13/9/24

Recomendacións en Radioleiros: 13 setembro 2024

Recomendacións en Radioleiros: 13 setembro 2024
"Historia dunha lata" de IbarrolaBegoña Ibarrola, ilustrado por Antonio Amado
- Infantil-xuvenil:
"Historia dunha lata" de Begoña Ibarrola, ilustrado por Antonio Amado. En Primerapersona.
Versión en castelán "Historia de una lata"
Os pequenos e pequenas poderán acompañar ao protagonista, un bote de lata, desde que o fabrican ata que o convirten noutro instrumento tras a súa reciclaxe. Un percorrido cheo de aventuras, unhas veces afortunadas e outras non tanto, pero no que a lata nunca perderá o optimismo e a ilusión. Un conto que entretén, divirte, emociona, ensina e aconsella. 

"La perra" de Pilar Quintana
- Mocidade e persoas adultas:
"La perra" de Pilar Quintana. Editado por Alfaguara.
A autora sitúa esta historia nun pobo do Pacífico caribeño abandonado polas autoridades. Un entorno de natureza hostil no que Damaris, unha nativa da zona, intenta encher o vacío dunha maternidade truncada adoptando a Chirli, unha cadela condenada a unha morte segura. Entre ambas, establécese un vínculo que se verá ameazado cando o animal sinta a chamada dos seus instintos, algo para o que Damaris non estará preparada.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros"null, emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario