O Concello de Oleiros, e en especial o persoal das bibliotecas municipais, mostra a súa tristeza polo falecemento do querido escritor Agustín Fernández Paz e manifestan as súas condolencias pola desaparición deste magnífico autor. Desexan expresar o seu agradecemento pola súa produción literaria, pola súa sempre disposta colaboración e por poder gozar da súa amizade.
Un dos escritores máis recoñecidos da literatura galega, máis lidos e máis estimados polos lectores e lectoras e que deixa unha obra literaria fundamental. Un autor que recibiu numerosos premios, entre os que podemos destacar o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola fermosa obra “O único que queda é o amor”. Un referente ético para todos/as, unha persoa que sempre defendeu a lingua galega, fomentou a lectura e destacou o seu compromiso polo ensino público.
Definíase como “un escritor galego para a humanidade” e afirmaba que “os libros eran imprescindibles para axudar a soñar e a vivir”.
Prezado Agustín, sempre te teremos nos nosos corazóns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario