26/3/20

Pola nosa fiestra entra... a Rinoceronte #euquedonacasa

Esta "hibernación" obrigatoria puxo en marcha incontables iniciativas culturais que iremos amosando nas nosas bitácoras. Autoras-es, ilustradoras-es, narradoras-es orais, editoras, e cada un dos elos da creación literaria ofrecen a lectoras-es e espectadoras-es a súa arte para que non queden baleiras as nosas despensas culturais. Vai quedando menos para que volvamos a encher bibliotecas e teatros! 
Hoxe presentamos as suxestións de Rinoceronte. A editora de Cangas ten un Rinoplan de contixencia para estes días. Hai uns anos publicaron un sabedor libro de Karel Čapek, o que se di que foi o inventor da palabra robot, seica por iso, no seu sepulcro, quen o visita soe deixarlle... un robot. Libro para amantes da xardinería, titulado O ano do xardineiro, na voz do dramaturgo, actor e director de escena Santiago Cortegoso.
Non agardes atopar neste libro unha guía de consellos prácticos sobre flores e plantas. Máis ben fala , con moito sentido do humor, da obsesión dalgunhas persoas polo seu xardín...
Outra proposta do Rinoplan é O Parnaso sobre rodas, de Christopher Morley, traducido por Estela Villar. Grazas polas vosas propostas, Rinocerontes!

25/3/20

Abrimos a fiestra... ao teatro! #euquedonacasa

https://youtu.be/r39pv00FBbo
Imos ao teatro: podemos ver, nesta ligazón "Os vellos non deben de namorarse" única obra teatral de Castelao. Comezada antes da Guerra Civil, non foi rematada e estreada ata 1941 en Buenos Aires (no exilio de Castelao) e publicada en 1953.

En GaliciaLe tes ao teu dispor, en formato electrónico, "Os vellos non deben de namorarse".

Que se abra o pano!

Merci, Uderzo! #euquedonacasa

https://www.afp.com/es/noticias/729/albert-uderzo-el-genio-del-trazo-doc-1q49ci2
Astérix e Obélix quedan sen o seu outro pai: Albert Uderzo (1927-2020), o creador xunto a René Goscinny  dos galos máis famosos e queridos de lectoras-es de todas as idades e de todo o planeta. 
O tándem de guionista e debuxante funcionou perfectamente desde 1959, exactamente un 29 de outubro, cando na páxina 20 do primeiro número da revista Pilote aparecen as primeiras viñetas de Astérix le Gaulois. O primeiro día nos quioscos vendéronse 300.000 exemplares: desde ese momento o número de seguidoras-es dos personaxes da irreductible aldea gala non parou de medrar!

En GaliciaLe tes ao teu dispor, en formato electrónico, varios títulos das historietas de Astérix e Obélix. 

24/3/20

Imos, virtualmente, ao Conxunto Etnográfico do Cebreiro #euquedonacasa

Hoxe saímos, virtualmente, ao Conxunto Etnográfico do Cebreiro: Se queres coñecer como son as pallozas (un modelo de vivenda adaptada ao medio), a economía e o sistema produtivo da montaña e a familia ancaresa como grupo humano e núcleo ao redor do que se atellaban as relacions sociais, acompáñanos!

Podes facer máis visitas virtuais en museos.xunta.gal

A poesía ten a nosa fiestra sempre aberta! #euquedonacasa

Un usuario das nosas Bibliotecas Municipais envíanos a ligazón a este poema de Wislawa Szymborska (1923 - 2012), gañadora do Nobel de Literatura en 1996. Neste poema xoga cos números, coas probabilidades e tendencias dunha curiosa e persoal estatística humana. 

O poema leva por título 'Contribución a la estadística' e está recitado por Tonino, cómico, xornalista e escritor. Szymborska ten outro poema no que chisca un ollo ás matemáticas, adicado ao número π (pi)

Tes unha suxestión de lectura da escritora polaca na nosa sección de Recomendacións en Radioleiros. Máis poemas recitados para o #euquedonacasa en Poética 2 Punto Cero.

Abrimos a fiestra... aos contos, ao teatro e á música #euquedonacasa

https://www.facebook.com/pg/UrdimeEscenicas/posts
Grazas á cooperativa galega de propostas culturais Urdime e o seu Festival on line Cantos e contos dende o poleiro, abrimos 4 fermosas xanelas para gozarmos xuntas-os: 
https://youtu.be/I1JM9cWzaM0

"Contos quentiños, narrados dende o niño": contos de entre un e cinco minutos coas marabillosas-os contadoras-os do elenco Urdime.
https://youtu.be/0KS85BJWlXc

"Concertos de galiñeiro": miniconcertos de artistas ben coñecidas por todas-os. Grandes voces en pequeno formato.


"Chocando Notas": non pode faltar a música e diso se encargarán as creadoras-es musicais de Urdime que compartirán a súa arte con cancións coñecidas e temas novos.

"Cacarexando na memoria": Urdime abre o seu extenso arquivo: eventos só vistos en directo, agora a disposición do público. Lembras aquela actuación tan chula? pois repítea cantas veces queras!
Grazas Urdime por esta fermosa iniciativa!

23/3/20

21 de marzo: abrimos a fiestra á Poesía! #euquedonacasa

https://www.instagram.com/minhapoesiameular
Cada 21 de marzo celebramos o Día da Poesía
Coincidindo coa chegada da primavera, a vida xorde por todos os lados e os versos, tamén. Sen dúbida, celebramos este Día da Poesía dun xeito extraordinario, raro, pero segue sendo emocionante. A poesía, desde casa, axudaranos a coidar e a coidarnos. 
Deixámosvos versos e propostas poéticas para celebrar este día.

- A poesía galega contemporánea súmase ao movemento #euficonacasa. Nesta conta de Instagram podes escoitar os recitados.

- Máis recitados de poemas en Versoycuento. Tamén en Instagram.

- Este poema ten máis de 150 anos (1869), e sen embargo parece escrito na actualidade. Constitúe unha mensaxe aleccionadora e que chama á reflexión. O poema está tomado do libro «La Historia de Iza» de Grace Ramsay, pseudónimo de Kathleen O´Meara. O’Meara, escritora e biógrafa católica irlandesa-francesa durante a era victoriana tardía, era corresponsal en París de The Tablet, unha revista católica británica. Na época na que foi escrito este poema, en Irlanda había epidemias de febre tifoidea, cólera e disentería.. Podes escoitar a tradución ao galego na voz de Nina Gómez, usuaria das Bibliotecas Municipais de Oleiros e activa participante nas súas actividades.
https://spark.adobe.com/video/JNxYVACavlJiS

- Outra usuaria e participante nas Tertulias de Rialeda, envíanos estoutro poema. Aínda que erróneamente atribuído a Mario Benedetti, deixámolo aquí para á súa lectura.

No te rindas

No te rindas, aún estás a tiempo
de alcanzar y comenzar de nuevo,
aceptar tus sombras, enterrar tus miedos,
liberar el lastre, retomar el vuelo.

No te rindas que la vida es eso,
continuar el viaje,
perseguir tus sueños,
destrabar el tiempo,
correr los escombros y destapar el cielo.

No te rindas, por favor no cedas,
aunque el frío queme,
aunque el miedo muerda,
aunque el sol se esconda y se calle el viento,
aún hay fuego en tu alma,
aún hay vida en tus sueños,
porque la vida es tuya y tuyo también el deseo,
porque lo has querido y porque te quiero.

Porque existe el vino y el amor, es cierto,
porque no hay heridas que no cure el tiempo,
abrir las puertas quitar los cerrojos,
abandonar las murallas que te protegieron.

Vivir la vida y aceptar el reto,
recuperar la risa, ensayar el canto,
bajar la guardia y extender las manos,
desplegar las alas e intentar de nuevo,
celebrar la vida y retomar los cielos,

No te rindas por favor no cedas,
aunque el frío queme,
aunque el miedo muerda,
aunque el sol se ponga y se calle el viento,
aun hay fuego en tu alma,
aun hay vida en tus sueños,
porque cada día es un comienzo,
porque esta es la hora y el mejor momento,
porque no estás sola,
porque yo te quiero.


Durante a corentena... aínda máis doado en GaliciaLe! #euquedonacasa

Fai máis levadeira a corentena accedendo á plataforma de préstamos online sen ser socia/o da biblioteca.

Só tes que facer clic nesta ligazón, cubrir uns datos básicos e obterás as claves de acceso.


Cando remate a corentena, tes 30 días para achegarte a unha das bibliotecas da Rede e solicitar o carné físico. Lembra que pasado este tempo e se non o recolles, non poderás acceder de novo.

Aproveita e segue a ler a través de GaliciaLe
#euquedonacasa

Lembra que para ler ou descargar os libros precisas dispositivos compatibles:
- Teléfono móbil ou tableta (previa descarga da aplicación eBiblio en Google Play ou AppStore)
- E-Reader só compatible con arquivos .epub (previa descarga da aplicación Adobe Editions no teu ordenador persoal)

20/3/20

Recomendacións en Radioleiros: 20 marzo 2020 #euquedonacasa

https://youtu.be/-nMoK6ZIkKEhttps://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1499631&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (de 8 a 10 anos):

Quokka Moka, de María Solar con ilustracións de Víctor Rivas

Unha aventura na que a Quokka Moka, un marsupial australiano, provoca a case extinción da súa especie. Axudada pola súa avóa e o sapo Roco, fará esforzos para recuperala.

Dispoñible en GaliciaLe #euquedonacasa

- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1487726&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLEEl río de la conciencia, de Oliver Sacks
Anagrama

Ensaio publicado pouco despois da morte deste médico e neurólogo no que nun feixe de textos vemos o seu interese desde neno pola ciencia. Darwin, a migraña, Freud, a memoria e outros pasan por aquí para ser tratados dun xeito sumamente atractivo.

Dispoñible en GaliciaLe #euquedonacasa

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.



Sabes que hoxe é... o Día Mundial da Narración Oral? #euquedonacasa

https://narracionoral.es/index.php/es/albumes/videos-y-audios/1657-aeda-en-el-20m-de-2020
Hoxe, 20 de marzo, é o Día Mundial da Narración Oral e pertencemos a unha terra de narradoras e narradores natas-os: as nosas avoas e avós, que temos que coidar estes días de forma especial. Seguiremos a iniciativa de Aeda (Asociación de Profesionales de la Narración Oral en España) e chamaremos a esas persoas tan queridas (a videochamada está en auxe!) para que nos conten historias, sucedidos, anécdotas, contos ou o que elas queran para ter e espallar tan marabillosos tesouros.

A que esperas? Chama a avoa e o avó!

Grazas a Aeda por proporcionarnos estes recursos tan lindos!

Se o teu é o cine, non te perdas A esmorga! #euquedonacasa

http://editorialgalaxia.gal/pelicula-esmorga-de-balde-para-pasar-mellor-corentena
Vía Láctea Filmes, TVG e Editorial Galaxia, produtoras de A esmorga, ofrecen o filme dous días de balde para contribuír a pasar da mellor maneira esta fin de semana. Aproveitade aquelas-es que non tivestes a oportunidade de vela para gozar da adaptación cinematográfica da novela de Eduardo Blanco Amor.

A ligazón para o seu visionado estará dispoñible neste enlace desde o venres 20, ás 20:00 ata o luns 23 ás 06:00.

A novela e a película son accesibles (consulta dispoñibilidade) a través de GaliciaLe, a plataforma de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas, que poden utilizar gratuitamente as persoas socias das Bibliotecas Municipais de Oleiros.

Para quen o estrañe na fin de semana... abrimos a fiestra do fútbol! #euquedonacasa

https://issuu.com/cidadedacultura/docs/valor_e_mestr_a
Sabías que foi en Galicia onde se xogou por vez primeira ao fútbol?
Isto é o que defenden certos investigadores, que sitúan en Vigo —e en 1876— os primeros partidos deste deporte, ao que denominaban «xogos de pelota» e que ocupaban a vida social dos traballadores da Eastern Telegraph Company. Procedentes de Porthcurno (Cornualles).
Estes enxeñeiros crearon na cidade olívica o equipo Exiles, que é o punto de partida do relato expositivo de Valor e mestría, a mostra máis ambiciosa sobre a historia do fútbol galego, que fai un percorrido polos 143 anos de historia deste deporte en Galicia. 
Con motivo desta expo, que tivo lugar no Gaiás Cidade da Cultura en 2019, editouse un interesante catálogo que podes ver de balde nesta ligazón. Que comece o xogo!!!

18/3/20

Hoxe abrímoslle a fiestra a... Atenea García!!! #euquedonacasa

https://youtu.be/Mczeqbh64dQOla, podes asomarte! Atenea García entra pola nosa fiestra con Pelostortos.  

Pandemia de contos é a preciosa iniciativa do Colectivo NOGA (Narración Oral Galega) para levar mellor o #euquedonacasa. 

Con todas-os vós, Pelostortos, con Atenea García.

Hoxe abrimos a fiestra da... BDH #euquedonacasa

http://www.bne.es/gl/Catalogos/BibliotecaDigitalHispanica/Inicio/index.html
Hoxe abrimos a fiestra da BDH

A Biblioteca Digital Hispánica (BDH) é un recurso en liña da Biblioteca Nacional de España (BNE). Proporciónanos acceso libre e de balde a milleiros de documentos dixitalizados pola Biblioteca. Permite a consulta, lectura e descarga de libros impresos entre os séculos XV e XIX, manuscritos, debuxos, gravados, carteis, fotos, mapas, atlas, prensa, e gravacións sonoras. Este portal recolle documentación moi interesante que recomendamos visitar.

Imos dar un paseo pola súa web!

17/3/20

Hoxe abrímoslle a fiestra a... Avelino González!!! #euquedonacasa

https://www.youtube.com/channel/UCrVQ7rVWB600JE7zXelPhhA
Pasaremos uns días sen vernos. Agardamos que poucos. Durante ese tempo daremos a coñecer libros, músicas, películas e recursos chulos accesibles a través de Internet, abriremos portas e fiestras virtuais á imaxinación e deixaremos que se coe nas nosas casas a beleza da creación literaria, artística, etc. Coidémonos e vémonos axiña!!!

https://youtu.be/PFt7WnF87TsAbrimos unha primeira ventá á Pandemia de contos. Preciosa iniciativa do Colectivo NOGA (Narración Oral Galega) para levar mellor o #euquedonacasa. Aí vai, Sabes contar ata cero? de Avelino González.