Os parques, xardíns e zonas verdes de Oleiros ocupan unha superficie considerable (729.000 m2). Botamos de menos saír e camiñar eses lugares onde se respira natureza. O Parque Ibarrola (Montrove, Liáns), xardín romántico para pasear ao abrigo das ruínas do antigo Pazo de A Capela. O Bosque dos Veciños (Liáns), pulmón verde do concello con arte e historia: Igrexa de Santa Eulalia de Liáns e Pazo de Lóngora. Parque as Galeras (Bastiagueiro, Liáns) ideal para pasear, xogar ou facer deporte ao carón do mar. Ten o "Miradoiro do eco" onde nos sorprenderá un espectacular efecto sonoro. E moitos máis.
Se queres gozar, polo de agora, da visita virtual, a outros parques de España, coñece a web Vivirlosparques.es, páxina especializada para descubrir parques e xardíns españois de forma didáctica e interactiva. Neste escaparate tes paseos virtuais en 3D, mapas, fichas descriptivas, e outras ferramentas interactivas. Deixámosche dous exemplos: na cidade da Coruña podes visitar virtualmente os Xardíns de Méndez Núñez e en Barcelona, o Parc de la Ciutadella.
Eis a suxestión de varias lecturas, á túa disposición en GaliciaLe: "O xardín das bolboretas" de Laura Weston, "O xardín das pedras flotantes" de Manuel Lourenzo González e "El mesías de las plantas: aventuras en busca de las especies más extraordinarias del mundo" de Carlos Magdalena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario