O uruguaio Eduardo Galeano, xornalista e escritor comprometido coa dignidade dos pobos latinoamericanos, apaixoado do fútbol e da cultura, podese considerar un humanista do século XX. Encarcerado no ano 1973, a súa obra foi censorada polas dictaduras arxentina, chilena e uruguaia. Con todo, a súa obra foi traducida a unha veintena de linguas. Curiosamente a súa opinión acerca da súa obra capital "Las venas abiertas de América Latina" non é nada condescendente: "non tiña a formación axeitada nin o coñecemento debido de política e economía".
O autor alemán Günter Grass foi investido co Premio Nobel no ano 1997 e o Premio Príncipe de Asturias en 1999. Neste caso, o compromiso do autor de "El tambor de hojalata" remitese ao pasado recente do seu país. As súas opinións, frecuentemente polémicas, incluíndo o seu recoñecemento de ter sido membro das SS en tempos de Hitler ("Piel de cebolla"), son, con todo, referencia moral e política no país xermano. Crítico coa reunificación e coa deriva europea no século XXI, resume a súa esperanza contra a devaluación da cultura e o humanismo cunha sinxela frase: "Non hai espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le".
Podes botar unha ollada aos títulos na planta baixa da biblioteca, xusto antes do acceso á escaleira principal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario