20/10/26

Mundos que xa non están: expo bibliográfica en Rialeda

Mundos que xa non están: expo bibliográfica en Rialeda
Mundos que xa non están
é unha expo de novelas que toma prestado o seu título da novela De un mundo que ya no está de I. Y. Singer.

Contan infancias, xeografías, emocións, lugares, oficios, obxectos pretéritos, reais ou imaxinarios que endexamais retornarán. Vítimas do esquecemento, progreso, inxustiza, o río do tempo foi botando fóra do seu curso a persoas e comunidades que deixaron a súa pegada na literatura que hoxe che brindamos.

Recorda momentos que foron e sociedades que viviron, nas xeiras outonizas que nos agardan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario