- Infantil (maiores de 12 anos):
"A tribo ten catro ríos" de Manuel María editado por SM.
Os habitantes de Outeiro de Rei vivían felices coidando do seu gando e celebrando romerías no campo de Santa Isabel ata que por un cantor vagabundo que un día cantou unhas cancións na praciña do Concello, enteráronse que o Paraíso Terreal tiña catro ríos, desde entón os veciños andaban buscando como conseguir un cuarto río, porque eles só tiñan tres: O Río Grande ou Pai Miño, O Ladra e finalmente o río Pequeno.
Foron xunta do párroco que falou co Bispo e ata co Papa, co Alcalde… pero a solución deuna Manueliño de Paderne, barbeiro e alguacil do Concello, que no seus ratos libres compoñía versos que eran quen de facer nacer regatos… Sempre que a xente antes os soñara...

- Adultos/as:
"A voz do vento" de Pemón Bouzas, en Xerais.
Corría o ano 1617, cando once barcos de piratas berberiscos asolaron a ría de Vigo e arrasaron coa vila de Cangas, un porto de gran esplendor, que desde entón quedou sumido na máis absoluta ruína social e económica. Esta situación levou a algúns membros da nobreza galega, con axuda da parte máis fundamentalista da Igrexa Católica e da Santa Inquisición a cobizar terras alleas, usando a denuncia por bruxería, sobre todo na persoa dalgunhas mulleres que gozaban dunha boa posición económica coa finalidade de quedarse con parte dos seus bens.
Este foi o caso de María Soliño, a María Soliña do poema de Celso Emilio Ferreiro.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario