5/8/16

Recomendacións en Radioleiros: 5 de agosto 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/42666596/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=cabeza+medusa+aleixandre&branch_group_limit=- Xuvenil (a partir de 14 anos):

A Cabeza de Medusa, de Marilar Aleixandre
Xerais

Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil (2008). Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) (2009). Premio Frei Martín Sarmiento (2010).

Marilar Aleixandre recentemente ingresou como académica de número na Real Academia Galega. Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros desexamos felicitala e darlle os nosos parabéns pola súa incorporación a esta institución.

Sofía e Lupe son dúas mozas, estudantes de 2º de bacharelato, que son violadas ao saír dunha festa de disfraces. Están tiradas nun descampado. Os mozos xa marcharon. Que fan? Chaman aos pais? Como lles explican o acontecido? Chaman á policía?
Unha vez que están cos pais deciden ir realizar a denuncia na policía, pero ao día seguinte sae a noticia no xornal. Cando Sofía a le, desgústase dobremente porque agora vano saber no instituto e vai ser público...

Unha obra moi interesante inspirada no mito da fermosa Medusa. Medusa foi violada por Neptuno no templo de Minerva e, en vez de ser el o castigado, Minerva castigou a Medusa. Na obra tamén imos ver como hai algunha persoa que culpa ás mozas. Son elas as que deben avergoñarse ou hai que castigar aos culpábeis? Que é mellor, denunciar e que se faga público, ou ocultalo e que o feito quede impune?  Encima do terrible acontecemento polo que veñen de pasar, teñen que sufrir a actitude dalgunhas persoas...

Cunha prosa áxil, unha descrición dos sucesos nada morbosa preséntanos este feito e a reacción dalgunha parte da sociedade, pero, ao mesmo tempo, o papel da amizade e o amor que axudan a superar esta experiencia tan dura e a vergoña que ocasiona.

Unha magnífica novela xuvenil narrada con delicadeza e tenrura que recomendamos para adolescentes a partir de, aproximadamente, 14 anos.

- Mozas/os e adultas/os:

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=accionista+mayoritario+petros+markaris&branch_group_limit=El accionista mayoritario, de Petros Márkaris
Tusquets

Presenta un novo caso do comisario Kostas Jaritos cun pano de fondo do mundo da publicidade e do terrorismo internacional.

Nun caloroso mes de xuño, Kostas Jaritos recibe a terrible noticia de que o barco no que viaxaba a Creta a súa filla Katerina e o seu mozo, para pasar unhas pequenas vacacións, acaba de ser asaltado por un comando terrorista. A vida de todos os pasaxeiros corre perigo, pero non se sabe de que nacionalidade son os secuestradores, nin que pensan esixir. A súa preocupación vai en aumento ao comprobar que pasan as horas e non se coñecen as reivindicacións dos terroristas.
Paralelamente ordénanlle investigar o asasinato dun modelo publicitario que traballa facendo anuncios para a televisión. Isto resúltalle difícil porque ten a mente no barco e no que lle pode acontecer a súa filla e ao seu mozo...


Unha novela policiaca moi entretida, áxil, ben escrita, cunha mirada crítica e escéptica sobre Grecia. Con gran ironía e moitas doses de humor, vainos presentando os distintos acontecementos.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

4/8/16

A esencia máis nosa: Manuel María deixou a súa inmensa pegada en Bibloleiros

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-23929.pdf
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-23929.pdfDentro do amplo programa que as Bibliotecas Municipais de Oleiros dedicaron ao Día das Letras Galegas, que este ano tivo como protagonista ao ilustre escritor Manuel María e para conseguir os obxectivos de achegar a figura deste excelente autor, dar a coñecer os seus principais poemas, as súas obras máis destacadas, as súas características máis significativas e promover a lectura dos seus libros, leváronse a cabo en todas as bibliotecas municipais diversas actividades:

Actividades para público infantil:
Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
- 5 maio: Atopando soños por Soledad Felloza (maiores de 5 anos)
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
- 9 maio: Poemas e contos musicados con Manuel María por Marisa Irimia (maiores de 5 anos)
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
- 11 maio: Quixera ser...soñador por Soledad Felloza (maiores de 5 anos)
Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
- 12 maio: O carteiro en bicicleta: contos para homenaxear a Manuel María por Caxoto (maiores de 5 anos)
Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
- 13 maio: A chave de abrir o mundo: contos para homenaxear as Letras Galegas por Soledad Felloza (maiores de 5 anos)
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
- 24 maio: Babacontos con Manuel María a cargo de Larraitz (maiores de 4 anos)
Actividade do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Mostras bibliográficas: 

Organizáronse nas sete bibliotecas municipais a mostra bibliográfica titulada “Ronsel de Manuel María” formada por obras escritas polo autor e outras que falan del, tanto da súa produción literaria como da súa biografía, así como marcapáxinas conmemorativo, murais e encrucillados.

En tres bibliotecas (Biblioteca Central Rialeda, Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz e Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda) puidemos contemplar a exposición de imaxes, fotografías e cubertas de diferentes libros da súa autoría titulada “A esencia máis nosa: Manuel María e a súa obra en imaxes”. 

Actividades para o alumnado dos Centros de Ensino Público: conferencias, concertos e recitais:
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz (Teatro As Torres)
- 24 maio ás 10:50 h.: Conferencia divulgativa sobre a biografía e obra de Manuel María, a cargo da escritora e profesora Mercedes Queixas. Dirixida a alumnado de ESO e bacharelato.

- 6 e 13 maio ás 12:45 h.: Teatro de guiñol: concerto de Pirilampo musicando poemas de Manuel María. Dirixidos a alumnado de educación infantil e primaria.

- 18 de maio ás 10:15 h. e 11:30 h.; 25 maio ás 10:30 h. e 11:45 h.: Manuel María: o vento na palabra na voz da actriz Soledad Felloza. Poesías seleccionadas das obras Os soños na gaiola e Versos do lume e o vagalume de Manuel María. Dirixidos a alumnado de 2º, 4º, 5º e 6º  de ensinanza primaria.


http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-23927.pdf




http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-23925.pdf
Lectura de poemas e publicación na canle de Youtube de Bibloleiros:
Durante o mes de maio de 2016, varias-os usuarias-os e traballadoras das Bibliotecas Municipais de Oleiros puxeron voz a poemas de Manuel María da súa preferencia. Grazas a todas-os elas-eles.
Eis unha homenaxe de Bibloleiros ao escritor de Outeiro de Rei, protagonista do Día das Letras Galegas.


Recomendacións de obras de Manuel María en Radioleiros:
Desde Bibloleiros recomendamos todos os venres, obras de singular valor literario na emisora municipal Radioleiros (101.5 FM).
As recomendacións do 13 de maio adicáronse a obras de Manuel María: "Teatro de guiñol" de Pirilampo. Libro-disco co que este grupo musical homenaxea ao poeta chairego e "Poemas escollidos", editado pola Casa-Museo Manuel María.
O 1 de xullo recomendamos "A tribo ten catro ríos" dirixida a neno-as maiores de 12 anos.
  

29/7/16

Recomendacións en Radioleiros: 29 de xullo

http://www.ipernity.com/doc/284673/42655604/in/album/863040
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=pb%2Cwrdl&q=alfaguara&idx=au%2Cwrdl&q=ende&idx=ti&q=momo&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busqueda- Infantil-xuvenil (10-12 anos):
"Momo" de Michael Ende, en Alfaguara.
Un conto clásico de Michael Ende no que narra a historia dunha nena orfa que vive nas ruínas dun anfiteatro, xusto nas aforas dunha cidade de Italia, sen nome. Momo posúe a extraordinaria habilidade de “saber escoitar”, polo que ten moitísimos amigos cos que convive felizmente. Pero esta atmosfera pracenteira remata coa chegada dos “Homes Grises”, uns estraños individuos que representan o Banco do tempo que farán que a xente se obsesione con aforrar tempo e deixen de facer todo aquilo que se considera unha perda de tempo: as artes, a imaxinación ou mesmo durmir. Momo será a súa maior ameaza, xa que a súa habilidade é un obstáculo para os plans dos Grises: Ela perde moitísimo tempo mentres escoita aos demáis. Unha auténtica metáfora da vida e unha crítica ao modelo racional que ten a sociedade de entender o tempo.
 
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=ti&q=pepa+a+loba&idx=pb%2Cwrdl&q=xerais&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busqueda- Mozos-as e adultos-as:
"Pepa a Loba" de Carlos G. Reigosa, editado por Xerais.
Aínda que xa con anterioridade, Carlos Reigosa tratou a figura de Pepa a Loba nunha reportaxe de investigación xornalística, nesta novela rescata a esta muller sen par que xa se empezaba a perder na nebulosa da tradición e nos ofrece unha novela de amor sobre un fondo de insólita violencia. A historia desta bandoleira galega que tanta sona acadou por terras galegas empeza cando é xulgada polo asasinato do seu home e condenada a cadea perpetua.
Tras fuxir do cárcere e saldar as contas pendentes co verdadeiro asasino, decide vivir, xunto co seu namorado á marxe da lei, desa lei que tan inxustamente a condenara.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

22/7/16

Recomendacións en Radioleiros: 22 de xullo

 http://www.ipernity.com/doc/284673/42503348/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1202034&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20xogando%20con%20gatos- Infantil:
"Xogando con gatos", texto de Antón Cortizas e ilustracións de Leandro Lamas. En Xerais.
Un canto para recuperar os xogos populares e a cultura lúdica tradicional cunha obra de teatro en catro actos cuns gatos e unha nena de protagonistas. Premio  Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2014. Unha opción distinta para o público máis novo.
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1210510 
- Mozos-as e adultos-as:
"Camille" de Pierre Lemaitre, editado por Alfaguara.
Unha nova entrega da serie protagonizada polo comisario Verhoeven. Desta vez o atraco a unha xoiaría, aféctao dun xeito persoal. Según a crítica e unha vez máis, Lemaitre vólvese opresivo  e sorprendente cunha trama espesa  que remata cunha viraxe radical.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

15/7/16

Recomendacións en Radioleiros: 15 de xullo

http://www.ipernity.com/doc/284673/42469502/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=%C3%BAnico+que+queda+amor&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Xuvenil:
"O único que queda é o amor" de Agustín Fernández Paz. Ilustracións de Pablo Auladell, en Xerais.  
Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil no ano 2008
Debido a que o 12 de xullo nos deixou o querido escritor Agustín Fernández Paz desexamos volver a recomendar unha obra del, que xa hai anos presentaramos neste espazo.
Agustín Fernández Paz foi un dos escritores máis recoñecidos da literatura galega, máis lidos e máis estimados polos lectores e lectoras e que deixa unha obra literaria fundamental. Podemos dicir que foi unha das persoas máis importantes da cultura galega da actualidade e un dos mellores escritores universais de literatura infantil e xuvenil destes últimos anos, e que esta calidade literaria  tamén vai unida a unha gran calidade humana.
Un referente ético para todos/as, unha persoa que sempre defendeu a lingua galega, fomentou a lectura e destacou o seu compromiso polo ensino público.
"O único que queda e ó amor" é un libro de relatos, que fala de amor e de lectura, onde os personaxes se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan as amarguras do desamor, da ausencia ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata o que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos.
Esta obra fala do amor e desamor. Fala de todas as facetas do amor, pero predomina o desamor. Segundo di o autor, predomina o desamor porque é algo que acontece sempre. O desamor chega cando quedamos baleiros de amor por culpa do azar, dunha decisión ou da morte. Aínda que parece o amor o tema principal da obra, o autor quería que fose  a lectura e a importancia dos libros en nós.
Agustín é un home que amou a literatura e o cine e que cría que as palabras posúen a forza necesaria para cambiar o mundo e pensaba que os libros son imprescindibles para axudarnos a soñar e vivir. Este libro é unha homenaxe do autor á lectura e á excelencia da escritura di que "as nosas primeiras lecturas deixan nas persoas un pouso que dura para toda a vida". O autor cita a Balzac, que dicía “nunha hora de amor hai unha vida enteira”.
Unha obra excelente,  un libro importante que permite anchear os límites da nosa narrativa, tanto para desfrutar coa súa lectura, como para coñecer novos autores ou autoras e novas obras.
Recomendámolo para adolescentes, a partir de 12 anos aproximadamente, pero tamén para mozos/as e adultos/as. Unha delicia a súa lectura.
E na vida o único que queda é o amor.
Prezado Agustín, sempre te teremos nos nosos corazóns.

 
- Mozas-os e adultas-os:
"O último día de Terranova" de Manuel Rivas, editado por Xerais.
Outro dos escritores fundamentais da literatura galega actual é Manuel Rivas e como aínda non recomendaramos a súa obra "O último día de Terranova" non queríamos deixar de facelo para animar a súa lectura nestes meses de verán.
O último día de Terranova fálanos da libraría Terranova que está a punto de pechar a causa
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1203983
da cobiza de especuladores inmobiliarios. Estamos no ano 2014. A libraría ten máis de sesenta anos de existencia e sempre foi un territorio de liberdade durante o franquismo, un refuxio para disidentes, perseguidos, libros descoñecidos ou prohibidos. Primeiro rexentárona Amaro e Comba, despois Eliseo e actualmente Vicenzo Fontana, quen coñeceu en Madrid a Garúa, unha moza arxentina, coa que regresa a Terranova e que transformará a vida da libraría en tempos da Transición democrática. Cando se pon en marcha o proceso de desafiuzamento e tenta facer fronte á especulación, revive a súa historia e a da libraría.
Coa sensibilidade que caracteriza a este autor, creou un texto fermoso e conmovedor co que tamén nos suxire outras obras literarias ás que nos podemos achegar.
Na Primeira Gala do Libro Galego, que tivo lugar o 14 de maio deste ano, organizada polas Asociacións de Escritores, de Libreiros e de Editores de Galicia, recibiu o premio á mellor obra de narrativa “pola súa complexa arquitectura, esixente, que recoñece o labor de libreiras e libreiros a través dun percorrido emocionante”.
Como nos di a propia editorial “a libraría Terranova converterase para quen entre nela nun lugar inesquecíbel”.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Con moito gusto... Fernández Paz

Eis as obras de Agustín Fernández Paz recomendadas a través do programa "Todo, todo está nos libros" de Radioleiros (101.5 FM):

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2011/07/recomendacions-en-radioleiros-1-de.htmlhttp://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2015/07/recomendacions-en-radioleiros-17-de.htmlhttp://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/07/recomendacions-en-radioleiros-4-de-xullo.htmlhttp://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2013/05/recomendacions-en-radioleiros-31-de-maio.html

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2012/02/recomendacions-en-radioleiros-3-de.htmlhttp://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2012/06/recomendacions-en-radioleiros-29-de.htmlhttp://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2013/02/recomendacions-en-radioleiros.htmlhttp://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2015/05/recomendacions-en-radioleiros-29-de-mayo_29.htmlhttp://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search?q=amizades

  Pulsa sobre a imaxe para coñecer máis de cada obra

12/7/16

Lembranza de Agustín Fernández Paz (1947-2016)


 
O Concello de Oleiros, e en especial o persoal das bibliotecas municipais, mostra a súa tristeza polo falecemento do querido escritor Agustín Fernández Paz e manifestan as súas condolencias pola desaparición deste magnífico autor. Desexan expresar o seu agradecemento pola súa produción literaria, pola súa sempre disposta colaboración e por poder gozar da súa amizade.

Un dos escritores máis recoñecidos da literatura galega, máis lidos e máis estimados polos lectores e lectoras e que deixa unha obra literaria fundamental. Un autor que recibiu numerosos premios, entre os que podemos destacar o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola fermosa obra O único que queda é o amor. Un referente ético para todos/as, unha persoa que sempre defendeu a lingua galega, fomentou a lectura e destacou o seu compromiso polo ensino público. 

Definíase como “un escritor galego para a humanidade” e afirmaba que “os libros eran imprescindibles para axudar a soñar e a vivir”.

Prezado Agustín, sempre te teremos nos nosos corazóns.

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=fernandez%20paz%2C%20agustin&limit=%28branch%3A%20OLE1%20%20or%20branch%3A%20OLE2%20%20or%20branch%3A%20OLE3%20%20or%20branch%3A%20OLE4%20%20or%20branch%3A%20OLE6%20%20or%20branch%3A%20OLE7%20%20or%20branch%3A%20OLE8%20%20or%20branch%3A%20OLE9%20%29&offset=120&sort_by=title_az

8/7/16

Recomendacións en Radioleiros: 8 de xullo

http://www.ipernity.com/doc/284673/42399462/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1193116- Xuvenil (maiores de 12 anos):
"Nubes de evolución" de Andrea Maceiras en Xerais.
Historia de tres vidas marcadas pola sociedade, tres vidas que conflúen nunha estación de autobuses e dunha pintada cun verso da canción “Angie” dos Rolling Stone. Os seus personaxes principais teñen en común unhas vidas poderíamos dicir…”imperfectas”, ou polo menos iso lles parece a eles, xeitos de vida que non encaixan na sociedade tal e como está concibida: unha moza de dezanove anos que limpa na estación de autobuses, un rapaz problemático e un profesor de secundaria viúvo e frustrado coa súa profesión.
 
- Mozos-as e adultos-as:
"Todo ese fuego" de Ángeles Caso, editado por Planeta.
O relato trasládanos a mediados do mil oitocentos, a Haworth, Inglaterra, onde Patrick Brontë vive xunto á súa muller Maria Branwell e aos seus seis fillos, cinco mulleres e un mozo. A vida dos Brontë transcorre sinxela e humilde ata que a perda da nai e dúas das nenas, deixa ao resto da familia nunha situación de desdita terrible. A novela descóbrenos a
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1096079tres mulleres, Charlotte, Emily e Anne, cos seus caracteres ben distintos pero cun soño común, expresar por medio da palabra escrita todo o talento que levan escondido no seu interior.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

5/7/16

Recomendacións en Radioleiros: 1 de xullo

http://www.ipernity.com/doc/284673/42385360/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1148525- Infantil (maiores de 12 anos):
"A tribo ten catro ríos" de Manuel María editado por SM.

Os habitantes de Outeiro de Rei vivían felices coidando do seu gando e celebrando romerías no campo de Santa Isabel ata que por un cantor vagabundo que un día cantou unhas cancións na praciña do Concello, enteráronse que o Paraíso Terreal tiña catro ríos, desde entón os veciños andaban buscando como conseguir un cuarto río, porque eles só tiñan tres: O Río Grande ou Pai Miño, O Ladra e finalmente o río Pequeno.
Foron xunta do párroco que falou co Bispo e ata co Papa, co Alcalde… pero a solución deuna Manueliño de Paderne, barbeiro e alguacil do Concello, que no seus ratos libres compoñía versos que eran quen de facer nacer regatos… Sempre que a xente antes os soñara...

 
- Adultos/as:
"A voz do vento" de Pemón Bouzas, en Xerais.
Corría o ano 1617, cando once barcos de piratas berberiscos asolaron a ría de Vigo e arrasaron coa vila de Cangas, un porto de gran esplendor, que desde entón quedou sumido na máis absoluta ruína social e económica. Esta situación levou a algúns membros da nobreza galega, con axuda da parte máis fundamentalista da Igrexa Católica e da Santa Inquisición a cobizar terras alleas, usando a denuncia por bruxería, sobre todo na persoa
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1197684dalgunhas mulleres que gozaban dunha boa posición económica coa finalidade de quedarse con parte dos seus bens.
Este foi o caso de María Soliño, a María Soliña do poema de Celso Emilio Ferreiro.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.