17/4/20

Abre a fiestra á poesía e á ilustración... en liña! #EuQuedoNaCasa

http://esesitio.com/timba-de-relato-e-poesia-online-17-04
Ese Sitio é un espazo colaborativo en A Coruña que organiza actividades ao redor das artes plásticas, escénicas, audiovisuais, a música e a literatura. Serve de punto de encontro de creadoras-es onde ofrecen os seus produtos e acolle eventos culturais e sociais de grande interese. Na fin de semana que comeza podes participar na Timba: relato e poesía, que hoxe 17 de abril, será en liña: neste encontro poderás ler as túas composicións e escoitar as das-dos demáis participantes. Pide o teu convite a través de whatsapp 687 139 139.
https://www.instagram.com/davidpintor1975/?hl=esO ilustrador coruñés David Pintor ofrece este sábado 18 de abril, unha sesión de debuxo en directo a través de Instagram Live. David Pintor é un artista visual, ilustrador, humorista gráfico, caricaturista e pintor.
Non teme ningún soporte: ilustra tazas de cerámica, xoguetes infantís, a decoración en vinilo duns grandes almacéns en París, e por suposto, a ilustración de libros infantís e viñetas de humor político en prensa.
Comezou en 1993, xunto ao guionista Carlos López baixo o pseudónimo de Pinto & Chinto. As súas tiras apareceron en varias cabeceiras xornalísticas. Unha vez que se introducíu no mundo editorial con publicacións de literatura infantil, ten colaborado con Everest, SM, Anaya, Kalandraka, Sotelo Blanco, Círculo de Lectores, Biblos, Combel, etc.
En GaliciaLe podes ler "Desde unha estrela distante" de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pintor, para lectoras-es a partir de 8 anos, Recomendado en Radioleiros.
#EuQuedoNaCasa #yomequedoencasa

No hay comentarios:

Publicar un comentario