Versión Valdeorras achega á Rede filmes da comarca durante este repouso obrigado. Sempre Xonxa, Santoalla, Pradolongo, Os Fillos da vide, Lobos sucios ou Espírito Abertal son algúns dos filmes que forman parte do festival virtual. Desde o 9 de abril esta iniciativa de cineastas da zona está a publicar na Rede un total de doce filmes en tres quendas.
Foi xa a primeira quenda á que seguirán outras dúas, previstas para os días 16 a 19 de abril e a última entre o 23 e o 24. A maior parte dos filmes está dispoñible en aberto durante unha semana, aínda que algúns só poderán verse nas 48 horas seguintes á súa estrea.
En GaliciaLe podes ver o documental "As silenciadas", que adica os tres primeiros capítulos a varias guerrilleiras das terras de Valdeorras que participaron en organizacións da resistencia antifranquista nos anos 40 do pasado século.
Non te perdas as películas e documentais desta iniciativa contra a desmemoria e o descoñecemento. Viaxa á a comarca máis oriental da provincia de Ourense, a comarca dos petróglifos de Valdegodos e Petín, da Vía Nova romana, das beiras do Sil, Xares e Bibei que producen nos seus vales caldos saboreados en todo o mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario