27/9/24

Recomendacións en Radioleiros: 27 setembro 2024

Recomendacións en Radioleiros: 27 setembro 2024
- Infantil (crianzas a partir de 4 anos):"Osa" de José Ramón Alonso; ilustrado por Lucía CoboLucía Cobo
"Osa" de José Ramón Alonso; ilustrado por Lucía Cobo. En Kalandraka.
Osa está soa e coa chegada do inverno busca un lugar para durmir. Unha mañá, a luz inunda o seu agocho, a súa tripa axítase e non é de fame…
Álbum tenro e poético sobre a maternidade que pon en valor a calma e a serenidade da natureza.

"Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas, adaptación de Iria Aldegunde- Mocidade e persoas adultas:
"Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas, adaptación de Iria Aldegunde. Editado por Galaxia.
Adaptación ao cómic do libro máis lido e traducido da literatura galega que trata dos recordos de infancia dun neno pobre dunha aldea galega nos anos 40.
Iria Aldegunde, con mestría e sensibilidade, pon en imaxes o mundo que Balbino contempla ao seu redor cos ollos moi abertos e que adoece por entender, pois, como el afirma, vimos ao mundo cunha alforxa de preguntas.
Unha fantástica oportunidade para que novo lectorado se adentre no universo de Neira Vilas ao tempo que permite volver visitar esta historia a quen xa a coñece.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario