A Cabeza de Medusa, de Marilar Aleixandre
Xerais
Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil (2008). Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) (2009). Premio Frei Martín Sarmiento (2010).
Marilar Aleixandre recentemente ingresou como académica de número na Real Academia Galega. Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros desexamos felicitala e darlle os nosos parabéns pola súa incorporación a esta institución.
Sofía e Lupe son dúas mozas, estudantes de 2º de bacharelato, que son violadas ao saír dunha festa de disfraces. Están tiradas nun descampado. Os mozos xa marcharon. Que fan? Chaman aos pais? Como lles explican o acontecido? Chaman á policía?
Unha vez que están cos pais deciden ir realizar a denuncia na policía, pero ao día seguinte sae a noticia no xornal. Cando Sofía a le, desgústase dobremente porque agora vano saber no instituto e vai ser público...
Unha obra moi interesante inspirada no mito da fermosa Medusa. Medusa foi violada por Neptuno no templo de Minerva e, en vez de ser el o castigado, Minerva castigou a Medusa. Na obra tamén imos ver como hai algunha persoa que culpa ás mozas. Son elas as que deben avergoñarse ou hai que castigar aos culpábeis? Que é mellor, denunciar e que se faga público, ou ocultalo e que o feito quede impune? Encima do terrible acontecemento polo que veñen de pasar, teñen que sufrir a actitude dalgunhas persoas...
Cunha prosa áxil, unha descrición dos sucesos nada morbosa preséntanos este feito e a reacción dalgunha parte da sociedade, pero, ao mesmo tempo, o papel da amizade e o amor que axudan a superar esta experiencia tan dura e a vergoña que ocasiona.
Unha magnífica novela xuvenil narrada con delicadeza e tenrura que recomendamos para adolescentes a partir de, aproximadamente, 14 anos.
- Mozas/os e adultas/os:
El accionista mayoritario, de Petros Márkaris
Tusquets
Presenta un novo caso do comisario Kostas Jaritos cun pano de fondo do mundo da publicidade e do terrorismo internacional.
Nun caloroso mes de xuño, Kostas Jaritos recibe a terrible noticia de que o barco no que viaxaba a Creta a súa filla Katerina e o seu mozo, para pasar unhas pequenas vacacións, acaba de ser asaltado por un comando terrorista. A vida de todos os pasaxeiros corre perigo, pero non se sabe de que nacionalidade son os secuestradores, nin que pensan esixir. A súa preocupación vai en aumento ao comprobar que pasan as horas e non se coñecen as reivindicacións dos terroristas.
Paralelamente ordénanlle investigar o asasinato dun modelo publicitario que traballa facendo anuncios para a televisión. Isto resúltalle difícil porque ten a mente no barco e no que lle pode acontecer a súa filla e ao seu mozo...
Unha novela policiaca moi entretida, áxil, ben escrita, cunha mirada crítica e escéptica sobre Grecia. Con gran ironía e moitas doses de humor, vainos presentando os distintos acontecementos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario