"Adeline" de María Solar. En Xerais.
A novela está protagonizada por Laura, unha rapaza galega que vive nun fermoso pazo rodeado de xardín e cun pequeno cemiterio sobre o que pesa unha antiga lenda sobre unha nai e unha filla que viviron no pazo nunha época na que se produciron acontecementos bastantes tenebrosos no lugar.
Unha historia xuvenil na que a autora homenaxea a obra de corte gótico, “Carmille” de Sheridan Le Fanu, o primeiro personaxe vampírico feminino e con carácter lésbico nunha novela de terror, vintecinco anos antes do Drácula de Bram Stoker.
"Los caballos de Dios" de Mahi Binebine. En Alfaguara.
Premio de novela árabe no ano 2010, levada ao cine e gañadora da Espiga de Ouro na Seminci de Valladolid de 2012, narra a vida de seis rapaces que viven no barrio de chabolas de Sidi Moumen, nas aforas da cidade de Casablanca e o camiño que percorren desde ser parte dun equipo de fútbol, (Las estrellas de Sidi Moumen) ata que entran en relación co fundamentalismo islámico e deciden entregar a súa vida convertíndose en cabalos de Deus, nome co que se coñece aos fieis que se inmolan nos atentados yihadistas.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario