2/10/24

Presentación de "Los secretos del árbol" de Bego Gayoso: 3 outubro 2024

Xoves 3 de outubro ás 19 h.

Intervirán: a autora: Bego Gayoso; a especialista en Pedagoxía Sistémica: Charo López Amor.

Los secretos del árbol é unha obra que indaga na historia da familia da autora. Todos os personaxes, lugares e acontecementos son reais, pero están narrados buscando que o lector se sinta identificado coa vivencia.

Bego Gayoso é economista e Máster en COMEX. Desenvolveu a súa carreira na empresa privada e na Xunta de Galicia durante unha década. A raíz da súa maternidade emprende un profundo proceso de transformación persoal, tras descubrir a psicoxenealoxía e o transxeneracional, que lle axudan a comprender moitos dos conflitos e repeticións que vivía na súa vida. Decide cursar un posgrado en Bioneuroemoción e fórmase en PNL e Life Coach para dedicarse de cheo a compartir os seus descubrimentos e reflexións, de forma pública, e axudar a outras mulleres a resolver os seus conflitos, exercendo como terapeuta e escritora desde hai dez anos.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

27/9/24

Recomendacións en Radioleiros: 27 setembro 2024

Recomendacións en Radioleiros: 27 setembro 2024
- Infantil (crianzas a partir de 4 anos):"Osa" de José Ramón Alonso; ilustrado por Lucía CoboLucía Cobo
Osa de José Ramón Alonso; ilustrado por Lucía Cobo. En Kalandraka.
Osa está soa e coa chegada do inverno busca un lugar para durmir. Unha mañá, a luz inunda o seu agocho, a súa tripa axítase e non é de fame…
Álbum tenro e poético sobre a maternidade que pon en valor a calma e a serenidade da natureza.

"Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas, adaptación de Iria Aldegunde- Mocidade e persoas adultas:
Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas, adaptación de Iria Aldegunde. Editado por Galaxia.
Adaptación ao cómic do libro máis lido e traducido da literatura galega que trata dos recordos de infancia dun neno pobre dunha aldea galega nos anos 40.
Iria Aldegunde, con mestría e sensibilidade, pon en imaxes o mundo que Balbino contempla ao seu redor cos ollos moi abertos e que adoece por entender, pois, como el afirma, vimos ao mundo cunha alforxa de preguntas.
Unha fantástica oportunidade para que novo lectorado se adentre no universo de Neira Vilas ao tempo que permite volver visitar esta historia a quen xa a coñece.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Hora do conto e Ler conta moito: 30 de setembro a 4 de outubro 2024

Hora do conto e Ler conta moito: 30 de setembro a 4 de outubro 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 

Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.

Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 30 de setembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “Debulendo lendas galegas”
CONTACONTOS: Tarabelos

Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 1 de outubro, ás 17:30 
Para crianzas a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
OBRADOIRO: “Creamos o noso pop-up”
MONITORADO: Xogando nas nubes

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 2 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Unha tarde especial con Dori”
CONTACONTOS: Batucado y Emusin

Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 3 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
ESPECTÁCULO: “Dúas heroínas voando van”
CONTACONTOS: Raquel Crespo

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 3 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Unhas maxias rebuldeiras”
CONTACONTOS: A maga Fani

Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 4 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Fíos do querer”
CONTACONTOS: Cé orquestra pantasma

Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 4 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
ESPECTÁCULO: “Quiquiriquí!”
CONTACONTOS: Raquel Crespo

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

24/9/24

Clubs de lectura e Tertulias Literarias na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz): ábrese a inscrición o 26 de setembro ás 10:00 h.

Clubs de lectura e Tertulias Literarias na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz): ábrese a inscrición o 26 de setembro ás 10:00 h.
A partir do 26 de setembro, ás 10:00 horas
, as persoas que o desexen poderanse inscribir nos Clubs de lectura e Tertulias Literarias que se van realizar na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz). 

Comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura. O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.
 
Como inscribirse:
- Presencialmente na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca (Mañás: de martes a venres de 9:45 a 13:00 h.; Tardes: de luns a venres de 16:00 a 20:00 h.; primeiro e terceiro sábado de mes de 10:00 a 14:00 h.)
- En liña, nesta ligazón https://xurl.es/arut3

Ofértanse 57 prazas distribuídas en : 
-2  grupos de 19 persoas cada un que se reunirán os martes quincenalmente  ás 17:30 hs. 
A duración da actividade será de 120 minutos.
-1 grupo de 19 persoas que se reunirán mensualmente os martes ás 11:00hs.
A duración da actividade é de 90 minutos.
A primeira sesión do grupo A e C (mañás) será o 22 de outubro e o 29 de outubro para o grupo B.
 
As persoas solicitantes sen praza formarán parte dunha lista de agarda.
Non se admitirán solicitudes previas á data sinalada.
Poden inscribirse todas as persoas maiores de 18 anos que desexen participar.
Teñen prioridade as persoas empadroadas no Concello de Oleiros. 
A actividade remata no mes de xuño de 2025.
 
Tamén se van realizar clubs de lectura na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) e na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros). Para estas bibliotecas o prazo de inscrición abrirase no mes de outubro.

“Novelas que aluman a minguante luz de outono” en Rialeda

“Novelas que aluman a minguante luz de outono” en Rialeda
O inicio do outono é a época do ano no que os días se acurtan máis rápidamente. Nas latitudes da península ibérica, o Sol sae polas mañás máis dun minuto despois que o día anterior, e ponse pola tarde máis dun minuto antes. Nesta época do ano, o tempo no que o Sol está por riba do horizonte diminúe case tres minutos cada día.
O outono de 2024 deu comezo o 22 de setembro ás 14 horas 44 minutos no hemisferio norte. Info obtida da web do IGN
A duración da estación de uvas, figos, granadas, marmelos, noces e castañas, será de aproximadamente 89 días e 21 horas.
Vai ser tamén a desta escolma bibliográfica que presentamos baixo o título “Novelas que aluman a minguante luz de outono” no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Agardamos que sexa do teu gusto.

20/9/24

Recomendacións en Radioleiros: 20 setembro 2024

Recomendacións en Radioleiros: 20 setembro 2024"O trocatintas" de Gonçalo Viana- Infantil (crianzas menores de 6 anos):
O trocatintas de Gonçalo Viana. En Bululú.
Unha aposta estética para as-os máis novas-os cun texto humorístico e ben construído.

 
 
"A las dos serán las tres" de Sergi Pàmies
- Mocidade e persoas adultas:
A las dos serán las tres de Sergi Pàmies. Editado por Anagrama.
Audiolibro dispoñible en eBiblio

Dez contos con detalles autobiográficos, retranca e moitos recursos que fan de Pámies unha das opcións máis interesantes da literatura actual.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

17/9/24

Hora do conto e Ler conta moito: 24 a 27 de setembro 2024

Hora do conto e Ler conta moito: 24 a 27 de setembro 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.  

Martes 24 de setembro, ás 18:30 
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
TÍTULO: “Contos para caghar patatillas”
CONTACONTOS: Brais das Hortas

Mércores 25 de setembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
TÍTULO: “A incrible historia da maxia”
CONTACONTOS: Mago Teto

Xoves 26 de setembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
TÍTULO: “A gaita galega”
CONTACONTOS: Antón Ke

Xoves 26 de setembro, ás 17:30  
Para crianzas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “Contos en figuras luminosas”

Venres 27 de setembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
TÍTULO: “Aitana e avoa e outros contos violetas”
CONTACONTOS: Soraya Lema

Venres 27 de setembro, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507) -iniciamos a inscrición o 24 de setembro-
OBRADOIRO: “SOS a Terra: propiedades da auga”

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Clubs de Lectura e Tertulias Literarias para mocidade e persoas adultas nas bibliotecas municipais 2024-2025

Comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa, procurando o lado formativo e, á vez, lúdico da lectura.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
Clubs de reunións cada 15 días:
Quincenalmente, os mércores, ás 17:30 horas.
Duración da actividade: 2 horas

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz.
Clubs de reunións cada 15 días:
Quincenalmente, os martes, ás 17:30 horas.
Duración da actividade: 2 horas

Club de reunións unha vez ao mes:
Mensualmente, un martes ao mes, ás 11 horas.
Duración da actividade: 1:30 horas

Biblioteca Pública Municipal "María José Trincado". Mera.
Clubs de reunións unha vez ao mes:
Mensualmente, un luns ao mes, ás 19 horas.
Duración da actividade: 1:30 horas

Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros.
Club de reunións unha vez ao mes:
Mensualmente, un xoves ao mes, ás 11 horas.
Duración da actividade: 1:30 horas

Datas de inscrición pendentes de determinar.

13/9/24

Recomendacións en Radioleiros: 13 setembro 2024

"Historia dunha lata" de IbarrolaBegoña Ibarrola, ilustrado por Antonio AmadoRecomendacións en Radioleiros: 13 setembro 2024- Infantil-xuvenil:
Historia dunha lata de Begoña Ibarrola, ilustrado por Antonio Amado. En Primerapersona.
Versión en castelán "Historia de una lata"
Os pequenos e pequenas poderán acompañar ao protagonista, un bote de lata, desde que o fabrican ata que o convirten noutro instrumento tras a súa reciclaxe. Un percorrido cheo de aventuras, unhas veces afortunadas e outras non tanto, pero no que a lata nunca perderá o optimismo e a ilusión. Un conto que entretén, divirte, emociona, ensina e aconsella. 

"La perra" de Pilar Quintana- Mocidade e persoas adultas:
La perra de Pilar Quintana. Editado por Alfaguara.
A autora sitúa esta historia nun pobo do Pacífico caribeño abandonado polas autoridades. Un entorno de natureza hostil no que Damaris, unha nativa da zona, intenta encher o vacío dunha maternidade truncada adoptando a Chirli, unha cadela condenada a unha morte segura. Entre ambas, establécese un vínculo que se verá ameazado cando o animal sinta a chamada dos seus instintos, algo para o que Damaris non estará preparada.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

Historias de escolas

 Libros para crianzas de 6 a 12 anos que falan de alumnado e profesorado para o curso recén estreado. 
Historias de escolas: libros que falan de alumnado e profesorado para un curso recén estreado
Podes visitar esta expo na sala infantil da Biblioteca Central Rialeda (Perillo). 


12/9/24

Presentación de "A tientas" de Paris Joel: 12 de setembro 2024

Teatro "As Torres". Santa Cruz
Xoves 12 de setembro ás 19 h.

Intervirán: o autor: Paris Joel; o escritor e profesor de lingua galega e literatura: Rubén Anido Regueiro.

O acto finalizará coa actuación do cantautor arxentino Luga Fernández, que interpretará unhas cancións.

A tientas é un achegamento lírico a todo o que transforma as nosas vidas. Temas como a morte, o amor, a angustia e a paisaxe son pilares que, dunha maneira ou doutra, guían as nosas vidas ata a transformación final.
Só a poesía ten o potencial suficiente para describir estes temas e deixar no lector ou lectora un pouso indeleble que pode enriquecer de forma diferente a cada persoa.

Paris Joel é poeta e cantautor. Desde hai máis de vinte cinco anos traballa como locutor e técnico de son da emisora municipal Radio Oleiros. Licenciado en Historia pola UNED, técnico especialista en operacións de imaxe e son pola Escola de Imaxe e Son da Coruña. Foi becado polo Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Escribiu os poemarios Dictados para un salvamento emocional e La aldaba del verano, ademais do epílogo do libro Los cuerpos lejanos, do poeta, e pai de Ismael Serrano, Rodolfo Serrano. Realizou crónicas e críticas musicais para o xornal El Ideal Gallego.

Foi seleccionado, xunto a outros poetas, para publicar dous poemas na antoloxía da nova poesía contemporánea española da Asociación cultural Culturias de Avilés. Actualmente é o primeiro poeta de fóra de Asturias invitado a participar con dous poemas no primeiro tomo da colección Poetas del Paraíso, promovida pola Asociación Cultural Culturias de Avilés.

Como cantautor, actuou nas salas: Libertad 8 (Madrid), El Bardo Escaldao (Pamplona), ou os estudios Rosazul en Barcelona.

Foi o primeiro presidente da asociación de cantautores Viernes de Cantautar, recoñecida polo propio Silvio Rodríguez, e o seu nome figura en varios libros dedicados a este xénero como Mi vida entre canciones ou Volad canciones volad, do musicólogo Fernando González Lucini.

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir ata completar o aforo permitido para que gocen coa palabra e coa música.

10/9/24

A Hora do conto e Ler conta moito nas Bibliotecas Municipais de Oleiros (setembro - novembro 2024)

A Hora do conto e Ler conta moito nas Bibliotecas Municipais de Oleiros (setembro - novembro 2024)
Comeza setembro e as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan actividades de promoción da lectura dirixidas a crianzas de 2 a 4 anos e a partir de 5 anos. As sesións de contacontos terán lugar ás 18:30 h e os obradoiros ás 17:30 h. Haberá contacontos para crianzas de 2 a 4 anos, actividades infantís para nenas e nenos a partir de 5 anos (maxia, narración de contos, etc.) e obradoiros (ciencia, creación de pop-up, etc.) para a cativada a partir de 6 anos.
A Hora do conto e Ler conta moito nas Bibliotecas Municipais de Oleiros (setembro - novembro 2024)
Xa que o aforo é limitado, é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. Isto pode facerse chamando por teléfono ou achegándose persoalmente. Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización.
 
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros. Planificáronse outras actividades exclusivamente municipais para completar a programación destes meses. Os obxectivos que se intentan conseguir son fomentar a lectura a través do pracer e o gusto por esta, que se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito e promover o descubrimento da diversidade dos libros. Preténdese introducir as crianzas no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, coa que gocen e se entreteñan. Tratarase de espertar a sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, para que vexan que tamén se divirten e pasan momentos agradables cos libros. Poden solicitar a información en calquera das sete bibliotecas municipais e nesta ligazón.

Recomendacións en Radioleiros: 6 setembro 2024

"Adeline" de María SolarRecomendacións en Radioleiros: 6 setembro 2024- Xuvenil:
Adeline de María Solar. En Xerais.
A novela está protagonizada por Laura, unha rapaza galega que vive nun fermoso pazo rodeado de xardín e cun pequeno cemiterio sobre o que pesa unha antiga lenda sobre unha nai e unha filla que viviron no pazo nunha época na que se produciron acontecementos bastantes tenebrosos no lugar.
Unha historia xuvenil na que a autora homenaxea a obra de corte gótico, “Carmille” de Sheridan Le Fanu, o primeiro personaxe vampírico feminino e con carácter lésbico nunha novela de terror, vintecinco anos antes do Drácula de Bram Stoker.

"Los caballos de Dios" de Mahi Binebine
- Mocidade e persoas adultas:
Los caballos de Dios de Mahi Binebine. En Alfaguara.
Premio de novela árabe no ano 2010, levada ao cine e gañadora da Espiga de Ouro na Seminci de Valladolid de 2012, narra a vida de seis rapaces que viven no barrio de chabolas de Sidi Moumen, nas aforas da cidade de Casablanca e o camiño que percorren desde ser parte dun equipo de fútbol, (Las estrellas de Sidi Moumen) ata que entran en relación co fundamentalismo islámico e deciden entregar a súa vida convertíndose en cabalos de Deus, nome co que se coñece aos fieis que se inmolan nos atentados yihadistas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

30/8/24

Recomendacións en Radioleiros: 30 agosto 2024

- Infantil (a partir de 4 anos):


Considerado unha marabillosa guía para os máis pequenos, axudándolles a explorar e comprender o vasto mundo das emocións. 
Cun enfoque accesible e ameno, a escritora lévanos da man a través de sentimentos como a ledicia, a tristura, o medo e a sorpresa. Faino dun xeito sinxelo e directo, empregando exemplos cotiás e situacións coas que os nenos poden entender e coas que se poden identificar facilmente. 

É unha ferramenta valiosa para nais, pais e mestres que buscan ensinar aos nenos a recoñecer e manexar os seus sentimentos, fomentando a intelixencia emocional, a empatía e a comprensión entre os máis novos.

- Mocidade e persoas adultas:



Este best-seller internacional introdúcenos nunha historia fascinante chea de xiros inesperados. A trama xira arredor de Alicia Berenson, unha pintora de éxito que aparentemente leva unha vida perfecta, mais todo cambia radicalmente cando é acusada de asasinar ao seu esposo. O máis desconcertante é que, tras o crime, Alicia deixa de falar por completo, sumíndose nun mutismo absoluto que dura anos.

O relato cóntanolo Theo Faber, un psicoterapeuta obsesionado co caso, quen acepta un traballo no hospital psiquiátrico onde Alicia está internada co obxectivo de axudala a recuperar a súa voz e descubrir a verdade sobre o sucedido. 
 
A través dunha narración envolvente, o autor lévanos por un labirinto de emocións e segredos escuros, mantendo a tensión mentres intentamos desentrañar o misterio.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.