24/9/24

Clubs de lectura e Tertulias Literarias na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz): ábrese a inscrición o 26 de setembro ás 10:00 h.

Clubs de lectura e Tertulias Literarias na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz): ábrese a inscrición o 26 de setembro ás 10:00 h.
A partir do 26 de setembro, ás 10:00 horas
, as persoas que o desexen poderanse inscribir nos Clubs de lectura e Tertulias Literarias que se van realizar na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz). 

Comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura. O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.
 
Como inscribirse:
- Presencialmente na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca (Mañás: de martes a venres de 9:45 a 13:00 h.; Tardes: de luns a venres de 16:00 a 20:00 h.; primeiro e terceiro sábado de mes de 10:00 a 14:00 h.)
- En liña, nesta ligazón https://xurl.es/arut3

Ofértanse 57 prazas distribuídas en : 
-2  grupos de 19 persoas cada un que se reunirán os martes quincenalmente  ás 17:30 hs. 
A duración da actividade será de 120 minutos.
-1 grupo de 19 persoas que se reunirán mensualmente os martes ás 11:00hs.
A duración da actividade é de 90 minutos.
A primeira sesión do grupo A e C (mañás) será o 22 de outubro e o 29 de outubro para o grupo B.
 
As persoas solicitantes sen praza formarán parte dunha lista de agarda.
Non se admitirán solicitudes previas á data sinalada.
Poden inscribirse todas as persoas maiores de 18 anos que desexen participar.
Teñen prioridade as persoas empadroadas no Concello de Oleiros. 
A actividade remata no mes de xuño de 2025.
 
Tamén se van realizar clubs de lectura na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) e na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros). Para estas bibliotecas o prazo de inscrición abrirase no mes de outubro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario