo que non lle queda máis remedio que afrontar a realidade.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario