- Xuvenil (maiores de 12 anos):
"Nubes de evolución" de Andrea Maceiras en Xerais.
Historia de tres vidas marcadas pola sociedade, tres vidas que conflúen nunha estación de autobuses e dunha pintada cun verso da canción “Angie” dos Rolling Stone. Os seus personaxes principais teñen en común unhas vidas poderíamos dicir…”imperfectas”, ou polo menos iso lles parece a eles, xeitos de vida que non encaixan na sociedade tal e como está concibida: unha moza de dezanove anos que limpa na estación de autobuses, un rapaz problemático e un profesor de secundaria viúvo e frustrado coa súa profesión.

- Mozos-as e adultos-as:
"Todo ese fuego" de Ángeles Caso, editado por Planeta.
O relato trasládanos a mediados do mil oitocentos, a Haworth, Inglaterra, onde Patrick Brontë vive xunto á súa muller Maria Branwell e aos seus seis fillos, cinco mulleres e un mozo. A vida dos Brontë transcorre sinxela e humilde ata que a perda da nai e dúas das nenas, deixa ao resto da familia nunha situación de desdita terrible. A novela descóbrenos a tres mulleres, Charlotte, Emily e Anne, cos seus caracteres ben distintos pero cun soño común, expresar por medio da palabra escrita todo o talento que levan escondido no seu interior.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario