Canto de cada un de nós procede doutro lugar, doutros países? Esta é unha exposición de vitorias, de derrotas, de traizóns, aventuras. Seis mil anos de historia, na procura dos momentos de formación de moitos dos trazos da identidade galega. Sirvan estas palabras de Manuel Gago Mariño, xornalista, profesor, escritor e comisario da exposición Galicia, un relato no mundo, a modo de resume do que foi esta extraordinaria exposición que pechou as súas portas físicas o 12 de abril.
A pandemia obrigou a que as visitas se interrompesen o pasado 13 de marzo. Un percorrido que nos leva desde a prehistoria á actualidade e afonda nas relacións entre o territorio histórico galego e o resto do mundo. Foi o primeiro capítulo da triloxía de exposicións da Xunta con motivo do Xacobeo 2021. A exposición agrupou numerosas pezas de alto valor simbólico para a historia e a cultura do noso país, conservadas en prestixiosas coleccións museísticas de todo o mundo como a Cambridge University-Parker Library, as Bibliotecas Bodleian da Universidade de Oxford, o Museo del Prado, etc. En moitos casos, chegaron a Galicia por vez primeira para seren exhibidas nesta mostra.
Para quen non puidera gozar dela pode facer un paseo virtual pola mesma e ver en liña o seu marabilloso catálogo.
Fonte: cidadedacultura.gal
Fonte: cidadedacultura.gal
Grazas por este inmenso relato de nós mesmas-os, grazas por amosar a fecunda presenza de Galicia en todo o mundo!
En GaliciaLe tedes á vosa disposición varias obras de Manuel Gago.
#euquedonacasa #yomequedoencasa
No hay comentarios:
Publicar un comentario