Francisco Xavier Redondo Abal é investigador, ensaísta, bibliotecario da Universidade de Santiago de Compostela e autor dos libros "Proceso a unha biblioteca: a persecución de Castelao a través da incautación da súa biblioteca" (Laiovento, 2010); "O fulgor e as tebras: as bibliotecas na Galiza de II República e a súa destrución durante a Guerra Civil" (Laiovento, 2009); "Memoria(s) de Marcelino Fernández Prada: un alcalde socialista e revolucionario" (A Nosa Terra, 2007); e do artigo "A pillaxe da biblioteca de Santiago Casares Quiroga: un exemplo de incautación dunha biblioteca privada" (En A trabe de ouro; t. 1).
Presenta o seu último libro "Bibliotecarias e bibliotecarios “infames”, o 20 de abril ás 18:00 horas na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz). Neste interesante título, Francisco X. Redondo Abal, fai un xusto exercicio de reparación da memoria de figuras da nosa cultura como Teresa Vaamonde, Luisa Cuesta, María Brey, Nicéforo Cocho, Ramón Iglesia, Juan Vicens, María Muñoz e Juana Capdevielle.
No hay comentarios:
Publicar un comentario