Astérix e Obélix quedan sen o seu outro pai: Albert Uderzo (1927-2020), o creador xunto a René Goscinny dos galos máis famosos e queridos de lectoras-es de todas as idades e de todo o planeta.
O tándem de guionista e debuxante funcionou perfectamente desde 1959, exactamente un 29 de outubro, cando na páxina 20 do primeiro número da revista Pilote aparecen as primeiras viñetas de Astérix le Gaulois. O primeiro día nos quioscos vendéronse 300.000 exemplares: desde ese momento o número de seguidoras-es dos personaxes da irreductible aldea gala non parou de medrar!
En GaliciaLe tes ao teu dispor, en formato electrónico, varios títulos das historietas de Astérix e Obélix.
No hay comentarios:
Publicar un comentario