20 novas incorporacións no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda.
Prema sobre a imaxe para descargar a guía e comprobar dispoñibilidade.
30/4/15
28/4/15
Tertulia literaria en Rialeda: 29 de abril (Grupo A)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario de "El libro de arena" de Jorge Luis Borges.
Documentación
Obras de Jorge Luis Borges nas nosas bibliotecas.
A seguinte obra programada é "Diarios" de Syra Alonso.
Durante esta sesión celebraremos o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor/a. Para elo animamos aos/ás participantes a traer - a xeito de agasallo - libros (preferentemente non lidos) que serán repartidos entre tod@s seguindo o xogo do "amigo invisible". Cada participante deberá poñer en común o porqué da súa escolla.
27/4/15
27 de abril: "Contos do candil que ninguén cre" en Rialeda
Data: luns 27 de abril ás 16:50 h.
Lugar: 2º andar da Biblioteca Central Rialeda de Perillo.
"Contos do candil que ninguén cre" será posto en escena por Ramiro Neira, e está inspirado en historias dos libros "A lús do candil", "Contos da néboa" e "Historias que ninguén cre" do autor lugués Ánxel Fole.
Actividade dirixida ao alumnado de 2º A e B de ESO do I.E.S. María Casares.

24/4/15
Hora do conto e actividades de animación á lectura: de 27 a 30 de abril
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 27 de
abril
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981
626638)
CONTACONTOS:Soledad Felloza
CONTACONTOS:Soledad Felloza
TÍTULO: "Cabaliño Hop!"
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 28 de abril
CONTACONTOS: Lilí Gruyere de Trinke Trinke
TÍTULO: "O coelliño"
Martes 28 de abril
CONTACONTOS: Lilí Gruyere de Trinke Trinke
TÍTULO: "O coelliño"
Mércores 29 de
abril
Para nenas-os de 3 a 12 anos Aforo
completo!!!
COMPAÑÍA: Teatro Babaluva
ACTIVIDADE: “Obradoiro de ilustración ÑAM!”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 30 de abril
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981
639511)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO:
“Glub!”
Recomendacións en Radioleiros: 24 de abril
"Barrotes dourados" de Pasqual Alapont, tradución de Ignacio Chao, en Xerais.
O único punto de apoio que atopa Alexander cando a súa moza Carolina falece nun accidente de moto é a organización Papirus, relacionada co mundo exipcio. Pouco a pouco a súa vida xira totalmente ao redor do grupo, o que lle xera unha certa confusión...

- Mozos-as e adultos/as:
"Rana" de Mo Yan, editado por Kailas.
Wan Xin é unha moza chinesa que estuda obstetricia co fin de axudar nos partos ás mulleres do rural, o que evita dores e desgrazas entre a poboación feminina, e que a transforma nunha heroína. Todo cambia cando se impón a política de planificación familiar do réxime de Mao.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
21/4/15
Festa do día do libro en Bibloleiros: “Abril, libros mil”
- Festa do día do libro na Biblioteca Central Rialeda:
23 de abril, ás 18:30 horas: a Compañía Títeres Cachirulo realizará a representación de “O libro da selva”, unha adaptación do texto de Rudyard Kipling. É imprescindible reservar praza na biblioteca ou chamando ao 981 639 511.
Este mesmo día e tamén na Biblioteca Rialeda, regalarase un libro a todas as persoas que leven fondos bibliográficos en préstamo.
Exposición de obras de autoras e autores galardoados co Premio Cervantes, entre os que destacamos os últimos premiados como: Juan Goytisolo, Elena Poniatowska, José Manuel Caballero Bonald, Nicanor Parra, Ana Mª Matute, José Emilio Pacheco, Juan Marsé, etc.
Mostra bibliográfica de diferentes edicións da insigne novela de Miguel de Cervantes “Don Quijote de la Mancha”, entre as que destacamos unha edición facsimilar dunha publicación de 1780 da editorial Olimpo, enriquecida con 36 gravados e un díptico da época, máis 50 láminas de Gustavo Doré; unha edición de Anaya con ilustracións de José Ramón Sánchez; ou unha tradución ao galego publicada por Xuntanza-Boreal, con ilustracións de Xavier Correa Corredoira, entre outras.
- Festa do libro nas bibliotecas auxiliares:
Contacontos, ás 18:30 horas, dirixidos a nenas e nenos menores de 12 anos: o día 21 de abril quen queira gozar cos contos de Paula Carballeira pódese achegar á Biblioteca de Montrove, o mércores 22 na Biblioteca Rosalía de Castro en Santa Cruz actuará Chus Álvarez de Cucarandainas (neste caso as prazas xa están cubertas); o venres 24, na Biblioteca de Mera con Lilí Gruyere da Compañía Trinke Trinke.
- Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz):
Exposición de obras de autores/as galardoadas co Premio Cervantes.
Exposición de libros infantís relacionados co Quijote (adaptacións, personaxes, etc…)
“Colorea os/as personaxes do Quixote recorta e viste”: cando teñamos todos os/as personaxes pintados e vestidos faremos un mural na entrada da biblioteca, onde contaremos unha pequena historia de cada un deles.
- Biblioteca Mª José Trincado (Mera):
Exposición de libros galardoados co Premio Cervantes.
Exposición de libros escritos por Miguel de Cervantes.
Caligramas con frases do Quixote sobre muíños de vento.
Para os nenos/as dar cor a personaxes do Quijote: Dulcinea, Sancho, D. Quijote…
De boca en boca: os/as usuarios/as recomendarán un libro.
- Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé):
Exposición de fondos dos/as autores/as que acadaron o Premio Cervantes, incluíndo tamén fondos de Eduardo Galeano e Günter Grass a xeito de homenaxe polo seu pasamento.
E como homenaxe ao Quixote, no seu 400 aniversario da publicación de segunda parte, exporasen tamén exemplares desta obra cume da literatura universal e para os máis pequenos un concurso de debuxos sobre o Quixote.
- Biblioteca Federico García Lorca (Montrove):
Exposición sobre libros infantís baseados nas obras de Shakespeare e Cervantes titulada “Entre Shakespeare e Cervantes anda o conto”.
- Biblioteca Ánxel Fole (Nós):
Exposición bibliográfica con algunhas das obras galardonadas co Premio Cervantes: Torrente Ballester, Juan Goytisolo, Vargas Llosa, Delibes, etc.
Pequena mostra do escritor, recentemente falecido, Eduardo Galeano.
Exposición de fotografías que representan a importancia dos libros ao longo do tempo. Persoas de distintas partes do mundo posan con libros nas mans, estatuas e esculturas de distintas cidades amosan o culto polo libro en certas culturas.
- Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda):
Exposición de fondos dos autores que acadaron o Premio Cervantes.
Levarse a cabo a actividade “O que le, vístese por dentro” que consiste en que os/as usuarios/as recomenden lecturas, deuvedés, cedés. Estas recomendacións farannas en prendas de roupa (feitas en cartolina) e colgaranse por toda a biblioteca.
- Biblioteca Manuel María (Oleiros):
Exposición bibliográfica con algunhas das obras galardonadas co Premio Cervantes.
Dar cor a personaxes do Quijote: Dulcinea, Sancho, don Quijote...
Continuamos coas Tertulias literarias para mozos/as e adultos/as na Biblioteca Central Rialeda e na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz. No grupo B da Biblioteca Rialeda, o 22 de abril comentarase a obra “La invención de Morel” de Adolfo Bioy Casares e na Biblioteca de Santa Cruz están lendo “Olive Kitteridge” de Elizabeth Strout.
- Festa do libro con actividades para o alumnado dos centros de ensino público de Oleiros:
Estanse a realizar na Biblioteca Central Rialeda, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz e na Biblioteca Manuel María de Oleiros polas mañás, actividades de fomento da lectura dirixidas especificamente a alumnado dos centros de ensino público de Oleiros, tanto a colexios de educación infantil e primaria como a institutos.
O martes 21, na Biblioteca de Oleiros, realizarase o "Obradoiro de iniciación ao debuxo" a cargo de Santy Gutiérrez, para alumnado de 4º curso de primaria do CEIP Rabadeira.
O mércores 22 e xoves 23, na Biblioteca Central Rialeda, levarase a cabo o contacontos “Bailar nas Nubes” por Soledad Felloza, para alumnado de educación infantil do CEIP Valle-Inclán.
O mércores 22 e venres 24, na Biblioteca de Santa Cruz, representarase o espectáculo teatral infantil “Lobo Bobo” pola compañía Elefante Elegante, para alumnado de educación infantil, 1º e 2º de primaria do CEIP Isidro Parga Pondal.
O mércores 22 e xoves 23, na Biblioteca de Oleiros, o ilustrador Manel Cráneo impartirá "Obradoiros de iniciación ao debuxo", tamén para alumnado de 4º de primaria do CEIP Rabadeira.
O xoves 23, no Teatro As Torres de Santa Cruz, festa especial cun espectáculo interactivo de música, poesía, pintura e danza, titulado “Hip Hop Poema Pop” a cargo de Modestos Contos de Broadway, dirixido a alumnado de 5º de primaria do CEIP Rabadeira.

Tertulia literaria en Rialeda: 22 de abril (Grupo B)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario de "La invención de Morel" de Adolfo Bioy Casares.
Documentación
Obras de Adolfo Bioy Casares nas nosas bibliotecas.
A seguinte obra programada é "La firma de todas las cosas" de Elizabeth Gilbert.
Durante esta sesión celebraremos o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor/a. Para elo animamos aos/ás participantes a traer - a xeito de agasallo - libros (preferentemente non lidos) que serán repartidos entre tod@s seguindo o xogo do "amigo invisible". Cada participante deberá poñer en común o porqué da súa escolla.
20/4/15
Presentación do libro "Bibliotecarias e bibliotecarios "infames" na Biblioteca de Santa Cruz: 20 de abril
Francisco Xavier Redondo Abal é investigador, ensaísta, bibliotecario da Universidade de Santiago de Compostela e autor dos libros "Proceso a unha biblioteca: a persecución de Castelao a través da incautación da súa biblioteca" (Laiovento, 2010); "O fulgor e as tebras: as bibliotecas na Galiza de II República e a súa destrución durante a Guerra Civil" (Laiovento, 2009); "Memoria(s) de Marcelino Fernández Prada: un alcalde socialista e revolucionario" (A Nosa Terra, 2007); e do artigo "A pillaxe da biblioteca de Santiago Casares Quiroga: un exemplo de incautación dunha biblioteca privada" (En A trabe de ouro; t. 1).
Presenta o seu último libro "Bibliotecarias e bibliotecarios “infames”, o 20 de abril ás 18:00 horas na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz). Neste interesante título, Francisco X. Redondo Abal, fai un xusto exercicio de reparación da memoria de figuras da nosa cultura como Teresa Vaamonde, Luisa Cuesta, María Brey, Nicéforo Cocho, Ramón Iglesia, Juan Vicens, María Muñoz e Juana Capdevielle.
17/4/15
Hora do conto e actividades de animación á lectura: de 21 a 24 de abril
Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Martes 21 de abril
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Contos que trouxo o vento do norte para que escoiten as túas orellas”
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 22 de abril
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626338)
CONTACONTOS: Chus Álvarez de Cucarandainas
TÍTULO: “EntreCaixas”
Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 23 de abril
Para nenas-os de 3 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639511, chama a partir do luns 20 de abril) Prazas agotadas!!!
COMPAÑÍA: Títeres Cachirulo
ACTIVIDADE: “O libro da selva”
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 24 de abril
CONTACONTOS: Lilí Gruyere de Trinke Trinke
TÍTULO: “Avós”
Recomendacións en Radioleiros: 17 de abril
- Infantil (menores de 8 anos):Uno y siete, de Gianni Rodari e ilustrado por Beatrice Alemagna
SM, 2001
Sete nenos de paisaxes urbanas e países diferentes, pais de distintos oficios e cores de pel. A historia dun neno que á vez é sete nenos máis, exemplo de integración de Gianni Rodari, premio Andersen e magníficamente ilustrada por Beatrice Alemagna.
- Mozos/as e adultos/as:
Vidas exemplares, de Uxía CasalXerais, 2006
Os protagonistas dos 21 relatos son persoeiros trastornados que están no fío da navalla, entre a loucura e a cordura, entre o explicable e o incomprensible. Ao longo dos mesmos, destacamos a capacidade de sorpresa e marabillamento coa que mantén en vilo ao lector. Formato recomendábel para a fin de semana pola axilidade e frescura dos textos.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
16/4/15
Novas incorporacións dvd infantil na Biblioteca Central Rialeda (abril 2015)
Eis as novas incorporacións de dvd infantil na Biblioteca Central Rialeda!
Preme sobre a imaxe para descargar a guía e comprobar dispoñibilidade.
Preme sobre a imaxe para descargar a guía e comprobar dispoñibilidade.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
15:58
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca Central Rialeda,
Novidades
14/4/15
Günter Grass e Eduardo Galeano, voces irrepetibles
Na Biblioteca Central Rialeda ofrecemos unha mostra de obras dos autores Günter Grass e Eduardo Galeano, recentemente falecidos.

Podes botar unha ollada aos títulos na planta baixa da biblioteca, xusto antes do acceso á escaleira principal.
O uruguaio Eduardo Galeano, xornalista e escritor comprometido coa dignidade dos pobos latinoamericanos, apaixoado do fútbol e da cultura, podese considerar un humanista do século XX. Encarcerado no ano 1973, a súa obra foi censorada polas dictaduras arxentina, chilena e uruguaia. Con todo, a súa obra foi traducida a unha veintena de linguas. Curiosamente a súa opinión acerca da súa obra capital "Las venas abiertas de América Latina" non é nada condescendente: "non tiña a formación axeitada nin o coñecemento debido de política e economía".

O autor alemán Günter Grass foi investido co Premio Nobel no ano 1997 e o Premio Príncipe de Asturias en 1999. Neste caso, o compromiso do autor de "El tambor de hojalata" remitese ao pasado recente do seu país. As súas opinións, frecuentemente polémicas, incluíndo o seu recoñecemento de ter sido membro das SS en tempos de Hitler ("Piel de cebolla"), son, con todo, referencia moral e política no país xermano. Crítico coa reunificación e coa deriva europea no século XXI, resume a súa esperanza contra a devaluación da cultura e o humanismo cunha sinxela frase: "Non hai espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le".
Podes botar unha ollada aos títulos na planta baixa da biblioteca, xusto antes do acceso á escaleira principal.
Tertulia literaria en Rialeda: 15 de abril (Grupo A)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario de "Las buenas personas" de Nir Baram.
Documentación
Obras de Nir Baram nas nosas bibliotecas.
A seguinte obra programada é "El libro de arena" de Jorge Luis Borges.

Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario de "Las buenas personas" de Nir Baram.
Documentación
Obras de Nir Baram nas nosas bibliotecas.
A seguinte obra programada é "El libro de arena" de Jorge Luis Borges.
15 de abril: Inicio 3º trimestre na Tertulia Literaria (Grupo A)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comenzamos o 3º e último trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo A.
- "Cometas en el cielo", de Khaled Hosseini
Datas:
- Abril: días 15 e 29
- Maio: días 13 e 27
- Xuño: día 10
Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.
13/4/15
Actividades de promoción da lectura "Abril, libros mil": de 13 a 17 de abril
As Bibliotecas Municipais de Oleiros, conmemoran durante todo o mes e baixo o título de “Abril, libros mil”, o Día Internacional do Libro, organizando numerosas actividades de promoción da lectura para dinamizar as bibliotecas como espazos de ocio e aprendizaxe dirixidos a toda a poboación, actos que abarcan diferentes idades e distintos formatos:
Contacontos para nenas e nenos de 5 a 12 anos (ás 18:30 h.):
- 13 de abril: Biblioteca de Dorneda, con Trinke Trinke.
- 14 de abril: Biblioteca de Oleiros, con Ramiro Neira.
- 15 de abril: Biblioteca de Santa Cruz, con Gemola.
- 16 de abril: Biblioteca de Lorbé, con Caxoto.
- 17 de abril: Biblioteca de Nós. con Pablísimo.
Contacontos para nenas e nenos de 1 a 4 anos (ás 18:30 h.):
- 16 de abril: Biblioteca Central Rialeda, con Cucarandainas. Prazas esgotadas!!!
Tertulias literarias para mozas/os e adultas/os:
- 15 de abril: Biblioteca Central Rialeda (grupo A): comentario de "Las buenas personas" de Nir Baram.
- 22 de abril: Biblioteca Central Rialeda (grupo B): comentario de "La invención de Morel" de. A. Bioy Casares.
Na tertulia da Biblioteca de Santa Cruz estase lendo "Olive Kitteridge" de Elizabeth Strout.
Actividades para o alumnado dos centros públicos de ensino de Oleiros:
Biblioteca Central Rialeda:
- 14 de abril: Soledad Felloza con "Bailar nas nubes".
- 15 e 17 de abril: Visitas programadas incluíndo o contacontos "Feirantes" con Ramiro Neira.
Biblioteca de Santa Cruz:
- 14 de abril: Elefante elegante con "Lobo bobo".
- 16 e 17 de abril: Obradoiro de ilustración "Sensacións debuxadas" con Manel Cráneo.
Encontro coa escritora e activista Thamizhachi Thangapandian
O luns 13 de abril, ás 10:45 horas, estará nas Torres de Santa Cruz a escritora e activista támil Thamizhachi Thangapandian para ter un encontro con alumnado dos tres institutos de Oleiros. Esta poeta visita Galicia a través da organización galega de cooperación ao desenvolvemento Implicadas no Desenvolvemento. A autora támil non é só unha das voces máis prestixiosas da escrita poética en lingua támil, senón que tamén é unha traballadora incansable a prol da palabra das mulleres.
Nas vindeiras semanas proseguirán máis actividades para o alumnado: “De Fole a Miranda” que é un contacontos de relatos de Ánxel Fole e Xosé Miranda; “Mitos e deidades: Mitoloxía da antiga Gallaecia” conferencia a cargo de Manuel Gago; recital de poesías de “Campos de Castilla” de Antonio Machado; “Mulleres que corren con lobos” a cargo de Inés Cuadrado e o músico Xocas Meijide; obradoiro xuvenil de poesía coa poeta Yolanda Castaño; actividade sobre Martín Codax co músico Juan Carlos Vázquez; “Contos escollidos” de Emilia Pardo Bazán a cargo de Soledad Felloza.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)