4/8/16

A esencia máis nosa: Manuel María deixou a súa inmensa pegada en Bibloleiros

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-23929.pdf
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-23929.pdfDentro do amplo programa que as Bibliotecas Municipais de Oleiros dedicaron ao Día das Letras Galegas, que este ano tivo como protagonista ao ilustre escritor Manuel María e para conseguir os obxectivos de achegar a figura deste excelente autor, dar a coñecer os seus principais poemas, as súas obras máis destacadas, as súas características máis significativas e promover a lectura dos seus libros, leváronse a cabo en todas as bibliotecas municipais diversas actividades:

Actividades para público infantil:
Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
- 5 maio: Atopando soños por Soledad Felloza (maiores de 5 anos)
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
- 9 maio: Poemas e contos musicados con Manuel María por Marisa Irimia (maiores de 5 anos)
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
- 11 maio: Quixera ser...soñador por Soledad Felloza (maiores de 5 anos)
Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
- 12 maio: O carteiro en bicicleta: contos para homenaxear a Manuel María por Caxoto (maiores de 5 anos)
Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
- 13 maio: A chave de abrir o mundo: contos para homenaxear as Letras Galegas por Soledad Felloza (maiores de 5 anos)
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
- 24 maio: Babacontos con Manuel María a cargo de Larraitz (maiores de 4 anos)
Actividade do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Mostras bibliográficas: 

Organizáronse nas sete bibliotecas municipais a mostra bibliográfica titulada “Ronsel de Manuel María” formada por obras escritas polo autor e outras que falan del, tanto da súa produción literaria como da súa biografía, así como marcapáxinas conmemorativo, murais e encrucillados.

En tres bibliotecas (Biblioteca Central Rialeda, Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz e Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda) puidemos contemplar a exposición de imaxes, fotografías e cubertas de diferentes libros da súa autoría titulada “A esencia máis nosa: Manuel María e a súa obra en imaxes”. 

Actividades para o alumnado dos Centros de Ensino Público: conferencias, concertos e recitais:
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz (Teatro As Torres)
- 24 maio ás 10:50 h.: Conferencia divulgativa sobre a biografía e obra de Manuel María, a cargo da escritora e profesora Mercedes Queixas. Dirixida a alumnado de ESO e bacharelato.

- 6 e 13 maio ás 12:45 h.: Teatro de guiñol: concerto de Pirilampo musicando poemas de Manuel María. Dirixidos a alumnado de educación infantil e primaria.

- 18 de maio ás 10:15 h. e 11:30 h.; 25 maio ás 10:30 h. e 11:45 h.: Manuel María: o vento na palabra na voz da actriz Soledad Felloza. Poesías seleccionadas das obras Os soños na gaiola e Versos do lume e o vagalume de Manuel María. Dirixidos a alumnado de 2º, 4º, 5º e 6º  de ensinanza primaria.


http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-23927.pdf




http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-23925.pdf
Lectura de poemas e publicación na canle de Youtube de Bibloleiros:
Durante o mes de maio de 2016, varias-os usuarias-os e traballadoras das Bibliotecas Municipais de Oleiros puxeron voz a poemas de Manuel María da súa preferencia. Grazas a todas-os elas-eles.
Eis unha homenaxe de Bibloleiros ao escritor de Outeiro de Rei, protagonista do Día das Letras Galegas.


Recomendacións de obras de Manuel María en Radioleiros:
Desde Bibloleiros recomendamos todos os venres, obras de singular valor literario na emisora municipal Radioleiros (101.5 FM).
As recomendacións do 13 de maio adicáronse a obras de Manuel María: "Teatro de guiñol" de Pirilampo. Libro-disco co que este grupo musical homenaxea ao poeta chairego e "Poemas escollidos", editado pola Casa-Museo Manuel María.
O 1 de xullo recomendamos "A tribo ten catro ríos" dirixida a neno-as maiores de 12 anos.
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario