10/9/24

A Hora do conto e Ler conta moito nas Bibliotecas Municipais de Oleiros (setembro - novembro 2024)

A Hora do conto e Ler conta moito nas Bibliotecas Municipais de Oleiros (setembro - novembro 2024)
Comeza setembro e as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan actividades de promoción da lectura dirixidas a crianzas de 2 a 4 anos e a partir de 5 anos. As sesións de contacontos terán lugar ás 18:30 h e os obradoiros ás 17:30 h. Haberá contacontos para crianzas de 2 a 4 anos, actividades infantís para nenas e nenos a partir de 5 anos (maxia, narración de contos, etc.) e obradoiros (ciencia, creación de pop-up, etc.) para a cativada a partir de 6 anos.
A Hora do conto e Ler conta moito nas Bibliotecas Municipais de Oleiros (setembro - novembro 2024)
Xa que o aforo é limitado, é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. Isto pode facerse chamando por teléfono ou achegándose persoalmente. Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización.
 
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros. Planificáronse outras actividades exclusivamente municipais para completar a programación destes meses. Os obxectivos que se intentan conseguir son fomentar a lectura a través do pracer e o gusto por esta, que se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito e promover o descubrimento da diversidade dos libros. Preténdese introducir as crianzas no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, coa que gocen e se entreteñan. Tratarase de espertar a sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, para que vexan que tamén se divirten e pasan momentos agradables cos libros. Poden solicitar a información en calquera das sete bibliotecas municipais e nesta ligazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario